mércores, 15 de maio de 2013

Bolsas Leonardo da Vinci da Deputación de Ourense

A Deputación de Ourense convoca 50 bolsas individuais de estancias e prácticas laborais en empresas europeas.As prácticas poderanse desenvolver en empresas da Unión Europea, preferentemente en Reino Unido e Portugal.

Requisitos:Posuír titulación universitaria oficial acreditada por universidades españolas ou recoñecidas polo Ministerio de Educación, ou estar en condición de obtela titulación na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data do ano da convocatoria deste concurso. Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ó seu grao de formación académica: portugués e/ou inglés.
Posuír coñecementos de informática a nivel de usuario.Non ter gozado anteriormente dunha bolsa do Programa Leonardo da Vinci do grupo obxectivo PLM: persoas no mercado laboral.
O prazo para solicitar as bolsas estará aberto ata o 28 de maio de 2013.
Máis información no BOP de Ourense do 13 de maio de 2013 e en http://becasinternacionais.depourense.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario