venres, 26 de setembro de 2014

Persoal investigador

A @UDC_gal busca persoal docente e investigador para a Facultade de CC. da Educación. Solicitudes ata o 8 de outubro. http://bit.ly/1v7w2Kh

competencias dixitais

Convocadas 360prazas para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática da @Xunta @Amtega http://bit.ly/1pegX3L
Se queredes máis información podedes acudir a aula Cemit que está no Centro Social de Boiro

xoves, 18 de setembro de 2014

Prazas para Voluntariado Europeo

A OMIX Ribadavia busca a un participante de entre 18 e 30 anos de idade (30 incluidos) que queira facer un Servizo de Voluntariado Europeo en Portugal. O proxecto xa foi aprovado e a/o voluntaria/o interesada/o debería comezar no próximo mes de Outubro e o voluntariado durará 9 meses!! Toda a información poden atopala no seguinte enlace e nos adxuntos:

https://europa.eu/youth/vp/vol_organisation/60000367567_en

martes, 16 de setembro de 2014

Este venres en Boiro..temos a Xoan Curiel


Ganchillo Creativo


Iniciamos a ESCOLA CREATIVA cun obradoiro de Ganchillo Creativo os días 15,22 e 29 de outubro.

No Obradoiro poderás escoller entre realizar unha bufanda ou un manteliño de sobremesa.

Para inscribirse soamente tes que poñerte en contacto co Centro Social de Boiro no tlf 981842635 ou enviarnos unha mensaxe ao mail omix@boiro.org

luns, 15 de setembro de 2014

Charla para pais e nais


Curso de atención en sala e auxiliar de cociña


Na guadalupe..non terás que levar o coche


Curso inglés para viaxar

Xa está aberto o prazo de inscrición no curso de inglés para viaxar, organizado polo Centro Coordinador de Información Xuvenil en Santiago de Compostela, do 15 ao 30 de setembro de 2014.
Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e mocidade de 18 a 30 en posesión do carné xove.
Número de horas: 30
Número de prazas: 20
Contidos: Travel abroad. Places to stay. Moving around. Outdoor activities. Ecotourism. Whatʼs on?
Modalidade: Semipresencial (18 horas de clases presenciais, divididas en 12 sesións de 90 minutos de duración, e 12 horas de clases a distancia).
Lugar de impartición: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil en Santiago de Compostela.
Data de inscrición: Do 15 ao 30 de setembro.
Data prevista de realización: Do 7 de outubro ao 13 de novembro de 2014.
Sesións presenciais: Sesións presenciais os martes e xoves de 18.00 a 19.30 horas.
Data e hora do exame: Día 13 de novembro, de 18.00 a 19.30 horas.
Información e inscricións: Cursos na Rede Galega de Información Xuvenil.

martes, 9 de setembro de 2014

Curso-concurso MERCHANDISING CULTURAL..Moi recomendable!!!


A Mancomunidade Arousa Norte promove un curso e un concurso de merchandising literario co obxectivo de promover a creación de pezas souvenir asociadas aos escritores máis representativos de Arousa Norte: Castelao, Manuel Antonio, Rafael Dieste e Valle- Inclán.
O curso levarase a cabo os días 20 e 27 de setembro de 17-20:00h no Centro Social de Boiro.
A participación no concurso é independente da asistencia ao curso e terá como prazo de presentación das pezas do 1-15 de outubro. Haberá 1.200€ para repartir en 3 premios.
INSCRICIÓNS DO 10-18 DE SETEMBRO enviando a seguinte ficha
Máis info neste mail concursomlarousanorte@gmail.com e o no seguinte enlace 

Curso de programación para móbiles


Traballo como coidador infantil

A @ONGDViraventos de A Coruña oferta 12 prazas de coidadores http://viraventos.org/2014/09/oferta-de-empleo-cuidadoresas-infantiles/

Prácticas en Europa

A Deputación da Coruña, convoca 24 prazas para prácticas en diversos países europeos para xóvenes de 18 a 30 anos http://bit.ly/1rEkq02

Contratación para persoal investigador

CONVOCATORIA DA USC PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL COLABORADOR EN ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN(psicoloxía, Química..)   http://bit.ly/1qGYikb

Contratación para persoal investigador

CONVOCATORIA DA USC PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL COLABORADOR EN ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN(psicoloxía, Química..)   http://bit.ly/1qGYikb

luns, 8 de setembro de 2014

Prácticas formativas

Programa FARO 2015-2017 de prácticas formativas en empresas do estranxeiro para estudantes universitarios http://bit.ly/1BmoUeQ

Figurantes para a TV


Curso de coidador e acompañante de autobús escolar

Promovido pola  Fundación Amigos de Galicia

  • As datas: do 15 de setembro ao 26 de decembro
  • Horario: de 9:00 h. a 14:00 h. De luns a venres. Os mércores pola tarde de 16:00h. A 18.15 horas.
  • Destinatarios: colectivo inmigrante en Riveira.
  • Nº de prazas:15
  • Inscripcións en: Departamento de Servizos Sociais . Praza 8 de marzo s/n. Riveira.
  • Prazo de inscripción: Aberto ata rematar prazas.
  • Información: Departamento de Servizos Sociais . Praza 8 de marzo s/n. Riveira. Tlfn: 981 87 41 31

Comezamos e xa temos no forno unhas cantas cousas

pero antes vos mantemos informados de este curso que organiza a Mancomunidade Arousa Norte