martes, 8 de xaneiro de 2013

VI Certame de Poesía "Concello de Mugardos"

O Concello de Mugardos, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca a sexta edición do Certame de Poesía “Concello de Mugardos”, co galo do Día da Poesía, o 21 de marzo.

Estabelécense dúas categorías nas que o xurado designará un/unha gañador/a por categoría:
- ata 12 anos
- de 13 a 17 anos
- iguais ou maiores de 18 anos.


O prazo de entrega das poesías será todo o mes de febreiro.

O premio consistirá nun bono para mercar libros:
- por valor de 100 €, para a categoría de iguais ou maiores de 18 anos.
- por valor de 60 €, para a categoría de 13 a 17 anos, ambos inclusive.
- por valor de 40 €, para a categoría de ata 12 anos, inclusive.


Máis información no BOP da Coruña do 7 de xaneiro de 2013 e na OMIX de Mugardos, teléfono 981 470 338

Ningún comentario:

Publicar un comentario