II xornadas da música organizadas polo departamento de cultura do Concello de Boiro dentro do proxecto República Creativa.
As xornadas que se celebrarán o vindeiro sábado 18 de novembro contarán coa presenza de Julio Gómez, Rosa Salgado, Patricia Hermida, Marián Fernández, Xosé Romero, Guadi Galego e Carme Tubío.
Tamén asistirán artistas locais adicados na actualidade á musica como Fran Velo, Susana Saavedra, Sonia Lebedynski ou Luis Miranda.
A asistencia das xornadas é totalmente gratuita e comezarán o vindeiro sábado 18 de novembro ás 10.30 no salón de actos do Centro Social de Boiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario