martes, 31 de maio de 2011

CURSOS DE VERÁN 2011 da EOI
Organiza: Asociación de Alumnos e Antigos Alumnos da EOI de Santiago de Compostela

DURACIÓN: 40 horas durante o mes de xullo (20 horas en RIbeira e Noia)

DATAS DOS CURSOS: 1 ao 28 de xullo

HORARIO: de mañá ou de tarde segundo o formulario de preinscrición. Nas sección de Noia, Ordes e Ribeira só haberá horario de mañá.

IDIOMAS: Inglés, Francés, Arabe, Italiano e Alemán

Nota: Na EOI de Santiago ofrécense todos os cursos. Nas sección de Noia e Ordes só Destrezas Comu-nicativas Nivel Intermedio de Inglés. Na sección de Ribeira,: Destrezas Comunicativas de Inglés (nivel básico e nivel intermedio).

PREINSCRICIÓN: até o 6 de xuño

MATRÍCULA: do 10 ao 20 de xuño

PREZO: 160 € por curso (150 € socios/as) / 80 € nos cursos de Ribeira e Noia

para mais información:
EOI DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Ulpiano Villanueva, 1-2
15705 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 554 710
Fax: 981 554 875
eoi.santiago@edu.xunta.es

Ultimas novedades na biblioteca do Centro Social

Xa podedes consultar as ultimas novedades na mediateca do Centro Social de Boiro, entre as que atoparás a colección Millenium.
-          Millenium 1. Los hombres que no amaban a las mujeres.
-          Millenium 2. La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina
-          Millenium 3. la reina en el palacio de las corrientes de aire.

Na biblioteca atoparás a lista con todos os títulos dos dvds.

venres, 27 de maio de 2011

Cursos de Alemán en agosto no Centro Social

AVISO:
Debido a elevada demanda dos cursos de alemán que se impartirán no Centro Social
de Boiro o vindeiro mes de Xullo,e posto que o prazo de inscrición para o
turno do horario de mañá está pechado e soamente quedan 4 prazas para o turno de
horario de tarde, celebrarase outro Curso de Alemán no mes de Agosto.

Novo curso de alemán en agosto

Data de Realización: do 1 ao 30 de agosto do 2011.

Duración: 42 h

Lugar: Centro Social de Boiro

Modalidades: Grupo A (de 12 a 16 anos) e Grupo B (de 16 en adiante)

Horario: Grupo de mañá (11-13h) Grupo de tarde (19-21h)

Prezo: Grupo A 100€ e Grupo B 150€

Prazo de preinscrición: Aberto.


Para máis información dos cursos chamar a oficina OMIX Boiro, 981842635 ou poñerse en contacto mediante o correo electrónico centrosocial@boiro.org , a inscrición se realizará mediante a web www.agxermanistas.org


martes, 24 de maio de 2011

Oferta de emprego para Técnico de Turismo

Convócase proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/dunha Técnico Turismo (Verán 2011).

Para consultar as bases ou ter máis información debedes consultar a web do Concello de Ribeira www.ribeira.org

Bolsas para prácticas en empresas europeas

A Universidade da Coruña, convoca 95 estadías para prácticas en empresas europeas para licenciados na UDC. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 10 de outubro de 2011.

Máis información www.udc.es

Documental sobre os impactos da cría do salmón en Gaiolas

Lugar: Centro Social de Boiro

Día e hora : 27 de maio ás 20.00h

Organizan: Asociación Verdegaia e Salva la selva

BOLSAS DE FORMACIÓN

Bolsa publicada en: BOE nº 121 (páx. 50909)

Entidade convocante: Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial “Esteban Terradas”

Localidade: Madrid

Descrición: Concesión de 9 bolsas de formación destinadas a persoas en posesión do título de licenciado, enxeñeiro, enxeñeiro técnico ou equivalente, sempre que remataran os seus estudos con posterioridade ao 1 xaneiro 2007

Inscrición e prazo: 20 días naturais, a partir do seguinte á súa publicación no BOE

venres, 20 de maio de 2011

Bolsas de cooperacion

O Instituto da Xuventude (INJUVE), coa colaboración do Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE) e da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), pon en marcha a XXII edición do programa Mozos cooperantes para 2011-2012.

O programa "Mozos cooperantes" ten como obxectivo a incorporación de mozos españois de ata 30 anos á cooperación oficial ao desenvolvemento.
Con este fin, o Instituto da Xuventude formalizará cos mozos seleccionados un contrato laboral de 9 meses de duración (do 1 de outubro de 2011 ao 30 de xuño de 2012).
O obxecto do devandito contrato será o desempeño de tarefas no marco dun proxecto de cooperación para o desenvolvemento nalgún dos países nos que España, realiza este tipo de actuacións a través da AECID.
Os ámbitos de actuación dos proxectos cobren varios sectores: educación, marxinación, microempresas, medioambiente, mellora do hábitat, gobernabilidade e estabilidade institucional, protección dos dereitos humanos, desenvolvemento rural integral, restauración do patrimonio histórico, sector agropecuario, etc.

Requisitos para participar
Posuír a nacionalidade española ou estar a residir legalmente en España.
Non ter cumprido os 30 anos de idade antes do 1 de outubro de 2011.
Estar inscrito como demandante de emprego nas oficinas dos servizos públicos de emprego estatal ou das comunidades autónomas.

Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións (expedida por unha universidade española ou título homologado):
Licenciaturas: Antropoloxía, Arquitectura, Bioloxía, CC. Ambientais, CC. da Educación, CC. Políticas, Dereito, Económicas, Xeografía, Historia, Historia da Arte, Ing. Agrónomo, Periodismo, Psicoloxía, Psicopedagoxía, Publicidade e Relacións Públicas e Socioloxía.
Diplomaturas: Arquitecto Técnico, CC. Empresariais, Educación Social, Traballo Social, Turismo, Enxeñaría Técnica Agrícola, Enxeñaría Técnica de OO. PP.

Para máis información:
Instituto da Xuventude
José Ortega e Gasset, 71.
28006 Madrid
Teléfono: 91 363 76 50 / 47
Fax: 91 363 76 10
alatina@injuve.esEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
www.injuve.es

xoves, 19 de maio de 2011

Formación de guías doParque Nacional Marítimo-Terrestre das Ilas Atlánticas de Galicia

Destinatarios:

Profesionais que realicen a súa actividade no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas e que se atopen incluídos en algunhas das seguintes categorías: monitores e guías ambientais, técnicos de programas de educación e/o interpretación ambiental, informadores turísticos, promotores de actividades turísticas no PNIA así como otros profesionais que desexen adquirir conocimentos sobre os contenidos do curso.

Datas: do 6 ao 10 de xuño de 2011

Duración aproximada: 30 horas

Nº plazas: 40

Lugar: Vigo

Dirección para a recepción de solicitudes:
Oficina do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
Edificio CETMAR (1º pranta)
C/ Eduardo Cabello, s/n
36208 – Bouzas. Vigo. Pontevedra

Persona e teléfono de contacto:
Sonia Freire López
Tlf.: 886 21 80 90
Correo-e: iatlanticas@xunta.es

CURSO DE FORMADOR DE FORMADORES EN INTERVENCIÓN AFECTIVO-SEXUAL

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a través dos Centros Quérote+ convoca un curso de Formación de Formadores en intervención afectivo-sexual.

Destinatarios/as:

Persoal de Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, así como universitarios/as.

Nº de horas: 30

Nº de edicións: 5

Nº de prazas: 20 en cada unha das edicións

CONTIDOS:

  • Presentación dos Servizos dos Centros Quérote+.
  • Conceptos Xerais
  • Educación sexual no ocio e tempo libre
  • Autoconcepto e autoestima
  • Técnicas de prevención
  • Traballando, creación de recursos
  • Modalidade:
  • Semipresencial : 24 horas presenciais e 6 horas a distancia.

Lugares de impartición:

  • A Coruña: Centro QUÉROTE+ da Coruña
  • Santiago: Centro Quérote+. Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
  • Lugo: Centro Quérote+. Complexo Xuvenil LUG II
  • Ourense: Centro Quérote+. Espazo Xove Casa da Xuventude de Ourense
  • Vigo: Centro Quérote+ de Vigo

Prazo de inscrición: do 9 o 31 de maio de 2011.

Data de realización: 6, 7, 8,9 de xuño de 2011.

Información: 881.997.613

2ª CONVOCATORIA NOS CAMPOS DE TRABALLO DA XUNTA

O dia 20 de maio, ábrese o prazo da 2ª convocatoria de prazas para os campos de traballo dentro do programa Acción de Verán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

O prazo rematará o día 25 de maio. Interesados chamar ó 981544838.

luns, 16 de maio de 2011

Becas para a aula de verano «Ortega e Gasset» na Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
para máis información consulta as bases en:

martes, 10 de maio de 2011

CURSOS DE FOTOGRAFIA

FOTOGRAFIAR O MOVEMENTO

O curso permitirá coñecer os recursos técnicos e opcións de cámara para resolver creativamente as situacións fotográficas onde o movemento é o protagonista da imaxe

O curso serán 5 clases teóricas de 2h e media de duración e 3 saídas prácticas.

Inicio luns 16 de maio de 19´30 a 21 h.

CURSO DE INICIACIÓN A FOTOGRAFÍA DIXITAL

O curso permitirá a aprendizaxe de programas e funcións da cámara dixital para resolver variadas e diferentes situacións fotográficas.

O curso serán 6 clases teóricas de 1 hora de duración e 1 saída práctica.

Inicio mércores 18 de maio de 20 a 21 h.

INFORMACIÓN:

Tfno. 626028887

ollaparo@gmail.com


CURSOS INTENSIVOS DE ALEMÁN

A asociación galega de xermanistas e a Concellería de Mocidade do Concello de Boiro organizarán para este verán cursos intensivos de alemán.

Os cursos terán unha duración de 42 h e se celebrarán dende o 1 de xullo ao 29 de xullo no local de mocidade, Estación Leñaverde. Ao remate se expedirá certificado da asociación galega de xermanistas acreditando o nivel europeo A.1.1.
Modalidades a impartir:
Cursos para xóvenes de 12 a 16 anos
Cursos para adultos a partir de 16 anos
Horario: 2h diarias en horario de mañá ou tarde(a definir cas persoas interesadas)

Prezo:
Cursos para xóvenes de 12 a 16 anos, 100€( haberá a opción de facer 2 pagos fraccionados de 50 €)
Cursos para adultos a partir de 16 anos, 150€( haberá a opción de facer 2 pagos fraccionados de 75 €)

Prazos:
Preinscrición: do 23 de maio ao 6 de xuño
Matrícula: do 14 ao 30 de xuño
Curso: do 1 ao 29 de xullo

Para máis información dos cursos chamar a oficina OMIX Boiro, 981842635 ou poñerse en contacto mediante o correo electrónico centrosocial@boiro.org , a inscrición se realizará enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo info@agxermanistas.org

Bolsas de investigación no Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega convoca 6 bolsas de colaboración en proxectos de investigación:
- 2 bolsas para colaborar na Área de Publicacións: licenciado/a en Filoloxía Galega.
Valoraranse como méritos: posuír coñecementos de tradución e corrección. Posuír coñecementos
de edición de textos. Posuír coñecementos de informática.
- 2 bolsas para colaborar na Área de Documentación: diplomado/a en Biblioteconomía e Documentación ou licenciado/a en Documentación.
Valoraranse como méritos: posuír coñecementos de catalogación en formatos Marc. Posuír coñecementos do programa de catalogación AbsysNET. Posuír coñecementos de informática. Posuír experiencia en xestión documental.
- 2 bolsas para colaborar na Área Técnica: estudos de técnico/a de imaxe e son (grao superior de técnico/a de son ou imaxe-FP ou similar
ou outra titulación superior).
Valoraranse como méritos: posuír coñecementos de programas de edición e de gravación de audio e vídeo dixitais. Posuír experiencia
de edición dixital, tanto de audio como de imaxe.

Requisitos xerais:
Estar en posesión da titulación académica requirida sen que transcorresen máis de 5 anos desde a súa obtención e acreditar coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.

A duración da bolsa será de 6 meses, comprendidos entre o 1 de xullo e o 31 de decembro de 2011.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de xuño de 2011.

Máis información no DOG do 9 de maio de 2011 e en www.consellodacultura.org

ENCONTRO MUSICAL ESPAZO XOVE DE CURTIS

Se tocas en algunha banda ou estás pensando en atopar algunha formación musical á que unirte, o sábado 14 de maio no Espazo Xove de Curtis atoparás unha iniciativa interesante: un foro de encontro e intercambio de experiencias, para poñer en contacto os xovenes músicos.

Hora e lugar:
Espazo Xove de Curtis de 17:00H en adiante.

Máis info:
Avenida Principal s/n
15379 Curtis
A Coruña
981 786 477
xuvecurtis@gmail.com

Sorteos co Carné Xove

Desde o luns, día 9 de maio e ata as 9:00 h. do venres, día 13 de maio, ábrese o prazo para o novo sorteo do programa Carné Xove.

Sortéase un lote de 2 prazas nas actividades para maiores de 18 anos, dentro da Campaña Verán 2011; actividade: findes Cíes (código 361018):quenda 9-10 de xullo

Neste sorteo só poden participar os usuarios de Carné Xove, maiores de 18 anos

Para participar tes que cubrir o formulario que atoparás na web www.xuventude.net

xoves, 5 de maio de 2011

Axudas transporte universitario

Recordamosvos a tod@s @s solicitantes dos bonos universitarios, que o prazo para xustificar as axudas do transporte universitario remata o 30 de Maio de 2011. As solicitudes que non sexan xustificadas non se abonaran.

Para consultar as bases e o procedemento de xusticación das axudas ou resolver calquera dubida podedes contactar ca oficina de Informacion xuvenil(981842635) ou mediante o realizar a consulta mediante o seguinte mail: centrosocial@boiro.org

Campamentos de verán para persoas con discapacidade

A Consellería de Traballo e Benestar ten aberto xa o prazo de inscrición para o programa de campamentos para persoas con discapacidade 2011 que oferta máis de 300 prazas: 77 na quenda de integración e 250 na quenda específica, repartidas polas catro provincias galegas, para participantes de entre 9 e 40 anos.

O prazo para inscribirse remata o 20 de maio.

Nos mesmos poderán participar mozos e mozas cunha discapacidade igual ou superior ao 33% e que non presenten trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade. Para inscribirse é necesario completar un impreso que se pode recoller nos servizos de Dependencia e Autonomía Persoal e nos de Xuventude e Voluntariado das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, nos servizos sociais comunitarios e nas oficinas de información xuvenil dos concellos, así como na páxina web http://benestar.xunta.es/web/portal/campamentos-verán.

Xunto coa solicitude deberán presentar o informe médico, segundo modelo oficial que está á disposición dos demandantes nos mesmos lugares. Ademais, as persoas beneficiarias do título de familia terán unha bonificación do 50% no pagamento das taxas establecidas, se ben se pode obter máis información au respecto no teléfono 900 333 666.

Obradoiro de orientación Laboral

O número de inscricións para participar no Obradoiro de inserción laboral que se impartirá no Centro Social de Boiro o vindeiro 13 de maio ascende ao número máximo de participantes que poden recibir o obradoiro(30 persoas), polo cal non podemos recibir máis inscricións.

Tentaremos organizar un novo obradoiro. Desculpade as molestias.

mércores, 4 de maio de 2011

bolsas para artistas e traballadores culturais

O programa STEP Beyond ofrece bolsas de movilidade a artistas e trabajadolles culturais, para desprazarse pola Comunidade Europea.
As bolsas están dirixidas a peroas ata 35 anos.
A data límite para solicitalas é o 22 de Maio de 2011.

Queen's University Belfast anuncia as súas bolsas para estudiantes dos países da rede Santander Universidades para estudar posgrado ou máster a tempo completo a partir de setembro de 2011. As bolsas teñen un valor de £ 1,500 o £ 2,000 en concepto de tasas de matrícula do curso, sendo Reino Unido o lugar establecido para a bolsa.

O prazo finaliza antes do 30 de maio de 2011.

Máis información en

http://becas.universia.net/ES/beca/55745/becas-postgrado-santander-queens-university-belfast.html

Becas do CEDEFOP

o Centro Europeo para o desenvolvemento da Formación Profesional, ofrece un periodo de prácticas de nove meses aos xóvenes titulados universitarios e estudiantes de doctorado, sen excluir aqueles que, no marco do aprendizaxe permanente, obtiveran recentemente un diploma universitario e estén ao inicio da súa carreira profesional.

máis información en :
http://www.cedefop.europa.eu/EN/

luns, 2 de maio de 2011

Obradoiro de Inserción Laboral

Data: Venres 13 de Maio, 20-22h

Lugar: Centro Social de Boiro

Destinatarios: Xóvenes de 16 a 30 anos

Inscricións: Centro Social de Boiro(981842635);

Data limite de inscrición: 6 de Maio