xoves, 19 de novembro de 2015

Curso monográfico de Iniciación ao marketing nas Redes Sociais

Este sábado comeza o 'Curso monográfico de Iniciación ao marketing nas Redes Sociais', impartido por Rebeca Babarro.
Para todos aqueles que teñades coñecemenos nivel usuario e queirades iniciarvos na xestión de comunidades e imaxe online da vosa marca.
Sábados 21 e 28 de novembro, de 17:15h a 21h, no Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche, Santiago de Compostela.

mércores, 18 de novembro de 2015

Curso de manipulador de alimentos



A Cruz Vermella de Boiro organiza un novo curso de manipulador de alimentos, para inscribirse tes que acudir ao Centro Social de Boiro no terceiro andar

A Saúde da túa empresa con Sánchez Salinero






Este luns a ABE volve a organizar un seminario con Fernando Sánchez Salinero, ao que vos convidamos a asistir se non tivechedes a ocasión de escoitalo

martes, 17 de novembro de 2015

Programas de xuventude e mobilidade

Se estás pensando en realizar un voluntariado ou prácticas no estranxeiro tes este venres un Seminario Informativo de Proxectos de Xuventude e Mobilidade.
Este venres, 20 de novembro, ás 17 horas no Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira.

Programación en familia moi interesante

O Museo da cidade da cultura organiza un programa lúdico-didáctico baixo o nome de  Findes na balea, que combina un espazo de lecer e obradoiros fotográficos para os máis pequenos mentres os maiores dispoñen de tempo libro para coñecer a exposición José Suárez. Uns ollos vivos que pensan.

Mercado das Artes Navideño




Búscanse creadores para participar no Mercado das Artes Navideño de Pontevedra.

Para participar debes enviar un mail a alquimiartstudio@gmail.com

luns, 16 de novembro de 2015

Contratos predoutorais no Instituto Universitario Europeo (IUE)

O Ministerio de Educación convoca axudas para contratos predoutorais do Programa «Salvador de Madariaga» no Instituto Universitario Europeo (IUE) no que os beneficiarios realizarán a formación doutoral, e, como entidade de adscrición a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP).
Son 12 axudas para a formalización de contratos predoutorais, distribuídas proporcionalmente nas seguintes áreas:
a) Departamento de Historia e Civilización.
b) Departamento de Ciencias Políticas e Sociais.
c) Departamento de Economía.
d) Departamento de Ciencias Xurídicas.
Os contratos predoutorais obxecto das axudas terán duración anual, prorrogable por iguais períodos de tempo, previo informe favorable da comisión de doutoramento, ata o máximo de catro anos.
As axudas comprenderán:
a) Unha dotación económica mensual de 1.400 euros durante os dous primeiros anos e de 1.500 euros durante o terceiro e cuarto ano, máis dúas pagas extraordinarias cada un dos catro anos.
b) Unha axuda de viaxe para o primeiro e outra para o terceiro ano por un importe total de 700 euros cada unha.
Requisitos académicos:Estar en posesión do título de licenciado, grao ou de master ou os seus equivalentes, en materias xurídicas, económico-empresariais, político-sociolóxicas, ou de humanidades, para a realización do doutoramento nos devanditos campos.
Tamén poderán presentar a solicitude os estudantes das materias sinaladas que se atopen no seu último ano de master ou lle falten por cursar un máximo de créditos equivalentes a un curso académico e que, en todo caso, deberán terminar e acreditar estar en posesión do título que lle dea acceso ao doutoramento con anterioridade ao día 10 de xullo de 2016.
Finalizar os estudos aos que se refire o parágrafo anterior, con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2007 e ser menores de 30 anos no momento de incorporarse ao Instituto.
Certificado do Nivel C1 de inglés, sendo válidos os certificados IELTS, TOEFL, Cambridge Proficiency ou Cambridge Advanced.
prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o do 31 de xaneiro de 2016, ás 14,00 horas.

venres, 13 de novembro de 2015

Xornada de coaching moi cerquiña


Obradoiro de Coaching -  Mocidade en Acción

16 de decembro: Espazo Xove de Noia

Horario: de 16:15 a 18:15 horas
Selección: por orde de inscrición

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

mércores, 11 de novembro de 2015

Experiencias dende o rural

Venres en Ribeira. Que intriga a ver que nos contan..

Noite Aberta en Boiro

Este sábado celebrase en Boiro outra edición da noite aberta, onde os comercios ofrecerán descontos e actividades especiais como exemplo as seguintes:
  • Animación musical con Djs.
  • Photocall con premios.
  • Degustación de castañas, cocteles, doces, embutidos, pasteis e pinchos variados.
  • Regalos directos por compras
  • Talleres infantís de maquillaxe, globoflexia
  • Photocall con personaxes animados
  • Xornada de repostería con degustacións e sorteos
  • Bolsas de chuches para os cativos
  • Sorteos variados (Xoguetes, vales de compra, pizzas, electrodomésticos..)
  • Arbore dos desexos con agasallos
  • Chocolate quente con churros
O folleto de actividades completo podelo descargar dende este enlace

Axudas para material escolar





martes, 10 de novembro de 2015

Temario do programa Botando Raíces e Curso de Mediciña Natural

CURSO DE MEDICIÑA NATURAL

21 DE NOVEMBRO
MÓDULO 1. INTRODUCCIÓN Á MEDICIÑA NATURAL E PLANTAS MEDICIÑAIS
Capítulo 1. Introducción a mediciña natural: saúde integral e benestar
Capítulo 2. Propiedades e principios curativas das plantas mediciñais
Capítulo 3. A fitoterapia a través dos tempos: recollida, secado, cremas, tinturas, infusións, macerado, emplastes etc.
Capítulo 4. Aromaterapia. Fundamentos e aplicación dos aceites esenciais na saúde e na beleza
Exercicios e dinámicas de grupo.

12 DE DECEMBRO
MÓDULO 2. AROMATERAPIA  PRÁCTICA.ANATOMÍA, FISIOLOXÍA E APLICACIÓN  EN  CADA DOENZA
Capítulo 1.Remedios para cada doenza: Aparato Dixestivo, Respiratorio, Circulatorio, Sistema Urinario, Pel, Músculos e Esqueleto, Ollos, Nariz, Boca, Oídos, Mente, Emocións (insomnio, depresión, estrés, ansiedade etc.), Sexualidade e Sistema inmunitario.
Capítulo 2. Os Aceites Esenciais, propiedades e usos da Aromaterapia e as súas aplicacións na saúde e beleza.
Capítulo 3. Aceites vexetais vehiculares e o seu valor terapéutico na Aromaterapia
Capítulo 4. O péndulo como ferramenta de consulta.
Capítulo 5. Elaboración de preparados con aceites esenciais. Aromaterapia práctica en grupo.
Capítulo 6. Forma práctica de aplicación: Masaxe, perfusión, baños e perfumes
Exercicios e dinámicas de grupo.

16 DE XANEIRO
MÓDULO 3. PSICOAROMATERAPIA: AROMAS  e  EMOCIÓNS. OUTRAS TERAPIAS NATURAIS
Capítulo 1. Creación de mapa corporal, mental, emocional e enerxético para traballar cos aceites esenciais.
Capítulo 2. Aromaterapia: Armonizar espazos e limpezas enerxéticas (centros, fogares, traballo, diñeiro, amor etc.).
Capítulo 3. Terapias Manuales. Métodos Enerxéticos. Flores de Bach, Reiki.
Capítulo 4. Bioenexética. Musicoterapia. Meditación e Relaxación Creativa Exercicios e dinámicas de grupo.
VADEMÉCUM. PATOLOGÍAS Y TRATAMIENTOS
Exercicios e dinámicas de grupo.

BOTANDO RAÍCES(OBRADOIRO CON  PLANTAS SILVESTRES)

O venres 13 ás 16h, Charla-Coloquio sobre:
 as características do medio forestal, os seus valores e funcións;
 as capacidades reprodutivas das especies que o integran e o uso das plantas silvestres.

O sábado 14 ás 16 h, realizaranse varios obradoiros con plantas silvestres, consistentes en tinguido de lá con vexetais, elaboración de auga aromática, usos aromáticos de outras plantas medicinais e elaboración de confeitos e marmeladas.

Cada participante recibirá documentación escrita, en formato CD, coas presentacións e materiais empregados, receitas,etc.

Información e Inscricións:
Centro Social de Boiro
Poeta Manuel María s/n. 15930.
981842635/ omix@boiro.org

luns, 9 de novembro de 2015

Botando Raices




Esta semana botamos raices..o venres e sábado ven a aprender a Boiro sobre plantas silvestres e os seus usos. Aínda quedan 7 prazas libres. Gratuíto. +info no Centrosocial Boiro

xoves, 5 de novembro de 2015

SPEED DATING para creativ@s e sector cultural



Speed dating no culturgal!
Se es profesional do sector cultural, se o teu é a creatividade ou a arte e
queres presentar o teu proxecto, empresa ou idea a representantes das
principais entidades e iniciativas culturais de Galicia, achega a túa solicitude antes do 27 de novembro de 2015.
Máis info neste enlace

mércores, 4 de novembro de 2015

Exposición dos traballos do taller artístico de Ambar no CS Boiro



O QUE NOS GUSTA

Unha exposición que recopila os últimostraballos realizados no Obradoiro de Arte da Asociaición AMBAR. Nela os diferentes artistas amósanos as súas filias e fobias, o que lles preocupa e o que os motiva. A través de imaxesatopadas na internet elaboran distintas pezas deixando patente a súa impronta persoal mediante diversos estilos.

Esta mostra é unha achega ásinquedanzas das persoas con diversidade funcional, á súa cotidianeidade e ó valor que lle otorgan ás cousas que os rodean. 

martes, 3 de novembro de 2015

Novas Xornadas micolóxicas


Saúl de la Peña Lastra repite en Boiro os días 20 e 21 de novembro. Esta vez centrará a súa conferencia en "Cando e onde atopar cogomelos en Galicia" e organiza unha saída a Orazo (Bandeira). 

+ info: Turismo de Boiro 981842654 turismo@boiro.org ; Centro Social 981842635 centrosocial@boiro.org

Programa de Garantía xuvenil

Tes entre 16 e 29 anos? Esta info te pode interesar. Venres no Centro Social de Boiro