luns, 6 de maio de 2013

Cursos de linguas modernas na USC

A Universidade de Santiago de Compostela abre o día 1 de xuño ata o día 25 de xuño de 2013 a matrícula do seu programa de cursos intensivos de verán. Cursos de 40 horas en dúas semanas.
No Campus de Santiago están previstos cursos intensivos de alemán, árabe, catalán, checo, eslovaco, euskera, francés, grego moderno, húngaro, inglés, italiano, lingua de signos, polaco, portugués, ruso e xapones, así como en Lugo, onde haberá cursos intensivos de alemán, francés, italiano e portugués.
Todas as persoas interesadas en cursar a lingua inglesa e francesa en Santiago ou en Lugo e non teñen o nivel asignado polo CLM terán que facer unha proba de nivelación o día 17 de xuño.
O único requisito para tomar parte nestes cursos é ter como mínimo 16 anos de idade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario