xoves, 26 de abril de 2018

Campamentos de Verán 2018 da Xunta de Galicia

Campamentos de Verán 2018 da Xunta de Galicia, para nenos e nenas de 9 a 17 anos.
Prazo de inscrición: ata o 18 de maio. Máis info neste enlace

venres, 20 de abril de 2018

I PREMIO POLA PAZ, CONVIVENCIA E DEREITOS HUMANOS

 I PREMIO POLA PAZ, CONVIVENCIA E DEREITOS HUMANOS – DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Neste enlace tedes as bases do certame:
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/03/01/2018_0000001633.pdf”

O prazo de presentación de candidaturas remata o vindeiro 31  de maio

luns, 16 de abril de 2018

Programa para dinamizar proxectos e ideas

LIDÉRAte: desenvolvemento persoal para o emprego e o emprendemento


Obxectivos:
- Traballar no  “marketing ou marca persoal” para o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas.
- Mellora da identidade persoal. Apoio para avaliar, entender e adaptarse ao mercado laboral, e lograr evidenciar o valor engadido de cada persoa.
- Apoio no descubrimento da vía para conseguir diferenciarse a partir das  propias cualidades.
- Mellora das habilidades de comunicación.
Neste enlace podedes consultar máis info e as localidades onde se imparte:



Listaxe para cobertura temporal de técnicos de turismo no Concello de Boiro


luns, 9 de abril de 2018

Ollo! remate do prazo de axudas ao transporte

Este venres 13 de abril, remata o prazo para entregar a factura xustificativa das axudas ao transporte concedidas no concello de Boiro. O  prazo é definitivo e excluínte, aquelas facturas entregadas posteriormente non darán dereito a cobrar a axuda.

En caso de dúbidas podedes pasarvos esta semana pola oficina de información xuvenil no Centro Social de Boiro ou chamarnos por tlf 981842635.


luns, 2 de abril de 2018

Becas faro

FARO é un programa promovido e financiado polo Ministerio de Educación cuxo propósito é fomentar a mobilidade de estudantes de últimos cursos de todas as universidades españolas mediante a realización de prácticas formativas de calidade en empresas situadas en Europa, Estados Unidos e Canadá e en empresas españolas ou multinacionais de Asia e Oceanía.
Para poder solicitar estas axudas requírese: 
Ser estudante, español ou estranxeiro menor de 30 anos, con residencia legal en España e estar a cursar estudos nunha universidade española.
Estar matriculado en ensinos universitarios conducentes á obtención dun título de Grao, Licenciatura, Enxeñería, Enxeñería Técnica, Arquitectura ou Arquitectura Técnica, e superar un mínimo do 70 por cento dos créditos necesarios para a obtención do devandito título. Así mesmo, poderán participar no programa os estudantes que leven a cabo un proxecto de fin de carreira establecido nos plans de estudos universitarios oficialmente recoñecidos.
Cumprir cos requisitos de entrada e estancia esixidos nos países de destino, previamente á súa incorporación.
Non ser beneficiario con anterioridade dunha bolsa de Mobilidade (Argo, Faro, Integrants), ou de calquera outra axuda financiada por Ministerio de Educación co mesmo obxecto ou finalidade.
Importante: Non é posible gozar simultaneamente dunha axuda FARO e unha ERASMUS.
Non poderán participar neste programa:
Titulados. Neste caso, lembramos a existencia dun programa dirixido a este público: ARGO.  www.becasargo.es  
Estudantes de Doutoramento, Máster ou doutro tipo de estudos de posgrao.
Estudantes doutro tipo de Ensinos Superiores como son as impartidas nos Conservatorios Superiores de Música ou as Escolas de Artes, os denominados títulos propios ou títulos universitarios ou homologacións cursadas outros países.
Solicitude:
O proceso de solicitude pasa por tres etapas. Inicialmente é necesario completar o apartado de datos de aptitude para verificar se se cumpre ou non cos requisitos de participación. Os que superen esta etapa, poderán cumprimentar o formulario de datos persoais para rexistrarse na web do programa. Finalmente, deberán acceder á súa zona de usuario para completar o modelo normalizado de CV que se facilita. Executados estes tres pasos, os candidatos poderán participar nos posibles procesos de selección que se xestionen.
dotación económica varía en función do país de destino no que teña lugar a práctica e consta de: 
Pago das mensualidades en concepto de aloxamento e manutención, cuxo ingreso se realizará a mes vencido e comezará dentro dos cinco primeiros días do mes seguinte ao de inicio da estancia.
Unha viaxe de ida e volta.
O programa FARO desenvolverase entre 2015 e 2018
Máis información: http://www.becasfaro.es/home.php