martes, 21 de febreiro de 2012

bolsas para xóvenes

Bolsas para deportistas
A Deputación Provincial da Coruña convoca bolsas individuais para deportistas da provincia para o ano 2012.

Establécense dous grupos segundo a idade dos aspirantes a bolsa:
Grupo A: 14-17 anos cumpridos antes do 31 de decembro do 2012
Concederanse 10 bolsas de 2.000 € cada unha delas.
Grupo B: 18-21 anos cumpridos antes do 31 de decembro de 2012.
Concederanse 10 bolsas de 3.000 € cada unha delas.
Naquelas especialidades deportivas nas que o máximo rendemento se pode producir en idades temprás (ximnasia artística, natación...) poderase pasar un bolseiro do grupo A ao grupo B, a criterio do tribunal cualificador.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ate o día 31 de marzo de 2012.
Máis información no BOP da Coruña do 8 de febreiro de 2012 e en www.dicoruna.es

Bolsas para estudios artísticos
A Deputación da Coruña convoca dezaoito bolsas para o perfeccionamento de estudos artísticos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia durante o período 2012-2013, distribuídas nas seguintes áreas:

Área de artes plásticas: 3 bolsas
Área de danza: 2 bolsas
Área de interpretación: 4 bolsas
Área de música: 6 bolsas
Área de imaxe: 3 bolsas


Poderán participar nesta convocatoria todas as persoas que residan na provincia da Coruña e que pretendan realizar estudos de perfeccionamento artístico fóra de Galicia, para o que deberán reunir os seguintes requisitos:
Ter nacido a partir do día 1 de xaneiro de 1982 (incluído éste)
Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 31 de marzo de 2012.
Máis información no BOP da Coruña do 8 de febreiro de 2012 e en www.dicoruna.es

Bolsas para estudios artísticos

A Deputación da Coruña convoca 18 bolsas de investigación:

Area de ciencias sociais e xurídicas: 3 bolsas
Area de ciencias: 4 bolsas
Area de ciencias da saúde: 4 bolsas
Area de enxeñeria e arquitectura: 2 bolsas
Area de artes e humanidades: 5 bolsas

Requisitos:
persoas que tendo a súa residencia na provincia da Coruña, pretendan realizar un traballo de investigación e reúnan os seguintes requisitos:
Posuir titulación universitaria (licenciado, diplomado, grado o equivalente) recoñecida oficialmente.
Acreditar como mínimo un ano de residencia en calquera concello da provincia da coruña, mediante a presentación dun certificado de empadroamento.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 31 de marzo de 2012.
Máis información no BOP da Coruña do 8 de febreiro de 2012 e en www.dicoruna.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario