mércores, 30 de xaneiro de 2013

Ofertas de emprego

Boletin PONTEemprego nº 122 de data 30/01/2013
http://ow.ly/hfSWj

Praza libre para SVE

SVE en FRANCIA - servicio de voluntariado europeo

Lugar: Saintes (Francia oeste )
Duración: 1 ano (septembro 2013 – 2014)

Tema: arte e cultura - nenos
Actividades: organizar obradoiros culturais, traballos de oficina (manter contactos con colaboradores europeos, organizar intercambios), colaborar na organizaciòn do Festival de Saintes (xullo 2014), actividades con mozas e mozos da comunidade local

màs info: acercarse á nosa oficina

Se tedes oportunidade..unha proposta de teatro interesante



VENRES 1 DE FEBREIRO
19:00 Apertura da Festa de Teatro Emerxente
20:30 "Mambo" de EscénaTe (tódolos públicos)
SÁBADO 2 DE FEBREIRO
12:30 "Laranxus 7" de Artefakto Teatro (infantil)
19:00 "Igual que los tuyos" de Art-Monium (maiores de 10 anos)
19:30 "Julieta Virutal" de Anómico Teatro (adultos)
20:30 "Malena llena eres de gracia" de Compañía d'As Marías (adultos)
23:00 "Improperio" de Triatreros (tódolos públicos)
DOMINGO 3 DE FEBREIRO
12:30 "Con Moito Conto" da Fundación Igualarte (infantil)
19:00 "Hámster" de Triatreros (adultos)
20:30 Clausura da Festa de Teatro Emerxente

 Se queres máis info





Bolsas para un máster de Pel para artesáns galegos

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño convoca tres bolsas de formación para impulsar a especialización de artesáns galegos.
A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño apoiará os seleccionados co 40% da matrícula dun Máster de Deseño en Pel organizado pola Fundación Loewe.
Os interesados poden presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 5 de febreiro.
As axudas, dirixidas a artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, supoñen o 40%  da matrícula do máster e ascenden a 2.500 € cada unha.
O Máster de Deseño en Pel, baixo a dirección de Enrique Loewe, desenvolverase na cidade andaluza de Ubrique do 4 de marzo ao 21 de maio.
Máis información en https://artesaniadegalicia.xunta.es

Curso para asociacións: xestión de subvencións

Preme aquí  para información e inscricións

martes, 29 de xaneiro de 2013

Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven

Medidas que se están negociando...


Bolsas do Ministerio de Educación

Convócase un total de 72 becas de formación e investigación en réxime de concurrencia competitiva, no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, das cales 13 serán de formación en documentación e lexislación educativa; 16 en observación e deseño de cualificaciones profesionais; 9 en investigación, innovación educativa e bilingüismo; 6 en avaliación educativa; 18 en tecnoloxías da información e a comunicación aplicadas á educación; e 10 en documentación, biblioteca, arquivo e estatísticas educativas.

Información

Formación gratuíta para mozos desempregados

Moi interesante esta formación que colga ArousaNorte na seu blog de emprego

Modalidade Elearning
Modalidade Presencial

Premios e certames

 XVII Certame de poesía Francisco Añon. (Concello de Outes)

Premios Virxe do Carmen para 2013  

CURSO INFORMACIÓN XUVENIL ESPECIALIZADA NA ÁREA DE EDUCACIÓN

Duración: 30 horas
Datas do curso: Do 7 ao 28 de decembro . A sesión presencial terá lugar no Espazo Xove (Casa da Xuventude) de Noia o día 7 de decembro  de 12 a 14 horas.
Prazo para presentar solicitudes : O prazo remata o día 28 de novembro de 2012 as 14.00 horas.
Máis información: Espazo Xove de Noia
Casa da Xuventude
Pedra Sartaña
15200 Noia
Telf. 981 823 802

CURSO DE ANIMACIÓN CULTURAL

Este curso comprende unha parte teórica en modalidade online e unha parte presencial no Espazo xoven de Betanzos,

Máis información: Espazo Xove de Betanzos
Casa da Xuventude de Betanzos
Teléfono: 981 774.089.
R/ Valdoncel, 7
15300 Betanzos
A Coruña
Formulario de Solicitude

Curso de manipulador de alimentos

O sábado día 2 de febreiro realizarase un curso de manipulador de alimentos na Casa da Cultura de Boiro.
Para máis información chamar ao tlf 981873507 ou ao 981848425.

luns, 28 de xaneiro de 2013

XORNADA SOBRE EMPRENDEMENTO E CREACIÓN DE AUTOEMPREGO

 Número de prazas: 30.
Modalidade: presencial.
Lugar de impartición: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil. Santiago de Compostela.
Data de inscrición: ata as 14:00 hrs., do día 15 de febreiro de 2013 no portal www.xuventude.net.
Data de realización: 22 de febreiro de 2013.  De 10:00 ata 14:00 hrs.
Envia o seguinte formulario para a tua inscrición:
Formulario de Solicitude
Ós seleccionados comunicaráselles a súa admisión por email ou teléfono.
Mais Información: Teléfono: 881997608/9


Esta semana..Automaquillaxe

Recordade, temos o curso de AUTOMAQUILLAXE o sábado día 2 de 16h a 21h, xa non quedan prazas para este día pero estamos organizando unha nova edición, así que se estas interesado pásate polo Centro Social.

Curso de inglés profesional gratuito

Terá unha duración de 12 semanas e comezará o próximo 31 de xaneiro.
Podes inscribirte a través desta páxina web.

Curso de Organización de ludotecas e recursos para a animación á lectura e á escritura dentro dun marco non formal

Data de inscrición: Dende o día 24 de xaneirode 2013.
Datas de realización: do 15 febreiro - 13 de marzo.
Horario titorías: martes de 10:00 a 13:00 h; mércores de 16:00 a 18:00 h
Formulario de solicitude

venres, 25 de xaneiro de 2013

Un curso moi interesante




“taller de márketing vivo para empresas turísticas” 

Data de realización: 07/02/2013
Horario: de 17.30 a 19.00 h
Lugar: centro social do Concello de Boiro
Destinatarios: principalmente traballadores de empresas turísticas
Prazo para presentar a solicitude: 04/02/2013
Prazas limitadas

Ofertas de emprego e boletins

Ofertas de emprego, hoxe podes atopar algunha oferta para Boiro
Boletin Ponteemprego do 25/01/2013 http://ow.ly/h7uPt

xoves, 24 de xaneiro de 2013

Ofertas de prazas para ensino público

Neste enlace podes acceder a consultar o número de prazas convocadas no ensino público

Proxectos de Voluntariado Europeo

- Proxecto en Hungria
Comezo en 06/04/2013 e remataría en setembro do 2013

- Proxecto en Letonia
Comezo en 01/09/2013 e remataría en setembro do 2014

- Proxecto en Luxemburgo
 Comezo en 01/06/2013 e remataría en maio do 2014

Ofertas de emprego e boletíns de emprego

Pincha para ver as ofertas

Axudas para mozos

Bolsa do Real Instituto e Observatorio da Armada sobre Astronomía, Xeodesia, Xeofísica, Metroloxía e Historia.

Bolsas para postgraduados en Patrimonio Nacional 
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 6 de febreiro de 2013.
Máis información no BOE do 22 de xaneiro de 2013 e en www.patrimonionacional.es

Programación para o fin de semana

Aquí vos deixo algunhas opcións culturais para esta fin de semana...

Venres 25 de febreiro


A partir das 19:30h
II Encontro de Música e Baile Tradicional  na Estación LeñaVerde(Centro Social de Boiro) 
Podedes ver o cartel con todos os grupos que participan no facebook da Escola de música
(Boiro Escola de Música) 

A partir das 20:00h
Inauguración da exposición de escultura de Che Tembra no auditorio de Rianxo, a continuación presentarase o libro de Mª Teresa Alvajar López " Memorias dunha republicana".

A partir das 20:30h
Xornada literaria "Celestino García Romero na memoria" da asociación Ofaiado2 noCentro Etnográfico da Comunidade de Montes de Comoxo

 A partir das 23:00h
Concerto de GUEZOS no Curral do Marqués, Taragoña (Rianxo)  as 23:00h



A partir das 23:00h
 FESTA "INDIE POP-ROCK" + "INDIE-ELECTRÓNICO" 
co dj Dani Fontaíña en bar A Caseira(ao lado do centro de saúde)

Domingo 27 de febreiro

A partir das 17:30h
Payasolandia " Marilyn, princesa de los niños"
Casa da Cultura de Boiro

Curso gratuito sobre empresas culturais

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela inaugurará o 4 de febreiro (18:00 horas) o programa de creación e consolidación de empresas culturais e creativas, que se impartirá de forma gratuíta no viveiro de empresas de Costa Vella.

Máis información en: http://www.camaracompostela.com/ 

Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com

mércores, 23 de xaneiro de 2013

Curso de Stop Motion


Curso STOP MOTION en Noia

                                O sábado 2 de febreiro de 11:00 - 14:00
                                   na Academia Davinci de Noia

                                Infórmate en bisgue@facebook.com

Intercambio xuvenil en AUSTRIA.

Bùscanse 6 participantes:
- tres entre 15 e 21 anos
- dous entre 18 e 25
- un teamleader sen lìmite de idade



Te interesa?

O intercambio será do 25 - 31 marzo 2013 e podedes anotarvos ata o 1 de febreiro

MAIS INFORMACION: omix@boiro.org

Obradoiro de iniciación fotográfica



Contidos:  
 
Coñecemento da cámara dixital , ópticas, programas e funcions.

Aprendizaxe de recursos básicos da imaxe fotográfica como ferramenta de expresión.

Saída /práctica.   Visionado e comentario das fotos.
 
Horario:  luns de 20 a 21´30 h.8 clases  , total 12 horas.
Inicio:   4 febreiro  2013.     No Centro Social de Boiro.


Información  Tlf. 981842635/626028887  ou   ollaparo@gmail.com
 

Premios e certames

41ª edición do premio literario Minerva do Colexio Peleteiro 
Información

Convocado concurso vídeo Fundación Banco Santander.
Información 

CONCURSO DE DESEÑO DO CARTEL DO CERTAME XUVENTUDE CREA 2013 
Información

Programa de Bolsas Eduarda Justo 2013

Destinado á  realización de programas de postgrao, preferentemente Máster en Dirección de Empresas (MBA) nas mellores universidades e escolas de negocio do mundo.

A Fundación ofrece dúas roldas de presentación de solicitudes: a primeira finaliza o 15 de marzo de cada ano, a segunda o 1 de maio.
Podes consultar toda a información sobre esta convocatoria de bolsas na páxina web da Fundación Eduarda Justo

venres, 18 de xaneiro de 2013

Hoxe..Concerto

Hoxe no Bar plaza en Ribeira: Loren Tevra e Thais 

Programa de termalismo con COGAMI

Mais información neste enlace

Prácticas en Vigo Zoo

O Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo convoca 4 bolsas para a realización de prácticas no Departamento de Educación Ambiental que o OO.AA. Vigo-Zoo porá en funcionamento para o ano 2013: 4 bolsas de 6 meses de duración de 20 horas semanales de reforzo ao persoal do Departamento de Educación e que cubrirían tamén os fins de semana e festivos en quendas. A dotación total da bolsa é de 2.700 €. As bolsas comezarán entre o 15 e o 30 de marzo de 2013. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de xaneiro de 2013. Máis información no BOP de Pontevedra do 16 de xaneiro de 2013 e en www.vigozoo.com

VII Encontro Arqueolóxico do Barbanza


Curso de Stop Motion

Curso de animación ca técnica Stop Motion. Impartirase os sábados nos meses de Febreiro e Marzo na Academia Davinci en Noia. Cunha duración de 24 horas repartidas en 8 sesións. Aprenderás a utilizar as técnicas de animación stop motion para confección dunha película de animación.

mércores, 16 de xaneiro de 2013

Boletins de emprego e mais

Boletin socialia

Boletín xuventude

Prazo de inscrición aberto para os cursos

Xa te podes inscribir nos cursos de novas tecnoloxías do mes de Febreiro.


Folla de cálculo, 5 ao 12 de febreiro de 11h a 13

Edición e montaxe de video, do 13 ao 20 de febreiro de 11h a 13h
Inscribete (*tamen podes facelo no Centro Social ou no mail)
 

Fotografía dixital. 1 de febreiro a partir das 10h
Retoque fotográfico. do 13 ao 20 de febreiro de 11h a 13h
Inscribete (*tamen podes facelo no Centro Social ou no mail)

CONCURSO DE DESEÑO DO CARTEL DO CERTAME XUVENTUDE CREA 2013

Bases para a presentación de obras ao Concurso de deseño do cartel do certame Xuventude Crea 2013

Festival audiovisual cortocircuito 2013

Está aberto o prazo de inscrición para o Curtocircuíto 2013 ata o 10 de febreiro do 2013. Podes descargar aquí as bases en galego, español e inglés.

martes, 15 de xaneiro de 2013

Obradoiro de automaquillaxe

  Monográfico de automaquillaxe impartido por Trini Fernandez Silva, gañadora do premio María Casares 2012 e profesional con un amplio curriculum

Data: sábado 2 de febreiro de 16h a 21h
Lugar: centro social de Boiro
Inscricións na OMIX (981842635/omix@boiro.org)

Premios e certames literarios

PREMIO LITERARIO MINERVA
O Colexio M. Peleteiro convoca a 41ª edición do Premio literario Minerva.
O prazo de presentación estará aberto ata o día 8 de marzo de 2013.
A entrega de premios terá lugar o día 2 de maio nun acto literario no Colexio M. Peleteiro. Nel, os agasallados deberán ler, total ou parcialmente, a súa obra. Esta quedará en propiedade do Colexio organizador.
Máis información en www.peleteiro.com e no enlace

CERTAME DE FOTOGRAFIA
I Certame Escolar de Fotografía de Consumo
 
CONCURSOS DE EDICIÓN DE VIDEO
Convocado concurso vídeo Fundación Banco Santander.

PREMIOS DE MÚSICA
Concurso Internacional de piano para novos talentos

Bolsa para estudiar bacharelato en canada

A Fundación Amancio Ortega convoca un programa de bolsas para alumnos interesados en estudar un ano escolar en Canadá.
 O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 22 de febreiro de 2012.
Máis información en www.becasestudiaencanada.org ou neste enlace

luns, 14 de xaneiro de 2013

Tes plans para febreiro? mira este Intercambio xuvenil

Cartel_Proyecto_europeoGALLEGO_MAILING


Intercambio con 15+1 chipriotas con 15+1 galegos/as onde convivirán durante 8 días nas instalacións da Cidade Príncipe Felipe de Pontevedra.
 
Datas: do 10 ao 18 de febreiro de 2013
Lugar: Cidade Príncipe Felipe
Destinatarios/as: mozos e mozas de 17 ata 30 anos.
Prazas: 15
Duración: 8 días.
Cota de Inscrición: 20 € (inclúe 8 días de aloxamento + pensión completa)
 Pre-inscrición presencial ata o 25 de xaneiro.
Información e Inscricións: Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra. Casa Azul r/ Sor Lucia 2-3º. tel. 986 84 03 67 ou 652 809 080 xuventude@pontevedra.eu

Viaxe a neve






A asociación Borobó organiza novamente unha viaxe á neve que será o finde do 16/17 de febreiro, para obter mais información podedes contactar a través do seu mail

Novas prazas de SVE

Proxecto con xóvenes refuxiados
Asociación de acollida: Centre for Aliens Applying for a Refugee Status or Asylum: : http://www.uric.gov.pl
Lugar: Białystok, Polonia
Data limite de solicitude: 22/01/2013
Comezo: 06/05/2013     Finalizacion: 05/02/2014

Axudas transporte do Concello de Boiro

Recordade que mañá martes 15 de xaneiro as 13:00h remata o prazo para entregar a documentación de solicitude de axudas ao transporte, se tedes algunha dúbida pasade pola OMIX e vos axudaremos.

Formación práctica

Bolsas de periodismo no Wall Street Journal 
Data limite de inscrición mañá martes 15 de xaneiro

10 bolsas para a especialización e investigación en psiquiatría e psicoloxía  da fundación Alicia Koplowitz 
Data límite: 15 febreiro.
Máis información: Fundación Alicia Koplowitz: http://www.fundacionaliciakoplowitz.org
  
Realiza prácticas en Reino Unido
Data límite: 20 de xaneiro
Máis información:http://www.ingalicia.org/2013/01/realiza-practicas-en-reino-unido/  

venres, 11 de xaneiro de 2013

Cooperacion internacional

Cáritas Española necesita incorporar un cooperante en República Democrática do Congo (RDC), que apoie os proxectos e procesos levados a cabo no terreo en colaboración coas Cáritas Diocesanas e a Cáritas Nacional. Tes ata o 23 de xaneiro para enviar o CV.

Mais info

Coñeces xa a noso plan formativo?

En primicia hoxe venres...o plan formativo para o primeiro trimestre

Bolsas da deputación de pontevedra para universitarios

74 bolsas de práctica laboral destinadas a mozos titulados universitarios, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral.

Prazo de solicitude: a o 25 de xaneiro ( 20 días hábiles dende a publicación no BOP)

Máis información

Estanzas no estranxeiro para mestres

O Ministerio de Educación convoca 70 prazas para a realización de estanzas profesionais de unha ou duas semanas en Alemaña, Austria, Francia, Reino Unido e Suiza. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de xaneiro de 2013.

Máis información

Proxectos de SVE

Proxecto: Actividades sociais con mulleres 
Lugar: Polonia
Mais información no mail omix@boiro.org

Bolsa de formación en xestión de activos

A bolsa ten unha duración de catorce meses, no que se inclúen dúas áreas principais:
  • Matriculación no Máster en Bolsa e Mercados Financeiros do Instituto de Estudos Bolsistas.
  • Prácticas remuneradas a xornada completa na sede central do BBVAAsset Management en Madrid  Máis información e convocatoria

Curso de apoio asociativo na mocidade

Destinatarios/as: persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil (RGIX)  e xóvenes universitarios do ámbito das ciencias sociais.

Modalidade: semipresencial. 

Lugar de impartición: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil. Santiago de Compostela.

Data de inscrición: Dende o día 10 de xaneiro ata as 14:00 h do día 24 de xaneiro de 2013.

Datas de realización: do 28 de xaneiro ao 1 de marzo de 2013.
Sesión presencial: luns 28 de xaneiro ás 10:00 h.
Exame final: 1 de marzo ás 12:00 h.

xoves, 10 de xaneiro de 2013

Curso básico de chino para mozos

Curso básico de chino no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Santiago de Compostela.

Destinatarios/as: mozos e mozas de 18 a 30 anos.

Datas: Luns, martes e mércores, do 29 de xaneiro ao 6 de marzo de 2013.

Máis información: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil. Santiago de Compostela
Enderezo:
Praza do Matadoiro, s/n.
Teléfono: 881.997.604/881.997.607

Certames e premios: convocatorias abertas

 

IV concurso de relatos solidarios "Lo vives, lo cuentas" da Fundación Juan Bonal . Tes de prazo ata o 31 de xaneiro do 2013. Mais info

Certamen de poesía, fotografía, pintura y narrativa da Asociación Miastenia de España - AMES
Tes de prazo ata o 28 de febreiro do 2013. Mais info

XIII premio de poesía Fiz Vergara Vilariño da Agrupación Cultural Ergueitos do Concello de Sarria. Tes de prazo ata o 31 de xaneiro do 2013. Mais info

XXII certame literario de narracións breves Manuel Murguía da Concellaría de Cultura de Arteixo.Tes de prazo ata o 28 de febreiro do 2013. Mais info

IX premio de novela Biblos - Casa Grande do Bachao de Biblos Clube de Lectores. Tes de prazo ata o 18 de marzo do 2013. Mais info

I certame Manuel María de poesía en lingua galega da Casa de Galicia en Gipuzko. Tes de prazo ata o 18 de marzo do 2013. Mais info

Concurso de BD “Historias de Milú da Secretaría Xeral de Política Social.Tes de prazo ata o 22 de marzo do 2013. Mais info

IV certame de poesía María Mariño 2013 da Asociación Teenses Pola Igualdad.Tes de prazo ata o 16 de abril do 2013 Mais info

 

Emprego para animadores infantís e deportivos

Garden Hotels necesita cubrir prazas de animadores en Mallorca, Menorca, Ibiza ou Andalucía no verán.
As persoas interesadas nesta oferta teñen que enviar currículo, carta de presentación e foto a:
juan.alvarez@gardenhotels.com


Prazo: Ata o 30/01/2013

Máis información:
www.sepe.es/contenido/empleo_formacion/eures/convocatorias_ofertas/ofertas/espana.html

mércores, 9 de xaneiro de 2013

IV Edición do Concurso Internacional de Novela Curta "Cidade Centenaria de Riveira"

Consulta as bases...Tes de prazo ata o 23 de marzo do 2013

Boletín Pontemprego

Curso de mediadores de ocio nocturno

A Asociación Xuvenil Abierto Hasta el Amanecer, en colaboración co Plan Nacional sobre Drogas, pon en marcha un curso de mediadores de ocio nocturno en formato semipresencial desde febreiro a xuño de 2013.

O obxectivo do curso é a formación de grupos de profesionais que estén en contacto cos xóvenes e a grupos de xóvenes, para que sexan eles mesmos os que poñan en marcha accións preventivas en drogodependencias.

Máis información www.abiertohastaelamanecer.com

Becas para estudiantes con discapacidade

Entidade organizadora: Google Europa
Información en http://www.google.com/studentswithdisabilities-europe/
Prazo: 1 de febrero de 2013

Campos de traballo para xóvenes

Descarga a informacion aquí

Prácticas remuneradas en Nueva York

Becas para o  Metropolitan Museum de Nueva York, tedes ata o 10 de xaneiro para solicitalas
Se queres solicitar ou recibir mais información, pincha AQUÍ.

Becas para cursar un MBA en Asia
Convocadas pola Fundación La Caixa e Casa Asia e dirixidas a graduados universitarios, licenciados e titulados superiores, que cursen estudos en facultades españolas. O prazo de inscripción é ata o 24 de xuño de 2013. Máis información http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas/pdf/asia2013_es.pdf

Beca de comunicación na UNESCO 
Se queres solicitar ou recibir mais información, pincha AQUÍ.

martes, 8 de xaneiro de 2013

VI Certame de Poesía "Concello de Mugardos"

O Concello de Mugardos, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca a sexta edición do Certame de Poesía “Concello de Mugardos”, co galo do Día da Poesía, o 21 de marzo.

Estabelécense dúas categorías nas que o xurado designará un/unha gañador/a por categoría:
- ata 12 anos
- de 13 a 17 anos
- iguais ou maiores de 18 anos.


O prazo de entrega das poesías será todo o mes de febreiro.

O premio consistirá nun bono para mercar libros:
- por valor de 100 €, para a categoría de iguais ou maiores de 18 anos.
- por valor de 60 €, para a categoría de 13 a 17 anos, ambos inclusive.
- por valor de 40 €, para a categoría de ata 12 anos, inclusive.


Máis información no BOP da Coruña do 7 de xaneiro de 2013 e na OMIX de Mugardos, teléfono 981 470 338

Cursos de lingua galega CELGA

Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia, no ano 2013.

Prazo: establécese como data límite para a presentación de solicitudes o día 25 de xaneiro de 2013, tanto para os particulares que dexexen participar nos cursos programados directamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística como para os colectivos, entidades e asociacións que organicen cursos.

As solicitudes podean tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED104B e ED104D
.
As localidades e centros onde se impartirán os cursos poden consultarse no DOG.

Máis información no DOG do 7 de xaneiro de 2013 e en www.xunta.es/linguagalega

Curso de linguaxe de signos

INICIACIÓN Á LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA PARA VOLUNTARIOS
Este curso presencial impartirase no edifício da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, plaza do Matadoiro s/n en Santiago de Compostela nos seguintes días e horarios:
Mes de febreiro 1,2,8,9,15,16,22 e 23 e mes de marzo 1,2,8,9,15 e 16. Os venres de 16:00 a 19:00h e os sábados de 10:00 a 13:00h

O prazo de inscrición estará aberto dende o día 7 de febreiro ata o 7 de marzo ás 14.30 horas.

Informacion en:
Pza. do Matadoiro, s/n - 15703 Santiago de compostela (A CORUÑA)
Tlf: 881 997 621
 

luns, 7 de xaneiro de 2013

Novidades en bolsas

Últimas bolsas publicadas:
 
195 bolsas de práctica laboral en concellos de Pontevedra
74 bolsas de práctica laboral en centros da Deputación de Pontevedra

Bolsas do Instituto Cervantes
Bolsa no Museo do Prado
Bolsas na área da industria alimentaria



Prazas de VOLUNTARIOS en proxectos europeos

Ultimas novas en proxectos europeos para realizar un SERVIZO DE VOLUNTARIADO EUROPEO(SVE)



Idiomas

Impartindo clases de inglés en Dinamarca
Cidade: Demak – Central Java – Indonesia
Data limite de solicitude: 25/01/2013
Data de comezo: 01/03/2013
Data de finalizacion: 31/05/2013

O proxecto consistiría en impartir clases de inglés nun centro de estudios en Dinamarca nun horario de 8 a 12h e de 15 a 17h.
Para ter mais informacion sobre as condicións podes consultar este enlace ou enviar email a riko@rumahbahasauniversal.com

Área Social

Traballando con menores con adiccións
Cidade: Bucarest, Rumania
Data limite de solicitude: 15/01/2013
Data de comezo: 01/09/2013
Data de finalizacion: 01/05/2014

Para ter mais informacion sobre as condicións podes consultar este enlace ou enviar email a iuliavas2003@yahoo.com

Axudando en labores pedagóxicas en colexios
Cidade: Cracovia, Polonia
Data limite de solicitude: 13/01/2013
Data de comezo: 01/07/2013
Data de finalizacion: 30/04/2014

Para ter mais informacion sobre as condicións podes consultar este enlace ou enviar email a anna.niezgoda@internationaler-bund.de

Proxecto nunha asociación xuvenil

Organizacion: YMCA Bitola Macedonia
Cidade: Bitola, Macedonia
Data limite de solicitude: 15/01/2013
Data de comezo: 01/06/2013
Data de finalizacion: 31/05/2014

Para ter mais informacion neste enlace

Campaña comparte coche

Queres compartir coche ou traxecto?


Xa temos varias persoas interesadas:

COMPARTIR TRAXECTO DIARIO
de Pobra ou Boiro a Santiago en horario de 8h a 15h
de Santiago a Boiro en horario de 8h a 15h

COMPARTIR TRAXECTO FIN DE SEMANA
de Boiro a Santiago domingos tarde e venres tarde

Comezan de novo os obradoiros de linguas vivas no Centro Social

Rematadas as vacacións de Nadal, voltamos ca programación en idiomas...


O martes 8 de xaneiro comezan os cursos de alemán, recordade nivel iniciación martes e xoves de 17h a 19h e o nivel intermedio martes e xoves de 19h a 21h.

E neste mes de xaneiro tamén botan a andar os obradoiros de iniciación en FRANCES e de inglés nivel intermedio.

En todos os obradoiros tes prazas libres, polo que se estás interesado vente ata o Centro Social e informarémoste.


venres, 4 de xaneiro de 2013

Prácticas laborais en centros da Deputación de Pontevedra

A Deputación Provincial de Pontevedra convoca 74 bolsas de práctica laboral destinadas a mozos titulados universitarios, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de xaneiro de 2013
Máis información no BOP de Pontevedra do 2 de xaneiro de 2013 e en www.depontevedra.es

Bolsas de formación do instituto Cervantes

O Instituto Cervantes convoca bolsas de formación e especialización, para o período 2012-2013, para coñecer os requisitos e modalidades pulsa aquí

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de xaneiro de 2013
Máis información no BOE do 4 de xaneiro e en www.cervantes.es

Técnicos en Cultivos Mariños para a Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo convoca proceso selectivo para a contratación temporal dunha persoa na categoría de técnico superior de Cultivos Mariños e dunha persoa na categoría de técnico especialista de Cultivos Mariños.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de xaneiro de 2013.
Máis información no DOG do 2 de xaneiro de 2013 e en enlace

Proxectos para realizar un voluntariado europeo

Se estás pensando en realizar un voluntariado europeo nalgún país estranxeiro nestes tres proxectos tes prazas libres:



Proxecto para realizar tarefas sociais e educativas
Lugar: Braila, Romania
Data límite de solicitude: 20/01/2013
Comezo: 01/06/2013 e Fin: 28/02/2014
Información: na OMIX e neste enlace

Proxecto para realizar tarefas sociais e educativas
Lugar: Braila, Romania
Data límite de solicitude: 22/01/2013
Comezo: 01/06/2013 e Fin: 31/05/2014

Información: na OMIX e neste enlace

 Proxecto para realizar tarefas mediambientais
Lugar: Rzeszów, Poland
Data límite de solicitude: 31/01/2013
Comezo: 01/05/2013 e Fin: 30/04/2014
 Información: na OMIX e neste enlace

Se todavía non sabes o que é o Sve..infórmate aquí  ou ven pola nosa oficina e te resolveremos todas as túas dúbidas

Plan de formación de xuventude en acción

Xa está aberto o prazo para anotarse a formación nacional e internacional do programa xuventude en acción.

Se queres ter mais información sobre os cursos e inscricións neste enlace:
http://www.juventudenaccion.injuve.es/formacion/cursos/?__locale=es

Formación en fotografía dixital para mulleres

Durante o mes de febreiro impartirase formación gratuíta relacionada ca fotografía dixital para mulleres, 

Se estás interesada en ter coñecementos sobre:
o   O Manexo da Cámara fotográfica
o   O Retoque de fotografías
o   A Formación no programa “Gimp”


Ven ata o Centro Social a anotarte que empezamos o 1 de Febreiro