venres, 31 de xaneiro de 2014

Programa formativo Taller de Ideas: Cara o emprendemento desde a participación

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha o programa formativo Taller de Ideas: Cara o emprendemento desde a participación.
Taller de Ideas pretende ser unha ferramenta de traballo, enfocado a mozos e mozas que teñan previsto presentar propostas no marco do programa Iniciativa Xove, ou noutros similares de participación xuvenil, e busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto a redacción e execución de proxectos.
O seu obxectivo é a consolidación destes programas como elementos dinamizadores do tecido asociativo, impulsores de iniciativas innovadoras e elementos valiosos no currículo non formal da mocidade.
Os obradoiros están dirixidos a mozos e mozas, animadores xuvenís, técnicos locais de emprego, axentes de desenvolvemento local, concelleiros/as de xuventude, asociacións xuvenís, grupos informais de mozos e mozas, e en xeral a calquera colectivo interesado en programas de participación xuvenil.
Estas xornadas levaranse a cabo dende o 17 de febreiro ao 30 de abril, coincidindo no tempo coa publicación da orde de axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove, que financia proxectos xuvenís de ata 4000€.

As solicitudes para que o teu concello acolla un destes obradoiros deberán enviarse vía correo electrónico antes do 14 de febreiro a través de este formulario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario