xoves, 26 de outubro de 2017

Recoñecemento da educación non formal polo INJUVE

Se participaches en actividades do INJUVE esta nova te interesa...

O Consello Interterritorial da Mocidade, integrado polo INJUVE e os organismos de mocidade das comunidades autónomas, aprobou na súa reunión mantida o 10 de outubro en Xixón (Asturias), o proxecto para desenvolver un sistema de recoñecemento da educación non formal no ámbito de mocidade.
Este proxecto, que foi elaborado nos últimos meses por un grupo de traballo formado por persoal técnico do Injuve e dos organismos de mocidade das comunidades autónomas, baséase no desenvolvemento, modificación e ampliación do sistema actual RECOÑECE (impulsado polas entidades Don Bosco, ASDE Scouts e DIDANIA), xa en funcionamento, que certifica as competencias adquiridas a través do voluntariado xuvenil.
Mediante o novo sistema xeral de recoñecemento acreditaranse as competencias adquiridas polos mozos a través da súa participación nas actividades de diversa índole ofrecidas polo INJUVE, os organismos de mocidade de comunidades autónomas, concellos, consellos de mocidade, asociacións e entidades xuvenís, escolas de tempo libre, casas de mocidade, centros de información xuvenil e outros programas de mocidade.
Será un único sistema, no que se poderá solicitar o recoñecemento de competencias adquiridas na realización do conxunto de actividades do sistema de mocidade de educación non formal: voluntariado xuvenil, actividades de animación e dinamización no tempo libre, participación en asociacións xuvenís e consellos de mocidade, intercambios xuvenís, cooperación ao desenvolvemento, cultura ou arte nova, información e orientación para mozas, feiras de asociacións, cursos e talleres formativos en materia de emprego, saúde, medio ambiente, etc.
O proxecto está orientado fundamentalmente a mellorar a empregabilidade dos mozos/as, aínda que tamén a fomentar a súa implicación en actividades de voluntariado, así como a empoderalos mediante a acreditación dos coñecementos que adquiriron a través da súa participación en actividades xuvenís. Será un procedemento gratuíto, telemático e permanente.
Durante o próximo ano levarán a cabo as modificacións necesarias no actual RECOÑECE para que o novo sistema xeral poida presentarse e entrar en funcionamento en 2019. Nunha primeira fase do proxecto, durante os primeiros meses de 2018, o actual sistema RECOÑECE, de acreditación e recoñecemento do voluntariado xuvenil, ampliarase á participación de organismos e entidades de mocidade das administracións que dispoñan ou apoien programas de voluntariado xuvenil.
http://www.injuve.es/empleo/noticia/aprobado-el-nuevo-sistema-de-reconocimiento-de-la-educacion-no-formal

Ningún comentario:

Publicar un comentario