xoves, 23 de xaneiro de 2014

EYE 2014- Evento Europeo da Xuventude

Gustaríache participar en EYE 2014- Evento Europeo da Xuventude?
 
Do 15/01/2014 ata as 15.00h do 20/01/2014, ábrese un prazo para a selección de 10 mozos/as interesados/as no EYE 2014. O evento terá lugar en Estrasburgo, Francia, dentro e fóra da sede do Parlamento europeo, do 9 ao 11 de maio de 2014
 
Que é EYE 2014?
 
EYE 2014 é o Evento Europeo da Xuventude. O Parlamento europeo abre as súas portas a miles de mozos de toda a UE e convídaos a se reuniren con responsables políticos e persoas con ampla experiencia profesional para intercambiaren ideas e perspectivas sobre cuestións relacionadas coa mocidade, procuraren solucións innovadoras a elementos cruciais para o futuro e experimentaren a rica diversidade cultural da Unión Europea a través da posta en escena de diversos espectáculos culturais.
 
Máis información sobre EYE 2014:
 
 
A Comisión EYE do Parlamento Europeo seleccionará de entre as candidaturas aqueles grupos que participarán no evento.
 
CONVOCATORIA
 
Para estes efectos e como entidades organizadoras, Europe Direct A Coruña, Universidade da Coruña, Fundación Galicia Europa e Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude do Concello da Coruña abren esta convocatoria para conformar a candidatura que será sometida á selección da Comisión da U.E. nos seguintes termos:
 
Obxectivo: selección dun grupo de 15 mozos/as (10 TITULARES e 5 SUPLENTES) para formar o grupo que participe en EYE.
 
Financiamento: as entidades organizadoras comprométense a sufragar os gastos de transporte, aloxamento e manutención correspondentes aos 3 días que duran as actividades obxecto desta convocatoria.
 
Persoas destinatarias: 10 mozos/as residentes en Galicia con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario