martes, 31 de outubro de 2017

Taller de Son, Imaxe e Comunicación gratuíto


Taller de Son, Imaxe e Comunicación (5ª Ed.) que desenvolve a Fundación Paideia e a Asociación DELOA en colaboración ca Escuela de Organización Industrial. Aberto prazo de inscrición.

Está dirixido a moz@s desempregad@s e inscrit@s no Sistema de Garantía Xuvenil, que non están integrados en ningún itinerario educativo. Terá lugar entre 14 de decembro e o 16 de febreiro en Padrón (A Coruña). Trala participación no Taller, existe posibilidade de acceso a estancias de prácticas formativas no estranxeiro ou contratación laboral en empresas galegas.

Máis información e inscricións na página web ou no telf. 981 817 000.


venres, 27 de outubro de 2017

CERTAME DE MÚSICA XOVE EMERXENTE

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia pon en marcha o certame Música Xove Emerxente, cos obxectivos de ofrecer aos novos grupos musicais galegos ferramentas de participación en accións que faciliten a promoción da súa creatividade, de establecer un espazo de encontro, coñecemento, información e formación e, sobre todo, de relacións.
Trátase dun espazo aberto cara a creatividade e talento dos mozos e mozas, así como a creación de oportunidades mediante o intercambio e posta en común de ideas.
PARTICIPANTES
Poderán participar todos os grupos musicais compostos por mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia.
Nos grupos musicais haberá, polo menos, dous membros menores de 30 anos. 
Os músicos non poderán aparecer en máis dun grupo dos que participen no certame.
CONDICIÓNS XERAIS
Os grupos que desexen participar deberán rexistrarse e inscribirse na páxina web www.musicaxoveemerxente.gal   
As condicións de inscrición serán as seguintes:
- Pequeno dossier do grupo en PDF no que se incluirán os contactos de todos os membros do grupo, (teléfonos e direccións de correo electrónico correctamente identificados cos seus nomes e tamén as súas datas de nacemento). 
- Plano de escenario en PDF (e a poder ser, especificacións técnicas e listaxe de canles).
- 3 imaxes actuais do grupo (fotos, logo..).
- 2 ligazóns de vídeos dalgunha das súas actuacións ou videoclips.
- Entre 2 e 4 temas en formato MP3 gravados polas formacións inscritas (Indicando o título de cada canción e o nome do grupo).
- Ligazóns con calquera dirección URL que achegue máis información do grupo (web, facebook, bandcamp, twitter, instagram etc.).
INSCRICIÓNS
Cada grupo deberá inscribirse no apartado da provincia  que lle corresponda, segundo se indica na páxina web.
A inscrición será na web destinada ao certame www.musicaxoveemerxente.gal  Cada grupo deberá rexistrarse e subir a información solicitada.
prazo de inscrición abrirase entre o 1 e o 27 de novembro  de 2017.

Escola de baile







O vindeiro xoves 2 de novembro comezamos cas clases de baile para @s máis pequen@s(a partir de 4 anos)

Máis información e inscricións no Centro Social de Boiro

xoves, 26 de outubro de 2017

Curso online aberto masivo (MOOC) sobre os fundamentos da política da mocidade

Ofrecido pola asociación entre a Comisión Europea e o Consello de Europa no ámbito da mocidade, o curso dotará aos estudantes das competencias básicas para participar na política de mocidade. Os participantes aprenderán sobre os elementos esenciais da política de mocidade, os pasos da política de mocidade (desenvolvemento, entrega, avaliación) e o seu impacto na vida dos mozos.
O curso é aberto e gratuíto para calquera persoa interesada. Anímase a participar aos responsables da política da mocidade de diferentes niveis, aos traballadores xuvenís xa os dirixentes xuvenís, ás ONG xuvenís xa os investigadores novos a participar
Datas:  do 30 de outubro ao 11 de decembro de 2017.

Recoñecemento da educación non formal polo INJUVE

Se participaches en actividades do INJUVE esta nova te interesa...

O Consello Interterritorial da Mocidade, integrado polo INJUVE e os organismos de mocidade das comunidades autónomas, aprobou na súa reunión mantida o 10 de outubro en Xixón (Asturias), o proxecto para desenvolver un sistema de recoñecemento da educación non formal no ámbito de mocidade.
Este proxecto, que foi elaborado nos últimos meses por un grupo de traballo formado por persoal técnico do Injuve e dos organismos de mocidade das comunidades autónomas, baséase no desenvolvemento, modificación e ampliación do sistema actual RECOÑECE (impulsado polas entidades Don Bosco, ASDE Scouts e DIDANIA), xa en funcionamento, que certifica as competencias adquiridas a través do voluntariado xuvenil.
Mediante o novo sistema xeral de recoñecemento acreditaranse as competencias adquiridas polos mozos a través da súa participación nas actividades de diversa índole ofrecidas polo INJUVE, os organismos de mocidade de comunidades autónomas, concellos, consellos de mocidade, asociacións e entidades xuvenís, escolas de tempo libre, casas de mocidade, centros de información xuvenil e outros programas de mocidade.
Será un único sistema, no que se poderá solicitar o recoñecemento de competencias adquiridas na realización do conxunto de actividades do sistema de mocidade de educación non formal: voluntariado xuvenil, actividades de animación e dinamización no tempo libre, participación en asociacións xuvenís e consellos de mocidade, intercambios xuvenís, cooperación ao desenvolvemento, cultura ou arte nova, información e orientación para mozas, feiras de asociacións, cursos e talleres formativos en materia de emprego, saúde, medio ambiente, etc.
O proxecto está orientado fundamentalmente a mellorar a empregabilidade dos mozos/as, aínda que tamén a fomentar a súa implicación en actividades de voluntariado, así como a empoderalos mediante a acreditación dos coñecementos que adquiriron a través da súa participación en actividades xuvenís. Será un procedemento gratuíto, telemático e permanente.
Durante o próximo ano levarán a cabo as modificacións necesarias no actual RECOÑECE para que o novo sistema xeral poida presentarse e entrar en funcionamento en 2019. Nunha primeira fase do proxecto, durante os primeiros meses de 2018, o actual sistema RECOÑECE, de acreditación e recoñecemento do voluntariado xuvenil, ampliarase á participación de organismos e entidades de mocidade das administracións que dispoñan ou apoien programas de voluntariado xuvenil.
http://www.injuve.es/empleo/noticia/aprobado-el-nuevo-sistema-de-reconocimiento-de-la-educacion-no-formal

mércores, 25 de outubro de 2017

Programa SOY EMPRENDEDOR

A Rede Araña e a Fundación Incyde, en colaboración co Concello de Riveira e a Asociación Boirense de Empresarios, van poñer en marcha na comarca de Barbanza o programa SOY EMPRENDED@R, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
Trátase dun programa de formación teórico-práctica que inclúe diversas accións tales como formación grupal, titorías individuais e acompañamento (mentoring) por parte de expertos de diversas materias.
Está dirixido a mozos e mozas en situación de desemprego menores de 30 anos que non estean cursando estudos regrados e estean inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil.
Os interesados poden anotarse na web http://www.soyemprendedorgalicia.es ou presencialmente no Viveiro de Empresas de Riveira ou na sede da Asociación Boirense de Empresarios. O prazo finaliza o 27 de outubro.
Información: Tel. 988 39 15 15 / 665 761 939, soyemprendedor@empleoenred.org e www.soyemprendedorgalicia.es.

luns, 23 de outubro de 2017

400 prazas de formación e contratación para xóvenes Garantía Xuvenil en Galicia

A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia e o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda dixital desenvolven este proxecto formativo gratuito para 401 xóvenes con compromiso de contratación laboral.
Os xóvenes que deben estar inscritos no programa de Garantía Xuvenil, son menores de 30 anos, desempregados e con estudos finalizados e que queran formarse nas tecnoloxías e programas formativos con maior demanda en España.
Os programas formativos teñen unha duración entre 275 e 330 horas, e realizaranse durante 2,5 meses pola mañan nas cidades de Vigo, Santiago de Compostela e Madrid.
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 31 de outubro.

Proxecto para emprendedores




....máis info na ABE Boiro

Programación cultural do fin de semana en Boiro

Venres, 27 de outubro ás 19:30 h
Biblioteca municipal
Contacontos obradoiro
A partir de 4 anos • Aforo limitado • Para asistir recoller invitacións na Biblioteca Municipal

Venres, 27 de outubro ás 21h
Casa da cultura Ramón Martínez López
Destinada a público familiar. A partir de 9 anos

venres, 20 de outubro de 2017

Teatro en boiro

Hoxe na Casa da Cultura



e mañá na Biblioteca da Casa da Cultura

Xornadas micolóxicas en Boiro








O Sábado 4 de Novembro haberá unha charla no Centro Social De Boiro sobre información dos cogumelos e o domingo 5 de Novembro haberá unha saída para recolectar cogumelos, e despois degustación no Café Bar Tres Catorce, en Boiro.
Inscripción no teléfono 639577890 (Pili) ou no Centro Social de Boiro


Iniciativa ecolóxica en familia