xoves, 25 de outubro de 2018

xornadas de emprendemento no rural

DATAS DE REALIZACIÓN:  Do 11 ao 14 de novembro de 2018
Entrada:  domingo, 11 de novembro a partir das 19:30 horas.
Saída:  mércores, 14 de novembro a partir das 14:30 horas.
LOCALIZACIÓN
Albergue xuvenil de Gandarío
Lugar, Cornide, 20
15167 Bergondo 
A Coruña
DESENVOLVEMENTO (PROGRAMA PROVISIONAL)
Xornada 1 (11 de novembro)
- 19:30 horas: chegada ao Albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo)
Xornada 2 (12 de novembro): “Emprendemento en base a cultivos hortícolas”
- 09: 30 h: saída do albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo).
- 10:15 h: encontro sectorial no Espazo Xove de Curtis con empresarios da zona.
- 11:45 h: visita explotación Frutas Geuixade (Sarandóns-Abegondo). Produción: fresa e kiwi.
- 16:00 h: visita explotación  A Horta de Porta (Iñás-Oleiros). Produción: horta ecolóxica.
- 18:00 h: visita empresa Bodegas Rilo ( Babío-Bergondo). Produción: vitivinícola.
- 20:00 h: chegada ao albergue xuvenil de Gandarío.
Xornada 3 (13 de novembro): “Obtención de maior valor engadido en producións agrarias e gandeiras”
- 09: 30 h: saída do albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo).
- 10:00 h: encontro sectorial no Espazo Xove de Pontedeume con empresarios da zona.
- 11:00 h: visita fábrica Leite Celta (Pontedeume).
- 16:00 h: visita explotación Da terra do país, S.L. (Miño). Produción: pataca e cebola chata.
- 17:30 h: visita á explotación Granxa O Cancelo (Bemantes-Miño). Produción: leite e xeados.
- 19:00 h: visita explotación Orballo (Donín- Paderne). Produción: plantas aromáticas e té ecolóxico.
- 20:00 h : chegada ao albergue xuvenil de Gandarío.
Xornada 4 (14 de novembro): “Novos cultivos de viabilidade no medio rural”
- 09: 30 h: saída do albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo).
- 10:00 h: encontro sectorial no Espazo Xove de Betanzos con empresarios da zona (*).
- 13:30 h: clausura.
- 14:30 h: chegada ao albergue xuvenil de Gandarío.
(*) Análise de produción e cultivo de:
Quinoa: denominación pseudocereal. Semente de alto valor nutricional, rica en proteínas completas, magnesio, ferro e calcio, usado para a alimentación.
Pistacheiro: os pistachos son ricos en graxas monoinsaturadas. Cultivo que, implantado con técnicas de cultivo ecolóxico, pódese realizar con facilidade e supón un valor engadido na produción.
Kale: versátil e moi nutritiva. Baixa en graxas saturadas, colesterol e rica en proteínas; contén desoxidantes; alta en fibra, minerais e vitaminas A e C. 
“Frutas do bosque”.
Bimi: hortaliza producida pola hibridación natural entre o brócoli e un tipo de col oriental chamada “Kai-lan”; rico en glucosinolatos, conta con nutrientes esenciais e ácido fólico, desoxidantes, zinc e vitamina C. Posúe un alto contido en fibra e ácido linoleico.
Chía: as sementes de chía son unha fonte moi alta de ácido oleico e  ácido linoleico. O aceite de chía ten unha porcentaxe moi alta de ácidos graxos insaturados, ao redor do 70 %.
Cáñamo industrial: o uso e aproveitamento das múltiples posibilidades que este cultivo ofrece para producir aceite de gran calidade, para consumo e cosmética, material de construción e illamento, cordas, papel, tecidos para a confección de roupa etc.
Lúpulo: entre os seus compoñentes, os alfaácidos, proporcionan amargor, os aceites esenciais confiren aromas, os taninos posúen propiedades antibacterianas e permiten inhibir o crecemento de bacterias lácticas e acéticas. É a flor femia usada como saborizante e axente estabilizador na cervexa principalmente, entre outras finalidades.
DESTINATARIOS/AS: Mozos e mozas galegos/as e portugueses/as con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.
COBERTURA
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
- Transporte no ámbito da actividade.
- Acompañamento por equipo técnico.
Será por conta do mozo/a participante o desprazamento desde o seu domicilio ata o albergue xuvenil de Gandarío.
PRAZAS:  30 prazas
PRAZO DE INSCRICIÓN:  Do 25 de outubro ao 5 de novembro de 2018.
INSCRICIÓN:  Mediante envío de formulario electrónico.
ADMISIÓN:  Será por rigorosa orde de inscrición ata cubrir a totalidade de prazas. 
Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. De non recibir comunicación no día seguinte á finalización do prazo de inscrición, entenderase que non obtivo praza.

martes, 16 de outubro de 2018

Formación aula Cemit(free) novembro


Axuda á mocidade para a compra de vivenda

Ollo! para concellos con menos de 5000 habitantes


O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca axuda á mocidade para a compra de vivenda en concellos de menos de 5000 habitantes.
Requisitos das persoas beneficiarias:
Mocidade de entre 18 e 35 anos na data de presentación da solicitude e que reúnan os seguintes requisitos:
- Posuír a nacionalidade española ou, no caso de ser estranxeiras, ter a residencia legal en España.
- Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM.
Este límite será de catro veces o IPREM se se trata dunha familia numerosa de categoría xeral ou dentro da súa composición existan persoas cunha discapacidade. 
O referido límite será de cinco veces o IPREM cando sexa unha familia numerosa de categoría especial ou na súa composición existan persoas con algunha das seguintes discapacidades:
1. Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
2. Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
- Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de que a adquisición fora realizada con anterioridade á data da publicación da correspondente convocatoria.
- Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
- Non ser propietario/a dalgunha vivenda en territorio español.
Requisitos da vivenda:
1. Que a vivenda estea localizada nun concello pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes. 
2. Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a cen mil euros.
3. Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.
Contía das axudas:
A contía da axuda para a adquisición será de ata 10.800 euros por vivenda, co límite do 20 % do prezo de venda, sen incluír os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.
O formulario de solicitude están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal co código VI435A
prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 16 de novembro de 2018.
Máis información no DOG do 16 de outubro de 2018 e en http://igvs.xunta.gal/web/igvs

mércores, 10 de outubro de 2018

Exame probas de Codix

Se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de
competencias dixitais en ofimática. A partir de mañá podedes solicitar a voa praza na aula Cemit de Boiro a través do enlace https://cemit.xunta.gal/ para poder examinarvos das probas Codix de competencias dixitais.

Para máis información Aula Cemit Boiro ou no tlf 981842635

venres, 5 de outubro de 2018

PRETO DE 500 PERSOAS COMEZARON ACTIVIDADE ESTA SEMANA NO CENTRO SOCIAL DE BOIRO


Escola de Música, obradoiros de novas tecnoloxías,  talleres de memoria da Cruz Vermella e cursos de inserción laboral acadan un total de 492 persoas inscritas que esta semana comezaron "o curso" no centro social de Boiro.

En canto aos espazos e servizos municipais que se ofrecen no centro, é de destacar un novo espazo anexo á bibliteca universitaria e á aula informática, chamado "sala de star", onde a mocidade atopará un espazo de encontro e lecer, con sala de exposicións, zona de descanso, lectura e intercambio de libros, mesas comunais para facer traballos académicos  e unha boa conexión a internet.