luns, 28 de febreiro de 2011

Programa ROTEIROS PARA A XUVENTUDE

O programa “ROTEIROS PARA A XUVENTUDE”, dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, é un programa de saídas de fin de semana que inclúe itinerarios da cultura mariñeira, rutas de sendeirismo de dificultade media, actividades náuticas e de multiaventura e de interpretación do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico.

O seu fin é fomentar o coidado do ambiente e gozar da paisaxe e do contacto coa natureza en distintos contornos privilexiados de Galicia.

O programa desenvolverase en fins de semana dende o 18 de marzo ata o 19 de xuño, agás na Semana Santa. En total ofértanse 1621 prazas

Este programa consta de varias actividades en diferentes localizacións xeográficas de toda Galicia:

  1. Na provincia da Coruña:

- Roteiros pola Costa da Morte.

- Paquete multiaventura “Dende o ar”

  1. Na provincia de Lugo:

- Programa Ás beiras do Pai Miño

- En Terras de Pambre

  1. Na provincia de Ourense:

- Programa A herdanza romana

- Programa multiaventura en Ourense

  1. Na provincia de Pontevedra:

- Roteiro N’Auga

- Programa multiaventura

- Programa Natureza e Aventura

- Programa Natureza e Cultura

Os interesados neste programa poden facer a reserva de praza chamando aos números de teléfono 981545822, 981545937, 981 541689, 981544869 e 981545702, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Podes descargar o pdf con mais informacion na paxina de www.xuventude.net

xoves, 24 de febreiro de 2011

Carne xoven

Hoxe se publican no DOG os novos prezos para a expidición dos carnés dirixidos á xuventude. O enlace se o queredes consultar é:

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/0c44c50a87c9bf52c1257840004c5338/$FILE/03800D006P020.PDF

Recordavos que o carne xoven o podedes emitir en boiro e que neste enlace podedes consultar mais informacion sobre os establecementos dos que podedes obter descontos neste concello e na provincia de A coruña.

http://xuventude.xunta.es/carne-xove.html

mércores, 23 de febreiro de 2011

Xuventude Galicia Net

O encontro informático Xuventude Galicia Net será en Santiago entre o 15 e o 17 de abril . Pouco se pode adiantar ata o de agora do programa da Party 2011, pero si que contará con novidades moi interesantes relacionadas coas últimas tendencias e tecnoloxía dixital. Dentro de poucas semanas habilitarase a páxina oficial deste evento e o xeito de anotarse.

O Consello da Xuventude de Galicia convoca un curso de HABILIDADES ASOCIATIVAS.


Esta formación realizada polo CXG ten o obxectivo de dotar de coñecementos e estratexias a persoa moza para acadar o máximo grao de eficiencia no desenvolvemento da súa vida asociativa. O curso está dividido en seis módulos: xestión de tempos, xestión de actividades, xestión da vida asociativa, xestión de subvencións e xestión contable. Cada un destes módulos ten unha duración de 8 horas lectivas impartidas en dúas sesións de 4 horas.

Esta formación realizarase mediante teleformación aproveitando a rede de telecentros que dispón o Centro Multimedia de Galicia . Os telecentros dende onde se pode asistir son: Abegondo, Ferrol, Lugo, Marín, Vigo, Vimianzo e Xinzo da Limia. Esta actividade iníciase o venres 4 de marzo . A actividade é gratuíta e o prazo de inscrición remata o luns 1 de marzo .

Para inscribirse só cómpre enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo: info@cxg.org



Se queredes solicitar máis información

CONSELLO DA XUVENTUDE DE GALICIA

R/ Doutor Teixeiro nº 26- baixo

Teléfono: 981 569 560 / 902 157 527
Fax: 981 563 488
Email: info@cxg.org
http://www.cxg.org


martes, 22 de febreiro de 2011

SVE de curta duracion

Queredes realizar un Sve pero non dispoñedes de 9 ou 12 meses para facelo, agora e a vosa oportunidade, a organización Studentiper solicita 4 voluntarios para realizar un SVE de 2 meses
de duración na cidade de Padova(cerca de Venecia) en Septembro e Outubro de 2011 para organizar un festival xuvenil en Outubro, as condicions son as mesmas que os SVE de larga duración(aloxamento e manutencion, viaxe de ida e volta incluidos)
Para mais informacion preguntar na Omix Boiro(981842635)

Cursos gratuítos da Rede Cemit

Curso de Xestión de Contidos (CMS)
Curso de Marketing en Internet

Para máis información


Enderezo: r/ Hórreo 61, 2º andar. CP: 15701. Santiago de Compostela
Telf: 902 222 321
Correo: formacion-cemit@xunta.es
Web-site: http://cemit.xunta.es

venres, 18 de febreiro de 2011

Probas para Certificados CELGA

Está aberto o prazo ata o 29 de abril de 2011 para matricularse nas PROBAS

PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, niveis Celga 1, 2, 3 e 4. Os exames terán lugar en xuño.


Máis información: http://www.xunta.es/linguagalega/convocatorias_de_formacion

Ofertas de emprego en Vilanova

O Diario de Pontevedra con data 16 de febreiro pública a noticia de que o Concello de Vilanova está recollendo os currículos das persoas interesadas en traballar na próxima apertura dun Centro Comercial que propiciará a creación de 450 postos de traballo

mércores, 16 de febreiro de 2011

Axudas para Programa de Inmersión Lingüística en colonias de vacacións verán de 2011

O Ministerio de Educación convoca, en réxime de concorrencia competitiva, 2.200 axudas para a participación nunha das colonias de dúas semanas de duración, organizadas polo Ministerio de Educación durante o mes de agosto de 2011.

Estas axudas distribúense á súa vez en dous grupos: Primeiro e segundo, de acordo cos requisitos que para cada un deles se establecen no apartado seguinte:
1.320 axudas de ata 476 € para o grupo primeiro.
880 axudas de ata 326 € para o grupo segundo.

Requisitos xerais que deberán cumprir todos os solicitantes
a) Poderá optar a estas axudas o alumnado que no presente curso 2010/2011 estea matriculado en centros sostidos con fondos públicos, nalgún dos cursos mencionados a continuación:
Quinto curso de Ensino Primario.
Sexto curso de Ensino Primario.
Primeiro curso de Ensino Secundario Obrigatorio.
b) A idade dos/ás participantes non poderá superar os 13 anos a data 31 de decembro de 2011.
- Os solicitantes que a data 31 de decembro de 2010 se encontren nalgunha das seguintes circunstancias, integrarán o denominado grupo primeiro, ao que se fai referencia o principio:
a) Orfandade absoluta do/da solicitante.
b) Pertencer a familias nas que algún membro estea afectado de minusvalía legalmente cualificada (en grao superior ao 65% para pai/nai/irmáns/ás do/da solicitante e superior ao 33% no caso de que a padeza o/a propio/a solicitante).
c) Pertencer a familias cuxo sustentador principal se encontre en situación legal de desemprego ou teña recoñecida a incapacidade permanente absoluta.
d) Pertencer a familia numerosa.
e) Pertencer a familia monoparental, cuxo sustentador principal sexa viúvo/a, pai ou nai en estado solteiro ou de divorcio, separación legal ou de feito.
- Os solicitantes que, reunindo os requisitos xerais, non se encontren en ningunha das circunstancias do apartado anterior formarán parte do denominado grupo segundo da convocatoria. Poderá incrementarse o número de axudas nun dos grupos se existise un exceso de solicitudes e para o outro grupo non se tivesen presentado suficientes.

Contía das axudas

1. A contía das axudas a que se refire a presente Resolución, se aboará directamente ás empresas que resulten adxudicatarias do concurso público convocado ao efecto e serán financiadas polo Ministerio de Educación.

2. A adxudicación dunha axuda dará lugar á asignación automática dunha praza para participar na actividade.
3. Non obstante o anterior, para completar o prezo total do programa, os beneficiarios pertencentes ao primeiro grupo aboarán 50 euros á empresa que resulte adxudicataria do procedemento aberto. No caso de que pertenzan ao segundo grupo a cantidade a aboar será de 200 euros.

Presentación de solicitudes
Os que desexen obter unha das axudas deberán cumprir en todos os seus apartados o modelo de solicitude cos datos do alumno solicitante, que figura na páxina Web: www.educacion.es a través dos seguintes enlaces: «Educacion/ Bolsas e Axudas/ Bolsas e axudas para estudar/ Para estudar Idiomas/ Colonias de verán en inglés».

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o día 7 de marzo de 2011.

Información

BOE do 10 de febreiro de 2011. http://www.boe.es/boe/dias/2011/02/10/

Xornadas sobre Politica e Xuventude

“A POLÍTICA DO SÉCULO XXI: NOVAS ESTRATEXIAS, NOVAS FERRAMENTAS COMUNICATIVAS”



Organiza:

Asociación Xuvenil Xuventudes Socialista de Boiro


Lugar:

Salón de Actos da Casa da Cultura Ramón Martínez López. Boiro (A Coruña)

Data:

19 de febreiro de 2011


Máis Información:

Na Casa da Cultura de Boiro ou no teléfono 981848425


Estas xornadas serán abertas a todos aqueles que queiran participar e aportar o seu punto de vista, animádevos a participar.



martes, 15 de febreiro de 2011

Actividades de Cooperacion

A Asociación para a Integración e o Progreso das Culturas, AIPC – Pandora, orgañiza a participación do voluntariado en microproxectos de Cooperación ó Desenrolo que se executarán perante o verán do 2011
Se trata de intervencions moi concretas no marco de proxectos de maior dimensión, a nivel de formación, atención social o educativa,
dotación de equipamiento... Ten unha duración de 21 días e son levadas a cabo por grupos de 5 a 10 voluntarios
Un total de 15 proxectos diferentes: cinco en Latinoamérica (Ecuador, Perú, Brasil y Argentina), nueve en África (Mali, Sudáfrica, Uganda,
Guinea Bissau, Senegal, Tanzania y Marruecos) y uno en Asia (India).
Si queres ver máis detalles:

http://www.aipc-pandora.org

CONGRESO INTERNACIONAL DE POLÍTICAS DE XUVENTUDE “ANO INTERNACIONAL DA XUVENTUDE”

Destinatarios:
A mocidade galega, informadores xuvenís, asociacións xuvenís,
grupos informais, técnicos de xuventude e entidades xuvenís.
Datas: 10 de marzo de 2011
Lugar: Hotel Congreso en Santiago de Compostela
Prazo e inscrición:
Programa e inscricións: a través da páxina web :xuventude.net,

cumplimentando e enviando o modelo de solicitude, antes do 28 de febrero

venres, 11 de febreiro de 2011

PROGRAMA NOITES SAUDABLES

O Programa Noites Saudables Para a Mocidade é un programa dirixido aos mozos e mozas de entre 18 e 35 anos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a Secretaría Xeral de Turismo.

O programa organizado pola Xunta de Galicia ten por finalidade promover o termalismo e o ocio entre a mocidade con estancias de fins de semana durante o mes de marzo (agás a fin de semana do 18 ao 20 de marzo) e as fins de semana do 1 ao 3 e 8 a 10 de abril, e inclúe dúas noites de estancia (venres e sábado) en cuarto dobre, uso dobre, réxime de media pensión (cea) con dous tratamentos específicos (un o sábado e outro o domingo).

Na iniciativa participan oito establecemento situados en oito concellos galegos. En total haberá 500 prazas dispoñibles durante cinco fins de semana. Os prezos de aloxamento, tratamentos específicos e demais actividades son un 50% máis baratos que si se contratan fora do programa.

O prazo de inscrición comeza o día 14 de febreiro. A reserva de praza e inscrición será a través de chamada telefónica aos números de teléfono 981 545822, 981541689, 981545937 ou 981 545702, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:30 horas.

xoves, 10 de febreiro de 2011

Beneficiarios Axudas Transporte Concello de Boiro

Xa podedes consultar na web do Concello ou na oficina Omix os/as beneficiarios/as das axudas de transporte universitario.

Ofertas de Traballo en Eurodisney

A través de EURES se convocan 600 postos de traballo en EURODISNEY Paris.

Os postos disponibles están relacionados con Recepción, Restauración, Animación, Venta e park support. Para todos os postos e imprescindible ter conocimientos de FRANCÉS.

Os requisitos que se piden son:
Os especificados para cada posto.
Ter 18 anos mínimo.
Ter sentido da comunicación e experiencia en servicios a clientes.
Ter bo nivel de francés. O dominio del inglés e imprescindible nos postos de recepción.

Para máis información, poñerse en contacto co Conselleiro EURES da tua provincia.

Amplia información na web:

emprego.xunta.es/cmspro/contido/demandante/eures/euresPontevedra/

A través de EURES se convocan 600 puestos de trabajo en EURODISNEY Paris. Disneyland París, está situado a 40 kilómetros al este de París en el sector de Marne La vallée. El complejo, compuesto por dos parques temáticos, Disneyland Park y Walt Disney Studios, siete hoteles, dos centros de convenciones, campo de golf y una zona dedicada a la noche, el Disney Village con discoteca, restaurantes, bares, cines, espectáculos y tiendas. Los puestos que hay disponibles están relacionados con Recepción, Restauración, Animación, Venta y park support. Para todos los puestos es imprescindible tener conocimientos de FRANCÉS.

Los requisitos que se piden son:
Los especificados para cada puesto.
Tener 18 años mínimo.
Tener sentido de la comunicación y experiencia en los servicios a clientes.
Tener un buen nivel de francés. El dominio del inglés es imprescindible en los puestos de recepción.

Para más información, ponerse en contacto con el Consejero EURES de tu provincia. Amplia información na web:

emprego.xunta.es/cmspro/contido/demandante/eures/euresPontevedra/

Conselleiras EURES Pontevedra
María Teresa Serrano Moreno
Teléfono: +34 986 81 77 47
Fax: +34 986 81 76 21
Correo electrónico: eures-pontevedra.serrano@sepe.es Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo

Elisa González Pérez
Teléfono: +34.986.60.13.32
Fax: +34.986.60.41.19
Correo electrónico: eures-pontevedra.gonzalez@sepe.es Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo


Elisa González Pérez
Teléfono: +34.986.60.13.32
Fax: +34.986.60.41.19
Correo electrónico: eures-pontevedra.gonzalez@sepe.es Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo

Becas para estudiar ingles

Education First España convoca o primeiro concurso anual para o aprendizaxe eo perfeccionamento de inglés durante o ano 2011.

EF concederá tres becas totales para un curso de inglés en Bristol de 6 meses de duración e becas parciais de 10% a 30% do valor do curso de 6 ou9 meses en Dublín, Malta ou Chicago.

Requisitos para poder participar no concurso son: ter máis de 15 anos, ter residencia española e cubrir o formulario na páxina web: www.ef.com.es/splash. Despois de inscribirse, os interesados deberán elaborar un ensaio con un mínimo de 200 palabras sobre o tema "por qué queres estudiar un ano académico no extranjero" ata 18 de febrero.

O prazo de presentación da solicitud e ata o 18 de febrero de 2011.

Becas CIRCLES OF EUROPEAN INTEGRATION

COINED en España convida a participar de 6 becas otorgadas para o proxecto CIRCLES OF EUROPEAN INTEGRATION, enmarcado dentro do Programa “Europe for Citizens” que l Unión Europea (UE) puxo en marcha para el desarrollo do concepto de cidadanía entre os habitantes da UE.

O proxecto esta destinado a personas de todas as idades interesadas en vivir unha experiencia intercultural nun país extranxeiro, involucrándose ao mesmo tempo, en proxectos pertencentes a ONGs que promoven a participación e o compromiso dos ciudadans no desenvolvemento social.

A conferencia final realizarase en Berlin unha vez finalizado o proxecto de movilidade.

O único requisito indispensable e tener conocimientos de : Inglés, Alemán, Polaco ou Esloveno.

As datas da movilidade serán do 21 de Marzoao 21 de Abril de 2011.

El plazo límite de solicitud es el 11 de Febrero.

Amplia información en la web www.cei-project.eu/

Becas da Fundación Galicia Europa

A Fundación Galicia Europa convoca varias becas e axudas para o ano 2011:

* Beca para a formación en prácticas de licenciados en gestión de proxectos europeos de I+D+i no ámbito sanitario (2011)
* Becas de formación en asuntos europeos para titulados universitarios nas oficinas da Fundación Galicia Europa (2011)
* Becas de especialización sobre a Unión Europea en centros universitarios belgas (2011)
* Axudas económicas para prácticas non remuneradas en instituciones de la Unión Europea (2011)
* Estadías cortas para personal de entidades membro e asociadas ao Patronato da Fundación Galicia Europa (2011)

Amplia información en el enlace: http://fundaciongaliciaeuropa.eu/tipo2.asp?idSeccion=8

Becas para licenciados/as en Historia en Polonia

College of Europe convoca 10 becas para licenciados/as en Historia en Polonia que queiran seguir o programa de postgraduados en estudios interdisciplinarios europeos no campus Natolin de Varsovia (Polonia).
A tesis debe tratar sobre a historia recente de Europa ou a civilización europea. A data límite de presentación e o 28 de Febrero de 2011.

Amplía información en: www.coleurope.eu

Bolsa de colaboración para tarefas de información turística

O Concello de Porriño convoca dúas bolsas de colaboración para seleccionar dúas persoas bolseiras que realizarán tarefas de información turística.
O sistema de selección é concurso de méritos.

As instancias presentaranse nun prazo de cinco días contados a partir da publicación do anuncio no Faro de Vigo (ata o 11 de febreiro de 2011) no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 h ou en calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/92.

Actividades de cooperacion internacional

Cooperación Internacional


A Asociación para a Integración e o Progreso das Culturas, AIPC – Pandora, orgañiza a participación do voluntariado en microproxectos de Cooperación ó Desenrolo que se executarán perante o verán do 2011

Se trata de intervencions moi concretas no marco de proxectos de maior dimensión, a nivel de formación, atención social o educativa, dotación de equipamiento... Ten unha duración de 21 días e son levadas a cabo por grupos de 5 a 10 voluntarios

Un total de 15 proxectos diferentes: cinco en Latinoamérica (Ecuador, Perú, Brasil y Argentina), nueve en África (Mali, Sudáfrica, Uganda, Guinea Bissau, Senegal, Tanzania y Marruecos) y uno en Asia (India).

Si queres ver máis detalles:

.http://www.aipc-pandora.org

Bolsas para estudios artisticos

A Deputación da Coruña convoca 18 bolsas para o perfeccionamento de estudos artísticos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia durante o período 2011-2012, distribuídas nas seguintes áreas:

Área de artes plásticas: 3 bolsas
Área de danza: 2 bolsas
Área de interpretación: 4 bolsas
Área de música: 6 bolsas
Área de imaxe: 3 bolsas
Poderán participar nesta convocatoria todas as persoas que residan na provincia da Coruña e que pretendan realizar estudos de perfeccionamento artístico fóra de Galicia, para o que deberán reunir os seguintes requisitos:
Ter nacido a partir do día 1 de xaneiro de 1981 (incluído éste)
Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 15 de marzo de 2011.
Máis información no BOP da Coruña do 2 de febreiro de 2011 e en www.dicoruna.es

mércores, 9 de febreiro de 2011

Mediateca do Centro Social

Xa podes consultar as ultimas novidades da mediateca do Centro Social onde podes atopar clasicos do cine, cine español ou coleccións completas como a de Audrey Hepburn, El Padrino, La guerra de las Galaxias, Ciclo de Woody Allen...poderas reservar o teu dvd durante unha semana, agardamoste na Biblioteca do Centro Social todos os días de 9 a 14h.

luns, 7 de febreiro de 2011

“Airiños de Rock & Roll”


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o encontro de músicos “Airiños de Rock & Roll”, un concurso no que dúas bandas terán a posibilidade de tocar en directo no Coliseum da Coruña o 26 marzo acompañando a DEF CON DOS e O’FUNK’ILLO.

Ademáis tódolos membros dos grupos que se inscriban poderán conseguir invitacións para acudir ao concerto e mais ao encontro de músicos, no que haberá unha Master Class impartida polo baixista PEPE BAO (para conseguir as invitacións consultar as bases).

O prazo de inscrición ábrese o 18 de xaneiro e a recepción de inscricións remata o día 18 de febreiro de dous mil once.

Inscríbete e baixa as bases en www.xuventude.net


mércores, 2 de febreiro de 2011

Beca para Artistas en Eslovenia

Ofertase unha beca para artistas para realizar unha estancia en Maribor(Eslovenia)
durante 1 mes para desenvolver un proxecto artístico.

En esta estancia se realiza un intercambio con outros artistas de diferentes paises e ao
remate se publicará unha guia, un libro e un Dvd cos resultados e os datos dos artistas
implicados.

O proxecto cubre gastos de desprazamento(avión ata o destino ida e volta) aloxamento
e unha "beca/bolsa" de 800 euros.

Para poder solicitar o proxecto debedes mandar: o Cv, unha carta de Motivación cas razóns
por as cales vos interesa o proxecto e unha breve descripcion da experiencia ou traballos
que levades realizados, ao correo info@todofume.com indicando en asunto Beca proxecto
Maribor(Eslovenia).
Toda esta información debe de entregarse en Inglés e Castelán antes do 20 de Febreiro.

Agardo que vos animedes.
Saudos

martes, 1 de febreiro de 2011

Nova Viaxe a Neve(estación de San Isidro


Viaxe a neve a estación de San Isidro os días 25, 26 e 27 de Febreiro
Prazo para inscripción ata o 12 de Febreiro.

Prezo: 92 euros

inclúe: transporte dende Boiro ou Santiago ata León, aloxamento no Albergue de Bustiello(con comida e cea) e Forfait para toda a fin de semana.

Saída: dende a casa da Cultura as 24.00h do Venres 25 de Febreiro e regreso o domingo 27 de Febreiro as 16.00h.

Inscripcións no Centro Social. Teléfono 981842635

Animádevos xa quedan poucas prazas!!!

Axudas para ASOCIACIONS E GRUPOS INFORMAIS

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos dirixidos á mocidade da Comunidade Autónoma de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2011, e nos cales os mozos e mozas participan activamente en actividades deseñadas por eles/elas mesmos/as.
Para os efectos desta orde considéranse áreas de atención prioritarias para desenvolver mediante as iniciativas xuvenís as seguintes:
a) Proxectos de ocio e lecer educativo.
b) Proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías.
c) Proxectos de fomento de actitudes creativas, emprendedoras, innovadoras e participativas dos xoves na súa comunidade e contorno.
A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

Destinatarios:
a) Os grupos informais de mozos/as que desexen realizar unha iniciativa xuvenil.
b) As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade que carezan de interese de lucro e as súas respectivas federacións sempre, que, no caso destas últimas, o proxecto que presentan non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman.

Requisitos:
1. As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade e as súas respectivas federacións, deberán estar inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
2. Os grupos informais deberán estar formados por un mínimo de 5 mozos/as con idades comprendidas entre os 18 e os 29 anos no momento de presentar a solicitude, debidamente identificados/as, asumindo un deles o papel de representante único do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden ao grupo. Así mesmo, será necesario que o grupo teña unha denominación que o identifique.
A contía máxima da axuda concedida será de 7.000 € e non poderá superar o 80% do orzamento total.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 1 de marzo de 2011.
Máis información no DOG do 31 de xaneiro de 2011 e no Teléfono Xove: 902 15 25 35