mércores, 25 de xuño de 2014

Prazo para solicitar a admisión nos ciclos formativos

Xa están abertos os prazos para solicitar praza tanto nos ciclos medios como nos ciclos superiores.
O prazo estará aberto desde o 17 de xuño ata o 4 de xullo ás 13.00 h.

Voluntariado Europeo

Organizacion en Polonia que busca Voluntarios europeos!
máis información neste enlace

Socorristas acuáticos

Hoxe publícase, no Concello de Boiro, a listaxe de contratación de persoal laboral temporal de socorristas acuáticos en espazos naturais. 

Escola oficial de idiomas

  • O alumnado que teña algunha destreza pendente en cursos pares, só ten que ir á setembro coas destrezas que lle quedasen (gárdase a nota das destrezas aprobadas). No caso dos cursos impares, comproben se pon "Apto" ou "Non apto" na nota final. No caso de ter "Non apto", o mesmo, só terían que repetir as destrezas que teñen pendentes. Axiña disporán das convocatorias para os exames orais e as datas dos escritos dos cursos impares na web da nosa escola. www.eoisantiago.org

luns, 23 de xuño de 2014

Formación: Cooperativas

OBRADOIRO DE CREACIÓN E PROMOCIÓN COOPERATIVAS DE ENSINO
 XULLO : Días 7, 9 e 11
Horario de 09:30 H a 14:00 H
 Dirixido a persoas con ganas de emprender un proxecto no sector educativo, profesorado vinculado á formación de ensinantes, axentes coordinados a través da Rede Eusumo, así como persoal dos departamentos de promoción do emprego e desenvolvemento local, , as xestorías e calquera outro grupo de persoas potencialmente prescritoras do cooperativismo no ensino.
 
FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PROFESORADO
OUTUBRO : Días 2,9,16,23 e 30
Horario de 17:30 H a 20:30 H
Dirixido a estudantes de formación profesional e alumnado universitario dos últimos cursos relacionados con algún ámbito educativo, pedagóxico, ou interesados no sector, profesorado de centros educativos, profesionais do ensino non formal, profesionais da educación social, profesionais do ocio e tempo libre...
 
Mais información : www.ucetag.org – 986.866.149

xoves, 19 de xuño de 2014

Programa desafio talento solidario

Coñeces o Desafío de Talento Solidario?É o novo proxecto da Fundación Botín para contribuir á creación de emprego xoven http://bit.ly/ULdmlU

Formación musical

A Universidade de Santiago de Compostela ten preparados dous cursos de
verán en Industria Musical, un no festival Portamérica (Nigrán) e outro no
Festival Internacional do mundo Celta de Ortigueira.

- O evento de Nigrán acolle de 15 a 18 de xullo o curso
'Creación musical e music business'e na localidade coruñesa será de 16 a
19 de xullo o curso 'Industria musical en Galicia. Identidade e novas
tendencias'

- Os dous cursos son a antesala do Máster en Industria Musical, título
propio da USC pendente de aprobación e que está previsto iniciar no curso
2014/15

Máis info en:  www.canalcampus.es ou Teléfono 881 816 550 – info@canalcampus.es
Canal Campus - Facultade de Ciencias da Comunicación
Universidade de Santiago de Compostela
Avenida de Castelao, s/n. 15782 Santiago de Compostela

Programación cultural

Como cada xoves..a programación cultural


luns, 16 de xuño de 2014

Formación Profesional

Actualizada a oferta modular polo réxime de adultos de FP medio e superior de F.P. en centros públicos galegos 14/15 http://bit.ly/U1qNgH

venres, 13 de xuño de 2014

xoves, 12 de xuño de 2014

Encontro de artistas

A Fundación @CidadedaCultura convoca 70 prazas gratuitas parao IV Encontro de Artistas Novos "Cidade da Cultura" http://bit.ly/1jm8sRk

Curso de Algas Mariñas

Non tes curiosidade sobre as algas que son comestibles e as súas propiedades? Pois no Centro Social voltamos a organizar unhas xornadas para que estes enterado de todo isto e ademáis as saborees. Apunta 11 de xullo



Voluntariado Europeo

A OMIX de Ribadavia busca un mozo ou moza menor de 30 anos que queira facer unha experiencia de Voluntariado Europeo en Italia na organización Stranaidea que traballa na area social. Non se require formación especifica e o periodo de inicio da actividade sería desde o 05/09/2014 durante 12 meses na cidade de Torino.
Para mais información escribir a omix.ribadavia@gmail.com

Noite aberta en Boiro


Axenda cultural


Noite Aberta en Boiro..concurso para non perder


POTENCIACIÓN DO PEQUENO COMERCIO EN REDES SOCIAIS

Curso gratuíto en Santiago de Compostela de "SOCIAL MEDIA MARKETING (POTENCIACIÓN DO PEQUENO COMERCIO EN REDES SOCIAIS)"
210 horas de duración (135 horas en teleformación e 75 h. de prácticas non laborais en empresa)
Requisitos imprescindibles:
- Desempregados/as menores de 30 anos inscritos/as no Servizo Público de Emprego como demandantes de emprego.
- Residir en Compostela ou cercanías (se non é así, estar disposto a facer prácticas na localidade de Compostela)

A previsión é que o curso comece neste mes de xuño.
Máis información:http://bit.ly/1jlNQsp

Programa IDA en Alemania

Hoxe publícase a convocatoria para o programa IDA en Alemania a través do que a Consellería de traballo promociona que os xóvenes teñan estancias formativas en Alemania.

Para inscricións podedes consultar neste enlace ata o 30 de xuño. 


mércores, 11 de xuño de 2014

Sorte!!

Moita sorte a todos/as os/as que hoxe comezades as probas de selectividade..en breve festas de Boiro e vacacións.

Estancias para doutores no estranxeiro

Estancias de mobilidade no estranxeiro “José Castillejo” para xóvenes doutores http://bit.ly/1nWziEQ

Curso de creación de páxinas web

Academia Arca Ofrece un curso de CREACIÓN de PÄXINA WEB, gratuito, o curso comeza a finais de mes, entre os requisitos está o de estar desempregado , ter bachiller oue certificado profesional de nivel 2 . O curso ten unha duración de 5 meses, en horario de 16 a 21hrs e inclúe 80 horas prácticas en empresa Para máis información http://www.academia-arca.com/

Multiobradoiros lúdicos de verán



O prazo para solicitar os obradoiros de verán comezará o 25 de xuño, para realizar as inscricións debedes acudir á Casa da Cultura de Boiro.

Fogueiras de San Xoán



O prazo para solictar os permisos para realizar as fogueiras de San Xoán a noite do 23 de xuño ou o 28 de xuño, remata o 19 de xuño. E recordade o 21 nos vamos de ruta a apañar as herbas para lavarnos a cara en San Xoán, non o perdas!!!

28 BOLSAS DE PRÁCTICAS EN EMPRESAS PARA OS RECENTEMENTE TITULADOS



 

Enxeñeiros agrónomos,
Enxeñeiros técnicos agrícolas,
Enxeñeiros de montes,
Enxeñeiros técnicos forestais,
Licenciados en Veterinaria,
     Licenciados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e
     Licenciados en Bioloxía


    DOTACIÓN:
   1000,00 € ao mes.
    Convocatoria: http://bit.ly/1pZ0kxm
    O prazo de presentación de solicitudes remata o 10 de xullo de 2014

luns, 9 de xuño de 2014

Encontro de artistas na Cidade da Cultura

IV Encontro de artistas novos: ata o 4 de xullo está aberto o prazo de inscrición http://bit.ly/1tklRji

Curso de mediador xuvenil en prevención de drogodependencias

O sábado 14 de xuño na Casa da Xuventude de Ribeira. Máis info en Avda. Constitución, s/n - Ribeira (A CORUÑA) e no tlf 981 835 289

Xornadas Galegas de Enfermería Nefrolóxica







O CIM ORGANIZA UN CURSO DE DEFENSA PERSOAL FEMININO NO COMPLEXO DA FIEITEIRA
O Centro de Información a Muller (CIM) de Riveira está a organizar para o vindeiro 14 de xuño un curso gratuíto de defensa persoal feminina.

Esta acción desenvolverase no complexo da Fieiteira e terá unha duración de dúas horas: entre as 10.30 e as 13.30 horas.

As interesadas en asistir poden apuntarse no propio CIM, situado en Deán Pequeno, no edificio Miradoiro de Padín (teléfono 981 874 131; email cim@riveira.com). O acceso será por orde de inscrición ata esgotar as prazas.


Nova Exposición no Centro Social de Boiro







Do 9 ao 30 de xuño temos unha nova exposición no Centro Social, nesta ocasión da pintora ribeirense Teresa Argibay que trae a súa colección de pinturas NATUREZA VIVA. Podedes pasar a visitala de luns a venres de 9h a 14h ou de 16h a 21h.


venres, 6 de xuño de 2014

Nova factura da luz

Onte estivemos nunha charla impartida polo Instituto Galego de Consumo, onde nos explicaron como vai ser a nova tarificación da factura da luz. Vos deixamos un documento onde se resume un pouco todo o que nos contaron onte. Para calquera outra información tedes o teléfono gratuíto 900231123.


xoves, 5 de xuño de 2014

Programa actívate para xóvenes

A plataforma virtual de Actívate consta de tres pilares: un de formación para ofertar cursos en competencias dixitais, outro para favorecer a búsqueda de emprego a través dun bo currículumo ou dunha rede de contactos e por último un apartado de emprendemento para facilitar ferramentas e consellos á hora de lanzar un novo negocio.
Máis información http://www.google.es/landing/activate/formate/index.html ewww.injuve.es

Programación fin de semana

algo de cultura para o corpo..


martes, 3 de xuño de 2014

Concurso fotográfico


Baixo o lema 'Galicia é auga', a Cidade da Cultura convídate a subir imaxes que reflexen a arte que se agocha na auga doce que baña Galicia: da choiva aos ríos, das fontes ás augas termais. As 6 mellores fotos elixidas por un xurado profesional e a que consiga máis votos de facebook de entre todas as subidas conseguirán unha fin de semana termal ou aventuras en kaiak pola Ribeira Sacra.

Charla de como manezar á ansiedade

O mércores 11 de xuño ás 20h na Casa da Cultura de Boiro
Acceso libre. Impartida por Otilia Quireza, doctora en Mediciña na USC

Actividades da escola de música de Boiro en xullo


Socorristas para o Concello de Boiro