luns, 16 de novembro de 2015

Contratos predoutorais no Instituto Universitario Europeo (IUE)

O Ministerio de Educación convoca axudas para contratos predoutorais do Programa «Salvador de Madariaga» no Instituto Universitario Europeo (IUE) no que os beneficiarios realizarán a formación doutoral, e, como entidade de adscrición a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP).
Son 12 axudas para a formalización de contratos predoutorais, distribuídas proporcionalmente nas seguintes áreas:
a) Departamento de Historia e Civilización.
b) Departamento de Ciencias Políticas e Sociais.
c) Departamento de Economía.
d) Departamento de Ciencias Xurídicas.
Os contratos predoutorais obxecto das axudas terán duración anual, prorrogable por iguais períodos de tempo, previo informe favorable da comisión de doutoramento, ata o máximo de catro anos.
As axudas comprenderán:
a) Unha dotación económica mensual de 1.400 euros durante os dous primeiros anos e de 1.500 euros durante o terceiro e cuarto ano, máis dúas pagas extraordinarias cada un dos catro anos.
b) Unha axuda de viaxe para o primeiro e outra para o terceiro ano por un importe total de 700 euros cada unha.
Requisitos académicos:Estar en posesión do título de licenciado, grao ou de master ou os seus equivalentes, en materias xurídicas, económico-empresariais, político-sociolóxicas, ou de humanidades, para a realización do doutoramento nos devanditos campos.
Tamén poderán presentar a solicitude os estudantes das materias sinaladas que se atopen no seu último ano de master ou lle falten por cursar un máximo de créditos equivalentes a un curso académico e que, en todo caso, deberán terminar e acreditar estar en posesión do título que lle dea acceso ao doutoramento con anterioridade ao día 10 de xullo de 2016.
Finalizar os estudos aos que se refire o parágrafo anterior, con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2007 e ser menores de 30 anos no momento de incorporarse ao Instituto.
Certificado do Nivel C1 de inglés, sendo válidos os certificados IELTS, TOEFL, Cambridge Proficiency ou Cambridge Advanced.
prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o do 31 de xaneiro de 2016, ás 14,00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario