luns, 29 de febreiro de 2016

Campus científicos de verán

O Ministerio de Educación convoca 1.920 axudas para participar no ano 2016 no Programa «Campus Científicos de Verán» para alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, que se desenvolverá en varias universidades, entre elas a de Vigo e a de Santiago de Compostela

Os Campus terán lugar do 3 ao 30 de xullo de 2016, en catro quendas de 7 días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado a mediodía, segundo o seguinte calendario:
Do 3 ao 9 de xullo:   Desenvolvemento da primeira quenda do campus de 1º de bacharelato.
Do 10 ao 16 de xullo: Desenvolvemento da segunda quenda do campus de 1º de bacharelato.
Do 17 ao 23 de xullo: Desenvolvemento da primeira quenda do campus de 4º de ESO.
Do 24 ao 30 de xullo: Desenvolvemento da segunda quenda do campus de 4º de ESO.
Desenvolveranse en institutos e/ou departamentos de investigación adscritos aos Campus de Excelencia Internacional (CEI) ou Rexional (CER), nas seguintes universidades:
Universidade de Cádiz, Universidade Carlos III de Madrid, Universidade de Castela-A Mancha, Universidade de Extremadura, Universidade de Granada, Universidade Jaume I de Castellón, Universidade das Palmas de Gran Canaria, Universidade de Málaga, Universidade de Murcia, Universidade de Oviedo, Universidade Politécnica de Cataluña, Universidade Rovira i Virgili, Universidade de Salamanca, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Valencia e Universidade de Vigo.
Requisitos:
Ter nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 1998.
Alumnos que no curso 2015-2016 estean a cursar cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria ou primeiro curso de Bacharelato da especialidade de Ciencias e Tecnoloxía en centros docentes españois.
Ter unha nota media no curso escolar 2014-2015 igual ou superior a 8 puntos.

As solicitudes deberanse cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da dirección electrónica www.campuscientificos.es

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de marzo de 2016.
Máis información no BOE do 23 de febreiro de 2016 (en anuncios) e en www.campuscientificos.es

martes, 16 de febreiro de 2016

Poesía Creativa en Boiro








Hoxe recomendamos un obradoiro ben interesante que impartirá a cantante e mestra Sonia Lebedynski. Para non perderse!

venres, 12 de febreiro de 2016

mércores, 10 de febreiro de 2016

Prácticas da Fundación Universidade da Coruña

Selecciónase persoa en prácticas para o departamento de reservas do Hotel Meliá María Pita. As funcións a realizar entre outras serían, colaborar no desenvolvemento e implementación da estratexia de precios. Prácticas en Hotel Meliá María Pita ow.ly/Y9M5U

xoves, 4 de febreiro de 2016

Cultura no camiño. Agadic

Atent@s @s relacionad@s co mundo da arte!!!

Aberto o prazo para a inscrición de espectáculos e concellos no programa Cultura no Camiño de AGADIC.

Máis info aquí 

Certame fotográfico Xosé Manuel Eirís








Bases e información neste enlace

Programación do Entroido en Boiro





Todavía estas a tempo de inscribirte para participar no concurso de disfraces do martes de entroido en Boiro con máis de 3000€ en premios.

Aquñi vos deixamos as Bases. Máis info en Casa da Cultura de Boiro.

Formación no Centro Social

Oferta formativa en saúde e ecoloxía nos vindeiros meses no Centro Social de Boiro


Obradoiro de elaboración de mermeladas e iogures ecolóxicos, venres 26 de febreiro de 17.30h a 19.30h

Obradoiro de cociña depurativa(recetas para despois dos excesos), sábado de 17h a 22h

Obradoiro de elaboración de leites vexetais, venres 18 de marzo de 19h a 22h


Obradoiro de primeiros auxilios, venres de 16h a 20h e sábados de 10h a 14h do 19 de febreiro a 19 de marzo

Obradoiro de manipulador de alimentos. No mes de marzo(por concretar datas)


Para inscribirte ou informarte no Centro Social de Boiro(1º andar), tlf 981842635/omix@boiro.org

mércores, 3 de febreiro de 2016

Seminarios LA IDA

Informamos que o vindeiro dos Seminarios informativos sobre os proxectos de Xuventude e Mobilidade que desenvolve a Fundación Paideia Galiza (La Ida & Servizo de voluntariado europeo), a celebrar na sede da asociación Paideia en Padrón (A Coruña), realizarase o xoves 18 de febreiro entre as 16:30h-17h30
Estes Seminarios, de carácter bimensual, están dirixidos a informar en profundidade aos mozos/as sobre os obxectivos, características e requisitos de participación destes proxectos.

Os/as interesados/as en participar poden inscribirse a través deste formulario da nosa web (http://www.paideia.es/juventud/#formulario).

Máis información  aquí.

martes, 2 de febreiro de 2016

Aula de alemán

Dentro do proxecto de Linguas Vivas comezamos esta semana cas aulas de alemán na que participa o noso voluntario Evgeni que estará en Boiro ata marzo.
A través das aulas de alemán podes iniciarte de maneira gratuíta no idioma alemán a través de conversas informais e da lectura de textos orixinais.
As aulas celébranse os luns pola tarde e debes inscribirte para poder participar antes do 8 de febreiro no Centro Social de Boiro.

Formación Ecolóxica

@s amig@s do FORO ECOLÓXICO DE BOIRO propoñen para os vindeiros meses uns talleres moi interesantes nos que xa te podes inscribir:


ELABORACIÓN DE IOGURES E MERMELADAS
COCIÑA DEPURATIVA(recetas depurativas para despois das festas)
OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE LEITE VEXETAL

Maís info no mail omix@boiro.org ou tlf 981842635