xoves, 24 de novembro de 2011

Bolsas para estudios

O Consello Económico e Social convoca 5 bolsas de estudos e traballo:  

Dirección da Área de Estudos e Análise: tres bolsas.


Bolsa E1: para titulados superiores universitarios en Economía,para a
realización de estudos e traballosen materias propias da titulación en Economía.
Bolsa E2:
para titulados superiores universitarios en Dereito,
para a realización de estudos e traballos propios da titulación en Dereito.
Bolsa E3: para titulados superiores universitarios con preparación teórica
específica en Xestión Editorialen ámbitos e contidos dixitais, para a realización
de estudos e traballos de planificación e xestión de proxectos editoriais,
multimedia e interactivos.

Dirección de Documentación: dúas bolsas.

Bolsa D1: para titulados superiores universitarios nas áreas de Ciencias da
Información ou de Documentación,para a realización de estudos e traballos
de desenvolvemento e mantemento de contidos nos «sitios» web do CES e
confección de resumos de informes e noticias de prensa sobre o CES
ou materias nas que é competente.
Bolsa D2: para titulados superiores universitarios en Documentación,
para a realización de estudos e traballos de catalogación, clasificación
e indexación de documentos, e mantemento de bases documentais
e desenvolvemento de contidos nos «sitios» web do Consello.

O prazo
para presentar solicitudes estará aberto ata o 7 de decembro de 2011.

Máis información no BOE do 22 de novembro de 2011 e en www.ces.es


A Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas e a Fundación
«La Caixa»convocan 10 axudas para cursar un doutorado no Centro Nacional
de Biotecnoloxía (CNB) do CSIC.

Requisitos: estudantes españois e estranxeiros que finalizasen,
con posterioridade ao 31 de outubro de 2008, os estudos universitarios
que cualifican, segundo a lexislación española, para o acceso ás ensinanzas
de terceiro ciclo ou aos estudos Oficiais de Postgrao.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 17 de febreiro de 2012.

Máis información no BOE do 22 de novembro de 2011 e en www.cnb.csic.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario