Xa está aberto o prazo para inscribirse neste novo curso que organiza a Concellería de Xuventude do Concello de Riveira.
O curso consta de tres módulos formativos:
- Módulo I: O meu proxecto profesional.
O obxectivo deste módulo é definir de xeito concreto os obxectivos
profesionais e relacionalos coas competencias e capacidades persoais.
- Módulo II: Comunicación eficaz.
Neste módulo abordaranse as pautas básicas da comunicación co obxectivo
de aprender a transmitir correctamente e preparar a entrevista de
traballo.
- Módulo III: Manexo do estrés.
Os procesos de
búsqueda de emprego e de selección para un posto de traballo son grandes
xeradores de estrés. Aprender técnicas de manexo para non decaer e
desmotivarnos no camiño é fundamental para acadar o éxito.
Datas e horarios: Será do 9 ao 13 de decembro de 10 a 13.30 horas.
Lugar: Casa da Xuventude de Riveira.
Destinatarios: Mozos e mozas de Riveira que estean no paro.
Prezo: Gratuíto.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario