mércores, 11 de xullo de 2012

Certame fotográfico

O Concello de Porto do Son convoca o I Concurso fotográfico sobre a igualdade de xénero.

•Tema: “Igualdade de xénero”
(http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2012/07/05/2012_0000008363.pdf).
Valorarase a temática das fotografías relacionadas coas xentes do Son.

As fotografías ou series poderán ser en cor ou en branco e negro, cun tamaño mínimo de 24 x 30
cm. Tódalas fotografías irán presentadas en superficie ríxida (cartolina, non) en tamaño 50 x 60 cm.
Ó dorso de cada fotografía figurará exclusivamente o lema da obra, lugar e ano no que se tomou a fotografía. Con tódalas obras adxuntarase un sobre pechado no exterior do cal aparecerá soamente o alcume do autor e no seu interior indicaranse os seguintes datos:
nome e apelidos do autor, título das obras, explicación da técnica utilizada, enderezo e número de teléfono.

Prazo: as obras serán remitidas ou presentadas nas oficinas do Concello (rúa Atalaia, s/n, 15970, Porto do Son) antes do día 19 de abril de 2013.

• Premios:
- O primeiro premio: 601,01 € e un diploma conmemorativo.
- O segundo premio: 300,51 € e un diploma conmemorativo.
- O terceiro premio: 150,25 € e un diploma conmemorativo.
O xurado poderá conceder tres accésit de 60,01 €, se a calidade das fotografías así o requiriran.

Máis información
no BOP da Coruña do 5 de xullo de 2012 e na OMIX de Porto do Son, teléfono 981 867 414

Ningún comentario:

Publicar un comentario