venres, 16 de agosto de 2013

algo de programación

Na oficina nos vamos a tomar un breve descanso ata o 10 de setembro, a diario seguiremos actualizando a  o noso facebook.  Pero antes de marchar vos deixamos algunhas das actividades culturais que podedes disfrutar a partir de esta semana...

Festas de san Bartolomé(Noia) do 23 ao 26 de agosto
Exaltación do mexillón de Cabo de Cruz(23,24 e 25 agosto)
Festival de música tradicional(Rianxo) 24 de agosto
Festas de Isorna(Rianxo) do 23 ao 25 de agosto

e en Santiago para os maís pequeno tedes cidade imaxinaria(festival de circo, maxia e xogos) o 24 de agosto.

Ata a volta!

mércores, 14 de agosto de 2013

Formación en novas tecnoloxías no mes de setembro

A partir do 15 de agosto podedes anotarvos nos cursos de:

Inicio a mecanografía( do 3 ao 12 de setembro de 10 a 11h)
Retoque fotográfico con gimp(10,11,12,13 de setembro de 11.30h a 13.30h)
Trámites electrónicos(25 e 26 de setembro de 11h a 13h)

martes, 13 de agosto de 2013

Programación cultural a partir de mércores

Mércores 14 de agosto
00.00h Concerto de Kaya Kayana
Pousada das ánimas(Boiro)

Xoves 15 de agosto
00.00h Concerto de Alvaro Muras
Pousada das ánimas(Boiro)

Volta cicloturística
Concello de Ribeira

Feira mariñeira
Concello de Ribeira

Venres 16 de agosto
20.30h Exposición fotografía Fumi Nakamura
Centro Social de Boiro

00.00h Festa da Salsa
Pousada das ánimas(Boiro)

Festas de Cespón
(Boiro)

Feira mariñeira
Concello de Ribeira


Sábado 17 de agosto
13.30h Concerto de Miguel Ángel
 Taberna Triskel (Ribeir)

19.00h Festival Folclórico
Peirao de Cabo de Cruz(Boiro)

22.00h Concerto río de Anxo
Praza de Rafael Dieste(Rianxo)

Festas de Comoxo
(Boiro)

Feira mariñeira
Concello de Ribeira

Domingo 18 de agosto
21.00h Concerto da Banda de Música de Caldas
Campo de Arriba(Rianxo)

21.00h Quico Cadaval+Helena de Alfonso
Pousada das ánimas(Boiro)

Feira mariñeira
Concello de Ribeira


pero tamén:
Festival V Valarés(Ponteceso)
Festival arteficial(Ribadavia)

luns, 12 de agosto de 2013

Este venres no Centro Social

nos visita para inaugurar a súa exposición a fotógrafa japonesa FUMI NAKAMURA que na actualidade traballa como fotógrafa freelance en Nueva York.


Hoxe é o día internacional da xuventude


Convocatoria de proceso de selección de persoal para información turística

O Concello de Rianxo publicou o anuncio para a contratación laboral temporal de 1 informador/a tutístico/a.
As bases e as instancias para participar nesta lista poden recollerse no mostrador de información do Concello. Na parte traseira da dita instancia indícase a regulación mínima a ter en conta.
O prazo para presentar as solicitudes no Rexistro xeral do Concello remata as 13:00 h do martes día 13 de agosto. No suposto de presentarse a instancia fóra do rexistro xeral do Concello, sexa nalgún rexistro autorizado da Xunta de Galicia ou nalgunha oficina de correos, será necesario que o xustificante do rexistro sexa adiantado por fax ao núm. 981.843.629, antes do remate do prazo, para que sexan tidas en conta.
Información

venres, 9 de agosto de 2013

Campaña doazon de sangue en Boiro

Hoxe venres 9 de agosto na praza do Concello estará un vehiculo para a doazón de sangue de 10 a 14h e de 16h a 21h e mañá sábado 10 de agosto de 10h a 15h. Animádevos!

xoves, 8 de agosto de 2013

Axudas para a formacion I.D.I.

Axudas para á formación e especialización de investigadores/as, tecnólogos/as, persoal técnico e outros/outras profesionais en I D I e potenciar as súas capacidades, así como facilitar a súa inserción laboral tanto no sector público como privado, e estimular o seu movilidad a nivel internacional, dentro do sector público - centros de investigación e universidades- e entre este e o sector empresarial, impulsando a transferencia, favorecendo a interrelación entre estes e propiciando unha cooperación eficiente. Convoca: Ministerio de Economía e Competitividad

Requisitos: O Programa financiará, entre outras, as seguintes actividades: a) As tarefas de apoio e/ou a adquisición de competencias e capacidades no desempeño de actividades de I D I mediante fórmulas que permitan, no seu caso, compatibilizar a actividade lectiva, a formación en I D I e o desempeño de actividades laborais. b) A incorporación, incluíndo a contratación, de persoal para a ejecución de actividades de I D I de ámbito nacional ou internacional. c) A formación e especialización para mellóraa e adquisición de coñecementos e técnicas necesarios para levar a cabo actividades de I D I e) Calquera outra actividade orientada a lograr os obxectivos do Programa Estatal. 3.Enderezo: http://www.mineco.gob.es

mércores, 7 de agosto de 2013

Réxime de becas e axudas ao estudo personalizadas

Boletín do Injuve con información sobre bolsas, ‪#‎axudas‬, ‪#‎cursos‬, ‪#‎premios‬, publicacións, recursos web,...Preme aquí para consultalo

Programacion cultural semanal

Xoves 8 de agosto

22.00h Teatro "Agochado"
Casa da Cultura(Boiro)

22.30h Concerto de SONIDONIA
Terraza do Miramar(Boiro)

Venres 9 de agosto


22.00h Teatro "Agochado"
Casa da Cultura(Boiro)

Sábado 10 de agosto

12h Contacontos con Isla de Triska
Rúa Peonil(Boiro)

todo o día
Romería de Neixón
Festa Gastronómica na Pobra do Caramiñal 
Feira medieval(Pobra do Caramiñal)

a noitiña
Concerto Supersandwich(Pousada das ánimas)
Concerto de agoraphobia(Curral do Marqués)
Boirodance(Parque da Cachada)


Domingo 11 de agosto

todo o día
Romería de Neixón
Festa Gastronómica na Pobra do Caramiñal 
Festa da Navalla(Aguiño)
Feira medieval(Pobra do Caramiñal)

Administrativos con idiomas

Precisan Personal de administración con idiomas. Neste enlace atopades máis información:
http://grupoarestora.blogspot.com.es/2013/08/selecciones-activas-agosto-2013.html

luns, 5 de agosto de 2013

Escola de adultos en Rianxo

O concello de Rianxo pon en marcha un plan educativo para maiores de 55 anos, no que se van a impartir os cursos de:
  • Informática Básica I
  • Cultura Musical de Galiza
  • Historia do Teatro en Galicia

Cada materia terá un custe de 50 € e as clases serán dúas horas á semana (de outubro a xaneiro) en Rianxo (Auditorio – Aula Activa do Mar).

Maís información:
 Auditorio de Rianxo: de martes a venres de 11.00 a 13.30 horas.
Rúa Autores da Rianxeira s/núm. Rianxo. T.E. 981 100 688
 Servizos Sociais: luns a venres de 10 a 14 horas.
Estrada de Tanxil, núm. 12. Rianxo. T.E. 981 860 061
 Correo electrónico: unedsenior@concelloderianxo.es
 En liña: www.rianxo.com/unedsenior

venres, 2 de agosto de 2013

Selección de animador/a sociocultural para o Concello de Boiro

A presentación das solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Boiro ata as 13.30h do 12/08/2013.

Estas son as bases:

xoves, 1 de agosto de 2013

CURSOS AFD CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN DA CITRÖEN

No que resta de 2013 Peugeot Citröen Automóviles España, S.A. impartirá unha serie de cursos AFD con compromiso de contratación:
 - Carristas automoción (Nivel 1: non hai requisitos mínimos de acceso)
 - Pintor automoción (Nivel 1: non hai requisitos mínimos de acceso)
 - Retocador de automoción Citröen (Nivel 1: non hai requisitos mínimos de acceso)
- Operario básico (Nivel 1: non hai requisitos mínimos de acceso)
- Operario en sistemas de produción PSA (Nivel 2: requisitos mínimos ESO/FPI e CELGA 2)

A selección do alumnado dos cursos será xestionada directamente por Peugeot Citröen Automóviles España, S.A. Para optar a participar no proceso de selección é preciso remitir cuberto o formulario que figura no arquivo adxunto ao e-mail contratación.vigo@ext.mpsa.com
Sinalar que ata o mes de setembro Peugeot Citröen Automóviles España, S.A. non comezará as xestións de candidaturas para a selección do alumnado.

Documentos relacionados

Actuación de Ce orquesta na rúa peonil

Mañá venres 2 de agosto na rúa peonil actuará Ce Orquesta ás 12h


Subvencións a Asociacións Xuvenís

O Instituto da Xuventude, INJUVE, convoca subvencións a Asociacións Xuvenís.
Será obxecto de subvención o mantemento, funcionamento, e equipamento das asociacións xuvenís e das entidades prestadoras de servizos á xuventude de ámbito estatal.
O mantemento e funcionamento inclúe o financiamento dos seguintes gastos:
- A contratación do persoal da entidade.
- As reunións dos órganos de goberno.
- Os orixinados pola pertenza a Organismos internacionais.
- Gastos derivados do local en que se sitúe a sede social da entidade, así como subministracións, material de oficina, telefonía, correo e outros análogos.
- A difusión da información, orientación e asesoramento dirixido aos seus asociados e ás persoas obxecto da súa atención.
O equipamento inclúe medios informáticos, audiovisuais e mobiliario para as sedes das entidades xuvenís e obras de conservación ou de adecuación dos inmobles das devanditas sedes.
Requisitos:1. Estar legalmente constituídas e no seu caso, debidamente inscritas no correspondente Rexistro Público, dentro do prazo de presentación das solicitudes, como:
a) Asociacións xuvenís, Federacións ou Confederacións de Asociacións Xuvenís.
b) Seccións Xuvenís de entidades sociais ou organizacións no que teñan recoñecidos nos seus Estatutos autonomía funcional, organización e goberno propio para os asuntos especificamente xuvenís.
c). Entidades prestadoras de servizos á xuventude, dedicadas con carácter exclusivo á realización de actividades en favor da xuventude segundo previsión expresa nos seus Estatutos.
2. Ter ámbito de actuación estatal segundo os seus Estatutos.
3. Acreditar documentalmente ter sede aberta e en funcionamento no ámbito de varias Comunidades Autónomas.
O prazo para presentar solicitudes estrá aberto ata o 2 de agosto de 2013.
Máis inforamción no BOE do 13 de xullo de 2013 e en www.injuve.es

Bolsas de investigación Keizo Obuchi en Xapón

Destinatarias/os: Investigadores/as de posgrao, non maiores de 40 anos. Darase prioridad ás mulleres, os candidatos dos países menos desenvolvidos e aos investigadores africanos.
Data límite: Ata o 30 de agosto de 2013.
Máis información: Cada estado membro poderá designar un máximo de dous candidatos. Ningunha solicitude individual será considerada. Todas as solicitudes deben ser enviadas á Comisión Nacional para a UNESCO do país de orixe do candidato quen decidirá se van presentar a solicitude ante a UNESCO.
A estancia de investigación: entre 3 e 9 meses, será decembro de 2015.
O importe da beca será entre 6.000 e 10.000 dólares e outorgarase aos candidatos/as seleccionados/as.
Fonte/contacto: UNESCO. Fax ao: 33 1 45 68 55 03 ou por correo electrónico Máis información www.unesco.org

‎Axudas‬ a asociacións de mulleres

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.
Liñas de axuda:
Liña 1
: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.
Liña 2: promoción de accións que presten atención á investigación e á recuperación da historia das mulleres, así como á xeración de referentes e xenealoxías de mulleres, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas dirixidos a calquera destas finalidades.
Liña 3: promoción de hábitos de vida saudables, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas destinados a esta finalidade.
Liña 4: promoción de accións de prevención da violencia de xénero así como de atención (protección, asistencia e/ou acompañamento) a mulleres que a sofren, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas dirixidos a calquera destas finalidades.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de agosto de 2013.
Máis información no DOG do 2 de xullo de 2013 e en http://igualdade.xunta.es