Os servizos que ofrecemos dende a OMIX son:
- Atención ao público sobre diferentes temas como emprego, formación e estudos, organismos e axudas, actividades de lecer, carnés desconto, voluntariado, turismo, premios e concursos…
- Carné Xoven(o carné entrégase no mesmo día)
- Axudar na tramitación de subvencións e axudas xuvenís
- Promover programas de mobilidade xuvenil
- Organizar eventos en colaboración coas asociacións xuvenís do Concello de Boiro e apoiar as asociacións Xuvenís na organización das súas actividades
Contamos con un espazo de estudio e autoconsulta: con diversa información sobre emprego formación, oferta cultural e de lecer, voluntariado, programas e prestacións sociais dirixidas á mocidade.