xoves, 9 de xaneiro de 2014

curso sobre Fomento e Apoio Asociativo

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información Xuvenil 2014, convoca un curso sobre Fomento e Apoio Asociativo, en Santiago de Compostela
Obxectivos: Proporcionar ferramentas que faciliten a intervención, apoio e acompañamento na creación e desenvolvemento do tecido asociativo.
Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e mocidade interesada.
Criterios de selección: A admisión no curso virá dada pola orde de chegada das solicitudes de inscrición e coas prioridades que a continuación se especifican:
1º- Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.
2º- Mocidade de 18 a 30 en posesión do Carné Xove.
3º- Resto dos solicitantes.
Número de horas: 50
Número de prazas: 30
Contidos:
·         Utilización das estruturas asociativas.
·         Aplicación de técnicas de grupo partiticipativas na intervención comunitaria.
·         Manexo de grupo nas asociacións.
·         Aplicación de procesos de apoio dos profesionais nas entidades sociais.
Modalidade: A distancia, con examen final presencial.
Data de realización do curso: Do 22 de xaneiro ao 21 de marzo de 2012.
Proba final: O exame final terá lugar no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil (Santiago de Compostela) o día  21 de marzo de 2014,  ás 12.00 h.
Prazo e lugar de inscrición. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 13 de xaneiro as 14.00 h,  e realizarase a través da páxina web xuventude.net

Ningún comentario:

Publicar un comentario