mércores, 27 de maio de 2020

Probas CELGA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística retoma o prazo de presentación de solicitudes para as probas Celga de 2020. Os 14 días naturais do prazo non consumido comezan mañá e finalizan o 16 de xuño.
As datas de realización das probas adíanse ata novo aviso (setembro ou outubro de 2020) de acordo coa evolución da crise sanitaria provocada pola Covid-19

Información no DOG de hoxe:
Para calquera aclaración, pode contactar directamente coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

luns, 18 de maio de 2020

Bolsas a estudantes de bacharelato en situación económica precaria

A Fundación Dadoris abre o prazo para solicitar as Bolsas/Premio ao Mérito e Liderazgo 2020-2021, destinadas a mozos/as de bacharelato con excelentes resultados académicos, en situación económica precaria (Limiar 1 Administración, que son uns 4.000 euros de renta per capita anual na familia) que queren cursar estudos superiores.

prazo de presentación estará aberto ata o 30 de setembro de 2020.

Bases detalladas na web www.fundaciondadoris.org 
Máis información nos anuncios do BOE do 11 de maio de 2020