luns, 4 de novembro de 2013

Bolsas High School

A Fundación Amancio Ortega e a Fundación Barrié convocan o programa de bolsas para a realización dun ano académico en Estados Unidos nun instituto High School en lingua inglesa, promovendo a aprendizaxe e intercambio de culturas.
Convócanse un total de 75 prazas.
Dotación:As Bolsas High School cobren a formación nas fases previas á saída, os voos e traslados e a validación dos estudos realizados no estranxeiro, así como un seguro de responsabilidade civil e de saúde; ademais, as bolsas achegan tamén unha cantidade de diñeiro mensual para gastos menores unha vez en Estados Unidos.
Requisitos:Ter cumprido 15 anos antes do 1 de agosto de 2014.
Ser alumno de 4º da E.S.O. nun centro de Galicia.
Acreditar nota media mínima de 7,5 en 3º da E.S.O.
Acreditar nota mínima de inglés de 7 en 3º da E.S.O.
Presentar certificado de renda familiar.
Cumprimentar o formulario de inscrición online a través da web http://www.becashighschool.org/
Os alumnos pre-seleccionados serán convocados pola Fundación Amancio Ortega e a Fundación Barrié para a realización dunha proba de nivel escrito e de nivel oral e dos seus coñecementos de lingua inglesa.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de novembro de 2013.
Máis información en http://www.becashighschool.org/

Ningún comentario:

Publicar un comentario