xoves, 19 de xullo de 2012

Premios e concursos

A Fundación Ánade convoca o VII Premio Internacional de Fotografía.
O obxectivo destes premios é o de visualizar a realidade do colectivo de persoas con minusvalidez psíquica, física, sensorial ou enfermidade mental.
Máis información en www.fundacionanade.org

XXVIII Premios «Francisco Giner de los Ríos» á Mellora da Calidade Educativa para os traballos ou experiencias pedagóxicas de docentes ou equipo de docentes que se encontren en activo
dando clase en centros educativos españois ou de titularidade mixta que impartan as ensinanzas do sistema educativo español autorizados polas administracións educativas nalgunha das seguintes ensinanzas: segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional, Ensinanzas Artísticas Profesionais, Ensinanzas de Idiomas en Escolas Oficiais e Ensinanzas Deportivas.
Máis información: consultar o BOE día 17 de xullo de 2012.


XXX Premio de novela Blanco Amor. Poderán participar nel todos os autores e autoras, de calquera nacionalidade, que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega segundo a normativa oficial. 
Máis información: http://xuventude.xunta.es/201207128262/xxx-premio-de-novela-blanco-amor.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario