venres, 27 de outubro de 2017

CERTAME DE MÚSICA XOVE EMERXENTE

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia pon en marcha o certame Música Xove Emerxente, cos obxectivos de ofrecer aos novos grupos musicais galegos ferramentas de participación en accións que faciliten a promoción da súa creatividade, de establecer un espazo de encontro, coñecemento, información e formación e, sobre todo, de relacións.
Trátase dun espazo aberto cara a creatividade e talento dos mozos e mozas, así como a creación de oportunidades mediante o intercambio e posta en común de ideas.
PARTICIPANTES
Poderán participar todos os grupos musicais compostos por mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia.
Nos grupos musicais haberá, polo menos, dous membros menores de 30 anos. 
Os músicos non poderán aparecer en máis dun grupo dos que participen no certame.
CONDICIÓNS XERAIS
Os grupos que desexen participar deberán rexistrarse e inscribirse na páxina web www.musicaxoveemerxente.gal   
As condicións de inscrición serán as seguintes:
- Pequeno dossier do grupo en PDF no que se incluirán os contactos de todos os membros do grupo, (teléfonos e direccións de correo electrónico correctamente identificados cos seus nomes e tamén as súas datas de nacemento). 
- Plano de escenario en PDF (e a poder ser, especificacións técnicas e listaxe de canles).
- 3 imaxes actuais do grupo (fotos, logo..).
- 2 ligazóns de vídeos dalgunha das súas actuacións ou videoclips.
- Entre 2 e 4 temas en formato MP3 gravados polas formacións inscritas (Indicando o título de cada canción e o nome do grupo).
- Ligazóns con calquera dirección URL que achegue máis información do grupo (web, facebook, bandcamp, twitter, instagram etc.).
INSCRICIÓNS
Cada grupo deberá inscribirse no apartado da provincia  que lle corresponda, segundo se indica na páxina web.
A inscrición será na web destinada ao certame www.musicaxoveemerxente.gal  Cada grupo deberá rexistrarse e subir a información solicitada.
prazo de inscrición abrirase entre o 1 e o 27 de novembro  de 2017.

Ningún comentario:

Publicar un comentario