xoves, 9 de maio de 2013

Bolsas de comercio para a artesanía

A Dirección Xeral de Comercio convoca 4 bolsas de formación práctica. O programa formativo poderá estenderse a todas aquelas materias sobre as que o centro directivo ten competencia e, en concreto, a artesanía.
Requisitos:
Estar en posesión dalgún título universitario de segundo ciclo ou grao superior do ano 2005 ou posterior.
Acreditar un coñecemento da lingua galega con nivel de perfeccionamento ou equivalente.
Cada bolsa estará dotada con 6.300 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 900 € por mes
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 8 de xuño de 2013
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento IN225A
Máis información no DOG do 8 de maio de 2013 e en http://economiaeindustria.xunta.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario