O prazo para inscribirse remata o 20 de maio.
Nos mesmos poderán participar mozos e mozas cunha discapacidade igual ou superior ao 33% e que non presenten trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade. Para inscribirse é necesario completar un impreso que se pode recoller nos servizos de Dependencia e Autonomía Persoal e nos de Xuventude e Voluntariado das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, nos servizos sociais comunitarios e nas oficinas de información xuvenil dos concellos, así como na páxina web http://benestar.xunta.es/web/portal/campamentos-verán.
Xunto coa solicitude deberán presentar o informe médico, segundo modelo oficial que está á disposición dos demandantes nos mesmos lugares. Ademais, as persoas beneficiarias do título de familia terán unha bonificación do 50% no pagamento das taxas establecidas, se ben se pode obter máis información au respecto no teléfono 900 333 666.
Ningún comentario:
Publicar un comentario