venres, 31 de xaneiro de 2014

Danzas do mundo


Programa formativo Taller de Ideas: Cara o emprendemento desde a participación

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha o programa formativo Taller de Ideas: Cara o emprendemento desde a participación.
Taller de Ideas pretende ser unha ferramenta de traballo, enfocado a mozos e mozas que teñan previsto presentar propostas no marco do programa Iniciativa Xove, ou noutros similares de participación xuvenil, e busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto a redacción e execución de proxectos.
O seu obxectivo é a consolidación destes programas como elementos dinamizadores do tecido asociativo, impulsores de iniciativas innovadoras e elementos valiosos no currículo non formal da mocidade.
Os obradoiros están dirixidos a mozos e mozas, animadores xuvenís, técnicos locais de emprego, axentes de desenvolvemento local, concelleiros/as de xuventude, asociacións xuvenís, grupos informais de mozos e mozas, e en xeral a calquera colectivo interesado en programas de participación xuvenil.
Estas xornadas levaranse a cabo dende o 17 de febreiro ao 30 de abril, coincidindo no tempo coa publicación da orde de axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove, que financia proxectos xuvenís de ata 4000€.

As solicitudes para que o teu concello acolla un destes obradoiros deberán enviarse vía correo electrónico antes do 14 de febreiro a través de este formulario.

mércores, 29 de xaneiro de 2014

Cultívate

Vos adiantamos a programación para este fin de semana..


Charla-taller ¿Qué fas ti para sentirte infeliz?

Este sábado 1 de febreiro ás 18.30h no Centro de Interpretación do Castro de Baroña impartirase unha charla-taller co título ¿Qué fas ti para sentirte infeliz?. O acceso é libre para todas as persoas interesadas

Convocatorias de axudas

Google Europa
Obra Social "la Caixa"
Fundación Randstad
Fundación para la Formación y la Práctica de la Psicología (FUNCOP)
ATADES, Asociación Tutelar Asistencial de Discapacitados Intelectuales
Fundación Síndrome de Down Madrid
Survival Internacional y Amnistía Internacional
Concello de Irixoa
Concello de Ourense

martes, 28 de xaneiro de 2014

Novos establecementos adheridos ao Carné Xove

Seguro que vos interesa...tes o carné xoven?
se aínda non o tes recorda que o facemos no momento na OMIX Boiro e se o tes disfruta de estos novos descontos en http://www.sbcgasolineras.es/

Aforra ata 8 céntimos de € no litro de gasóleo e gasolina repoñendo nas gasolineiras SBC de Santiago e A Coruña co teu Carné Xove.

SBC SANTIAGO
Avda. do Cruceiro, 228
15887 Santiago de Compostela
Tfno.: 981 598 531

SBC A CORUÑA
Rúa Severo Ochoa, 39
Polígono Industrial A Grela
15008 A Coruña

Tfno.: 981 598 531

Formación en novas tecnoloxías





Formación na aula Cemit, de balde!
Xa podes inscribirte no Centro Social
981842635/ omix@boiro.org
www.facebook/com/Centrosocial Boiro




Voluntariado

A Asociación de Persoas con Discapacidade de Compostela e Comarca, AMICO, precisa persoal voluntario que desexen colaborar nas actividades que integran o Servizo de rehabilitación IV.
Buscamos persoas dinámicas e sociables que colaboren nas actividades que planifica a asociación para este ano 2014.

As actividades previstas son:
- Programa de natación terapéutica: As funcións son de apoio nas actividades acuáticas os martes e venres en piscina terapéutica situada en Roxos.

- Curso pilates e actividades físicas de mantemento adaptadas: As funcións consistirán na prestación de apoios ás persoas participantes de cara a realización dos exercizos propostas polo/a monitor/a.

- Programa PROVI: As funcións consistirán en dinamizar ó grupo participante nos talleres de promoción de vida independente así como facilitar o seu aprendizaxe.

As tarefas de voluntariado requiren compromiso e unha dedicación entre 6 e 24 horas mensuais, fundamentalmente os martes, mércores e venres.

Para máis información, podes consultar e solicitar detalles no correo electrónico info@amico.es.

luns, 27 de xaneiro de 2014

Fundación ICO-Bolsas China 2014-15

A Fundación ICO , convoca 25 bolsas cunha duración de 9 meses , coa intención de facilitar ós xóvenes un acercamento a China no ámbito linguística e económico para favorecer as relacións entre ambos países. As materias de estudo son chino mandarín complementado con aspeitos económicos da realidade china. Dirixidas preferentemente a candidaturas das áreas de Administración e Dirección de empresas, empresariais, ciencias económicas e comercio internacional.
Máis información web da fundación ICO.

Concurso de maquetas

O Concurso de Maquetas "Millo Verde" chega este ano á VII edición. A organización está a preparar todo para o 11 de Abril disfrutar na Feira do Gando dun aperitivo do que será a VIII edición do Festival Millo Verde.
Para iso invitan a todos os músicos e grupos noveis a mandar as maquetas que estimen oportunas para participar no festival, que terá lugar nas datas 6 e 7 de xuño de 2014.
De todas as maquetas recibidas sairán 3 finalistas que participarán no concurso, obtendo un gañador por votación dos asistentes. O prazo de inscrición está aberto ata o 28 de Febreiro e as bases (que no cartel non se ven moi ben) pódense consultar en milloverde.org.
Agardan as vosas maquetas no correo concursodemaquetas@gmail.com
+ info www.milloverde.org

Formacion handmade en febreiro en Boiro










Esta semana se publicitan dous cursos que impartirán en Boiro a Gata Moscovita e Entreagullas..e estade atentos esta semana colgaremos a formación de Febreiro do Centro Social de Boiro

xornadas de agorecoloxía

As xornadas constarán de dúas sesións informativas e de debate e unha sesión práctica. A data das seguintes sesións decidirase nesta primeira xuntanza.

Interesante para músicos

O prazo para presentarse ao I Certame SantiAutor para artistas noveis remata o próximo martes. A selección farase con concertos no SónaR Pub Compostela e as/os vencedores telonearán a grandes artistas deste #santiautor2014

venres, 24 de xaneiro de 2014

Premios literrarios Minerva 2014

convocados polo colexio Peleteiro. Maís info en www.peleteiro.com

na procura de humoristas

A TVG busca humoristas en Ribeira para o programa Máis Retranca o sábado no bar plaza de Ribeira. Para participar tes que anotarte chamando ao tlf 649827061 ou mediante o mail:maisretranca@adivina.com

xoves, 23 de xaneiro de 2014

EYE 2014- Evento Europeo da Xuventude

Gustaríache participar en EYE 2014- Evento Europeo da Xuventude?
 
Do 15/01/2014 ata as 15.00h do 20/01/2014, ábrese un prazo para a selección de 10 mozos/as interesados/as no EYE 2014. O evento terá lugar en Estrasburgo, Francia, dentro e fóra da sede do Parlamento europeo, do 9 ao 11 de maio de 2014
 
Que é EYE 2014?
 
EYE 2014 é o Evento Europeo da Xuventude. O Parlamento europeo abre as súas portas a miles de mozos de toda a UE e convídaos a se reuniren con responsables políticos e persoas con ampla experiencia profesional para intercambiaren ideas e perspectivas sobre cuestións relacionadas coa mocidade, procuraren solucións innovadoras a elementos cruciais para o futuro e experimentaren a rica diversidade cultural da Unión Europea a través da posta en escena de diversos espectáculos culturais.
 
Máis información sobre EYE 2014:
 
 
A Comisión EYE do Parlamento Europeo seleccionará de entre as candidaturas aqueles grupos que participarán no evento.
 
CONVOCATORIA
 
Para estes efectos e como entidades organizadoras, Europe Direct A Coruña, Universidade da Coruña, Fundación Galicia Europa e Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude do Concello da Coruña abren esta convocatoria para conformar a candidatura que será sometida á selección da Comisión da U.E. nos seguintes termos:
 
Obxectivo: selección dun grupo de 15 mozos/as (10 TITULARES e 5 SUPLENTES) para formar o grupo que participe en EYE.
 
Financiamento: as entidades organizadoras comprométense a sufragar os gastos de transporte, aloxamento e manutención correspondentes aos 3 días que duran as actividades obxecto desta convocatoria.
 
Persoas destinatarias: 10 mozos/as residentes en Galicia con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.
 

Acreditación de competencias profesionais

Convocado o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
http://bit.ly/1bhFQ7T

CURSO DE INFORMADOR XUVENIL EN VIGO. DE BALDE!

Neste enlace tes toda a información http://ow.ly/i/4mAum

mércores, 22 de xaneiro de 2014

Programando un, dous, tres

Xoves 23 de xaneiro

23h Concerto Básico
Bar Brétema(Ribeira)

Venres 24 de xaneiro

20h Presentación libro"Castelao obras soltas"
Auditorio de Rianxo

22h Beside the dying fire
Bar CBC(Rianxo)

Sábado 25 de xaneiro

22h Concerto Jazz on fire
Liceo de Noia

Domingo 26 de xaneiro

12.30h Concerto da Banda de Música de Rianxo
Centro Cultural Simón Varela(Asados-Rianxo)

Bolsas para instaladores de enerxía solar

Máis información en www.censolar.eu ou en central@censolar.edu

Curso de comunity management


Doación de sangue

Tes a oportunidade de doar sangue esta fin de semana en Boiro. Estarán na plaza do Concello:

24 de xaneiro de 16h a 21h
25 de xaneiro de 10h a 15h

Curso auxiliar atención sociosanitaria a domicilio

Dende o 10 de febreiro e ata o 27 de xuño no Centro Social de Boiro a mancomunidade de Arousa Norte impartirá un curso de auxiliar de atención sociosanitaria a domicilio.
A duración do curso son 485h e ten 15 plazas. Para as inscricións ou máis información do curso podes consultar no tlf 981845236 ou no mail emprego@arousa-norte.es

luns, 20 de xaneiro de 2014

Formación en novas tecnoloxías



En febreiro voltamos ter formación en novas tecnoloxías, comezamos cun curso de iniciación ao programa PHOTOSHOP e xa podes inscribirte!

Búscase figurantes

Precísanse mulleres e homes de entre 18 e 60 anos para rodaxe en Noia (A Coruña, Galicia) durante os días 22, 23 e 24 de xaneiro. Para máis información en www.aprimerafiguracion.com ou aprimera.hector@gmail.com 

VIII Encontro Arqueolóxico do Barbanza

VIII Encontro Arqueolóxico do Barbanza,  terá lugar o vindeiro 22 e 23 de febreiro de 2014, na casa da cultura Ramón Martínez López, en Boiro.   

Si está interesada/o en asistir, pode formalizar a matrícula:
-          remitíndonos un correo cos seus datos á info@centroarqueoloxicodobarbanza.org, oucentroarqueoloxicobarbanza@gmail.com

-          directamente a través da nosa plataforma dixital: www.centroarqueoloxicodobarbanza.org (sección eventos)

-          por teléfono (981843810-647922210)   

-    ou, pinchando aquí


 
modalidade libre é gratuíta e con aforo limitado, polo que é preciso formalizar a matrícula.

Existe unha modalidade de matrícula certificada cun custe de 10 euros (antes do 1 de febreiro, ou 20 euros do 1 ao 16 de febreiro)

venres, 17 de xaneiro de 2014

Programación de fin de semana

esto é o que nos agarda esta fin de semana...

Venres 17 de xaneiro

20h Musical A nena e o grilo nun barquiño
público familiar
Casa da Cultura de Boiro

20.30h Semana Cultural Fco Lorenzo Mariño
Concertos+xornada cultural
Conservatorio de música de Aguiño(Ribeira)

22.30h Concerto A rebanda
Bar A Recoveira(Ribeira)


Sábado 18 de xaneiro

19h Xornadas de iniciación danza tradicional
Ensaio aberto grupo tradicional amas de casa
Rúa Peonil(Boiro)

23h Concerto Gamuza
Bar Castelao(Rianxo)

Domingo 19 de xaneiro

20h Concerto Alfonso Medela
Latin Jazz Nonet
Pousada das Ánimas(Boiro)

20h Bértola Teatro con “O pack cósmico”
micro teatro
Liceo de Noia

Programación verde que te quero verde

Boiroverde sigue cargado de formación..a qué esperas?

13,15, 17  obradoiro xabóns naturais (nivel 1)
20 de xaneiro  obradoiro xabóns artesáns  (nivel 2)
23,24 de xaneiro  obradoiro xabóns artesáns (nivel 2)
 24, 25 de xaneiro,7,8 de febreiro  Curso de poda
18 e 25 de xaneiro curso de  horta ecolóxica
15 de marzo curso  práctico de elaboración de lácteos
22 e 29 marzo, 5 de  abril  curso práctico  de cestería diversa
24 e 31 de maio  curso práctico de cociña  con hortalizas
7e 14 de xuño  curso práctico de conservas

Para informarte e inscribirte podes chamar ao 981848425

xoves, 16 de xaneiro de 2014


Bolsas FormARTE de formación e especialización en actividades culturais

O Ministerio de Cultura convoca as bolsas FormARTE de formación e especialización en materias da competencia de institucións culturais dependentes do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Son 76 bolsas divididas en seis modalidades:
Bolsas de Conservación e Restauración de Bens Culturais: 14 bolsas.
Bolsas de Museoloxía: 14 bolsas.
Bolsas de Biblioteconomía e Documentación: 14 bolsas.
Bolsas de Arquivística: 15 bolsas.
Bolsas de Xestión Cultural: 15 bolsas.
Bolsas de Artes Plásticas e Fotografía: 4 bolsas.
Tipos de bolsas:
Bolsas de Conservación e Restauración de Bens Culturais: 14 bolsas.
1. Conservación preventiva, 1 bolsa
2. Investigación de fondos fílmicos, 2 bolsas.
3. Laboratorios, 1 bolsa.
4. Restauración e conservación de arqueoloxía, 1 bolsa.
5. Restauración e conservación de arquitectura, 1 bolsa.
6. Restauración e conservación de documento gráfico, 2 bolsas.
7. Restauración e conservación de escultura, 1 bolsa.
8. Restauración e conservación de pintura, 3 bolsas.
9. Restauración e conservación de téxtiles, 1 bolsa.
10. Restauración e conservación de audiovisuais, 1 bolsa.
Bolsas de Museoloxía: 14 bolsas
1. Biblioteca Nacional. Museo, 1 bolsas.
2. Museo Cerralbo (Madrid), 1 bolsa.
3. Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía (Madrid), 1 bolsa.
4. Museo Nacional do Prado (Madrid), 2 bolsas.
5. Museo Nacional do Romanticismo (Madrid), 1 bolsa.
6. Museo Sorolla (Madrid), 1 bolsa.
7. Museo do Greco (Toledo), 1 bolsa.
8. Museo Nacional de Escultura (Valladolid), 1 bolsa.
9. Museo Nacional de Cerámica e Artes Suntuarias «González Martí» (Valencia), 1 bolsa.
10. Museo Nacional de Arqueoloxía Subacuática. ARQUA (Cartagena), 1 bolsa.
11. Museo Nacional de Arte Romana (Mérida), 1 bolsa.
12. Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira (Santillana del Mar), 1 bolsa.
13. Museo Sefardí (Toledo), 1 bolsa.
Bolsas de Biblioteconomía e Documentación: 14 bolsas
11 bolsas na especialidade de Fondo Moderno e 3 bolsas na especialidade de Fondo Antigo
Fondo moderno:1. Biblioteca de Cultura (Madrid), 1 bolsa.
2. Biblioteca Nacional (Madrid), 2 bolsas.
3. ICAA. Filmoteca Española (Madrid), 1 bolsa.
4. INAEM. Centro de Documentación Teatral, 1 bolsa.
5. Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria (Madrid), 3 bolsas.
6. Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas (Madrid), 3 bolsas.
Fondo antigo:7. Área do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico (Madrid), 3 bolsas.
Bolsas de Arquivística: 15 bolsas
1. Arquivo Histórico Nacional (Madrid), 1 bolsa.
2. Arquivo Xeral da Administración (Alcalá de Henares), 1 bolsa.
3. Biblioteca Nacional. Arquivo (Madrid), 1 bolsa.
4. Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos de Cultura. Arquivo (Madrid), 1 bolsa.
5. ICAA. Filmoteca Española (Madrid), 1.
6. INAEM. Centro de Documentación de Música e Danza, 1 bolsa.
7. Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía. Arquivo (Madrid), 1 bolsa.
8. Museo Nacional do Prado. Arquivo (Madrid), 1 bolsa.
9. Arquivo da Real Chancillería de Valladolid, 1 bolsa.
10. Arquivo Xeral de India (Sevilla), 1 bolsa.
11. Arquivo Xeral de Simancas (Valladolid),1 bolsa.
12. Centro Documental da Memoria Histórica (Salamanca), 2 bolsas.
13. Sección Nobreza do Arquivo Histórico Nacional (Toledo), 2 bolsas.
Bolsas de Xestión Cultural: 15 bolsas
1. Biblioteca Nacional, 1 bolsa.
2. Museo do Prado, 1 bolsa.
3. Subsecretaría. Oficina de Atención ao Cidadán, 1 bolsa.
4. Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM), 2 bolsas.
5. Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), 1 bolsa.
6. Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía, 1 bolsa.
7. Dirección Xeral de Política e Industrias Culturais e do Libro, 5 bolsas.
8. Dirección Xeral de Belas Artes e Bens Culturais, Arquivos e Bibliotecas, 3 bolsas.
Artes Plásticas e Fotografía: 4 bolsas
a) Artes Plásticas, 2 bolsas.
b) Fotografía, 2 bolsas.
Estas bolsas terán unha duración de catro meses: dous (unha de artes plásticas e unha de fotografía) do 1 de abril a 31 de xullo; e outras dúas (unha de artes plásticas e unha de fotografía) do 1 de setembro a 31 de decembro de 2014.
Requisitos específicos:a) Ter menos de 35 anos na data que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
b) Acreditar iniciación, experiencia, realizacións, ou títulos e certificados académicos relacionados coa creación plástica e a fotografía.
c) Á solicitude deberá achegarse fotografías da obra recente.
d) Posuír coñecementos da lingua Francesa.
A estanza formativa desenvolverase no Colexio de España da Cité Internationale Universitaire de París.

Solicitudes: www.mcu.es, "Servizos de atención ao cidadán. Bolsas, axudas e subvencións. Bolsas"
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 1 de febreiro de 2014.
Máis información no BOE do 15 de xaneiro de 2014 e en www.mcu.es

Intercambio europeo en Berlin

Data: 16 a 23 de maio
Países participantes: Eslovenia, Alemania, Italia, Holanda e España
Lugar: Berlín(Alemania)
Condicións: 100% gastos cubertos de aloxamento e manutención e 70% dos gastos da viaxe(o 30% restante o aporta o participante).
Máis información: Active participation – Let passive voice stay only in grammar (short)
E-mail:   omix_ribadavia@yahoo.com




mércores, 15 de xaneiro de 2014

Importante para os estudiantes!

A empresa Arriva está en folga os días 16, 17, 23, 24, 30 e 31 de xaneiro polo que se establecen servicios mínimos de transporte entre Santiago e Ribeira

Servizos mínimos:

Aguiño-Ribeira-Boiro-Rianxo-Santiago de Compostela.
• Saída de Aguiño: 6.50 h (enlace en Boiro).
• Saída Boiro: 7.30 h.
• Saída de Santiago de Compostela: 18.00 h.

Ribeira-Boiro-Araño-Santiago de Compostela.
• Saída de Ribeira: 8.00 (enlace en Boiro) e 19.00 h.
• Saída Boiro: 8.30 h.
• Saída de Santiago de Compostela: 8.00 e 21.00 h.

Cursos formativos gratuítos

Neste enlace podes acceder á información dos cursos FoRGA

Aberto plazo para inscribirse ao viaxe a neve de febreiro


martes, 14 de xaneiro de 2014

prazas de personal de investigación

A USC convoca 5 prazas de personal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra o servicio determinado:

1 praza de Licenciado/a ou Grao ou Diplomatura en Matemáticas ou Estatística
1 praza de Licenciado/a ou Grao en Bioloxía.
1 praza de Licenciado/a ou Grao en Química.
1 praza de Licenciado/a en Filoloxía Galega ou Grao en Lingua e Literatura Galegas.
1 praza de Licenciado/a ou Grao en Enxeñería: Industrial, Informática, Teleco, Química, ou Física, Matemáticas.

Convocatoria: http://bit.ly/1eP66ZP

O prazo permanecerá aberto ata o 21 de xaneiro de 2014.

luns, 13 de xaneiro de 2014

Bolsas para mestrado en EEUU

O Ministerio de Educación convoca 10 bolsas para a realización de programas de Máster en Universidades de Estados Unidos de América por graduados e licenciados en titulacións de Artes, Humanidades e Ciencias Sociais no marco do programa de bolsas MECD-Fulbright.

http://bit.ly/1fqPyvU

Festival Olloboi

   

Xa podes inscribir o teu video no Festival Olloboi 2014!!
Consulta as Bases
- Presentación vídeos: do 10 xaneiro ao 24 abril

xoves, 9 de xaneiro de 2014

Cursos de Lingua Galega. Celga 2014

Xa podes apuntarte aos cursos preparatorios para a obtención dos Celga na Casa da Cultura "Ramón Martínez López" ou no tlf 981848425.

Programación miúda

Xoves 9 de xaneiro

23h Concerto Hugo Eiroa
Bar Brétema(Ribeira)

Venres 10 de xaneiro

20h Exposición Artesanía en madeira+foliada
Centro Social de Boiro

Sábado 11 de xaneiro

18h homenaxe a Castelao
Local Aturuxo(Boiro)

22h Concerto The Covers Band
Club Naútico(Portosín-Porto do Son)

curso sobre Fomento e Apoio Asociativo

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información Xuvenil 2014, convoca un curso sobre Fomento e Apoio Asociativo, en Santiago de Compostela
Obxectivos: Proporcionar ferramentas que faciliten a intervención, apoio e acompañamento na creación e desenvolvemento do tecido asociativo.
Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e mocidade interesada.
Criterios de selección: A admisión no curso virá dada pola orde de chegada das solicitudes de inscrición e coas prioridades que a continuación se especifican:
1º- Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.
2º- Mocidade de 18 a 30 en posesión do Carné Xove.
3º- Resto dos solicitantes.
Número de horas: 50
Número de prazas: 30
Contidos:
·         Utilización das estruturas asociativas.
·         Aplicación de técnicas de grupo partiticipativas na intervención comunitaria.
·         Manexo de grupo nas asociacións.
·         Aplicación de procesos de apoio dos profesionais nas entidades sociais.
Modalidade: A distancia, con examen final presencial.
Data de realización do curso: Do 22 de xaneiro ao 21 de marzo de 2012.
Proba final: O exame final terá lugar no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil (Santiago de Compostela) o día  21 de marzo de 2014,  ás 12.00 h.
Prazo e lugar de inscrición. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 13 de xaneiro as 14.00 h,  e realizarase a través da páxina web xuventude.net

martes, 7 de xaneiro de 2014

Becas de formación no Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller.

O Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade convoca catro becas de formación no Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller.

Os requisitos xerais son estar en desempleo, tener nacionalidade española, un título de licenciatura ou grado e dominio do español. No obstante cada beca se dirixe a un perfil determinado e ten  requisitos específicos que poden consultarse neste enlace

venres, 3 de xaneiro de 2014

Para seguirmos en festa

Pois antes de que rematen estas datas festivas e antes das tradicionais cabalgatas de reis..esto é o que se ofrece na Comarca

Venres 3 de xaneiro

20h Circo Máxico
Casa da Cultura de Boiro

20.30h A cuadrilla da fonte Navegante
presentación do cd
Ateneo Valle-Inclán(Ribeira)

22.30h concerto de Old jaus band
Abadía de San Enrique(Boiro)

22.30h concerto RockfaBooguies
A caseira(Ribeira)

23h Concerto de Malavaje
Pousada das Ánimas(Boiro)

Sábado 4 de xaneiro

12h Títeres Crebanoces
Liceo de Noia

Encontro de mozos creadores

Trátase de levar a cabo dous encontros de mozos creadores, procedentes das diferentes Comunidades Autónomas, que desenvolverán un programa de actividades de formación e creación artística, nas modalidades de narrativa, poesía, dramaturxia teatral e guión cinematográfico, con estanza no Albergue Xuvenil San Servando de Toledo.
As actividades formativas e complementarias, así como os servizos de aloxamento e manutención serán gratuítos, debendo asumir os participantes os gastos correspondentes ao desprazamento de incorporación e regreso aos encontros.
Participantes:Mozos/as procedentes de calquera comunidade autónoma que reúnan os seguintes requisitos:
ter de 18 a 30 anos, estar en posesión do carné de alberguista (novo ou adulto) en vigor e ter algunha experiencia en creación de obra artística en calquera das modalidades dos encontros.
Prazo: as solicitudes podense presentar ata o 31 de xaneiro de 2014.
Datas:a) Encontro de Poesía e Narrativa, do 3 ao 9 de marzo de 2014, con 15 prazas.
b) Encontro de Dramaturxia Teatral e Guión Cinematográfico, do 17 ao 23 de marzo de 2014, con 15 prazas.
Máis información:
Rede de Albergues de Castela-A Mancha da Dirección Xeral de Emprego e Xuventude
Avda. Irlanda, 14. 45005 TOLEDO.
alberguesclm@jccm.es
Tel: 925 330 124-925 330 133
Biblioteca de Castela-A Mancha
Costa de Carlos V, s/n. 45001 TOLEDO
aculturales.bclm@jccm.es
Tel: 925 284990

Rede Española de Albergues Xuvenís
C/ Marqués de Penedal, 16. 28010-MADRID
albergues@reaj.com
Tel: 912 987 245.

curso sobre Fomento e Apoio Asociativo

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información Xuvenil 2014, convoca un curso sobre Fomento e Apoio Asociativo, en Santiago de Compostela
Obxectivos: Proporcionar ferramentas que faciliten a intervención, apoio e acompañamento na creación e desenvolvemento do tecido asociativo. 
Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e mocidade interesada. 
Criterios de selección: A admisión no curso virá dada pola orde de chegada das solicitudes de inscrición e coas prioridades que a continuación se especifican:
1º- Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.
2º- Mocidade de 18 a 30 en posesión do Carné Xove.
3º- Resto dos solicitantes.
Número de horas: 50
Número de prazas: 30
Contidos:
  • Utilización das estruturas asociativas.
  • Aplicación de técnicas de grupo partiticipativas na intervención comunitaria.
  • Manexo de grupo nas asociacións.
  • Aplicación de procesos de apoio dos profesionais nas entidades sociais.
Modalidade: A distancia, con examen final presencial.
Data de realización do curso: Do 22 de xaneiro ao 21 de marzo de 2012.
Proba final: O exame final terá lugar no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil (Santiago de Compostela) o día  21 de marzo de 2014,  ás 12.00 h.
Prazo e lugar de inscrición. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 13 de xaneiro as 14.00 h,  e realizarase a través do seguinte formulario.
Formulario de inscrición
Máis información:
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
Praza do Matadoiro s/n
15703 Santiago d Compostela
Teléfono: 881 997 604/07

Correo electrónico:  oixuventude.traballo@xunta.es