xoves, 9 de febreiro de 2012

Obradoiros para estudiantes de dereito

Convócase un «Obradoiro de linguaxe e redacción xurídica I» para darlles formación específica aos estudantes de Dereito verbo da lingua de especialidade en galego.

Destinatarios: estudantes da Facultade de Dereito con nivel Celga 4 ou equivalente. Os aspirantes seleccionaranse por orde de recepción de solilcitudes ata completar prazas.

O curso terá unha duracion de 21 horas presenciais máis 9 horas para elaboración dos traballos.

O horario será de 16 a 19 horas, na aula 15 da Facultade de Dereito.

Datas: xoves 8, 15, 22 e 29 de marzo e 12, 19 e 26 de abril.

Prazo: do 6 de febreiro ao 6 de marzo.

Máis información. ocartafol.usc.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario