martes, 12 de novembro de 2013

Taller de fotografía gratuíto

A Escola de Fotografía Centro de Imaxe, EFTI, impartirá un Taller formativo presencial e gratuíto
O taller será impartido por José Luis Amores, director de EFTI e vai dirixido a calquera persoa interesada. Nel ofrecerase a oportunidade de coñecer de primeira man como traballan fotógrafos de prestixio que forman parte desta escola. Os participantes serán formados na realización dunha fotografía de xeito profesional, preparando a temática da foto e planificando a súa toma, tamén se explicarán os aspectos máis relevantes para obter unha foto de calidade e resolveranse todas as dúbidas que os asistentes formulen.

Data: xoves 14 de novembro
Hora: a partir de 16.50h
Lugar: no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia en Santiago de Compostela.
Rúa Airas Nunes, s/n - Conxo. Santiago de Compostela.

Para máis información podedes consultar:  A páxina web de CeMIT: https://cemit.xunta.es/node/5688 ou no mail e tlf oficinacemit@xunta.es e 981957136

Ningún comentario:

Publicar un comentario