luns, 29 de febreiro de 2016

Campus científicos de verán

O Ministerio de Educación convoca 1.920 axudas para participar no ano 2016 no Programa «Campus Científicos de Verán» para alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, que se desenvolverá en varias universidades, entre elas a de Vigo e a de Santiago de Compostela

Os Campus terán lugar do 3 ao 30 de xullo de 2016, en catro quendas de 7 días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado a mediodía, segundo o seguinte calendario:
Do 3 ao 9 de xullo:   Desenvolvemento da primeira quenda do campus de 1º de bacharelato.
Do 10 ao 16 de xullo: Desenvolvemento da segunda quenda do campus de 1º de bacharelato.
Do 17 ao 23 de xullo: Desenvolvemento da primeira quenda do campus de 4º de ESO.
Do 24 ao 30 de xullo: Desenvolvemento da segunda quenda do campus de 4º de ESO.
Desenvolveranse en institutos e/ou departamentos de investigación adscritos aos Campus de Excelencia Internacional (CEI) ou Rexional (CER), nas seguintes universidades:
Universidade de Cádiz, Universidade Carlos III de Madrid, Universidade de Castela-A Mancha, Universidade de Extremadura, Universidade de Granada, Universidade Jaume I de Castellón, Universidade das Palmas de Gran Canaria, Universidade de Málaga, Universidade de Murcia, Universidade de Oviedo, Universidade Politécnica de Cataluña, Universidade Rovira i Virgili, Universidade de Salamanca, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Valencia e Universidade de Vigo.
Requisitos:
Ter nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 1998.
Alumnos que no curso 2015-2016 estean a cursar cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria ou primeiro curso de Bacharelato da especialidade de Ciencias e Tecnoloxía en centros docentes españois.
Ter unha nota media no curso escolar 2014-2015 igual ou superior a 8 puntos.

As solicitudes deberanse cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da dirección electrónica www.campuscientificos.es

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de marzo de 2016.
Máis información no BOE do 23 de febreiro de 2016 (en anuncios) e en www.campuscientificos.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario