martes, 29 de outubro de 2013

Curso de Organización e xestión de accións de dinamización da información para a mocidade en Santiago de Compostela

Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil, mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove e outras persoas interesadas no tema.
Criterios de selección: a selección virá dada pola orde de presentación de solicitudes, tendo prioridade na admisión o Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove.
Número de horas: 90.
Nº de prazas: 30.
Contidos:
  1. Técnicas e estratexias de motivación á participación dende os servizos de información xuvenil.
  2. Utilización de espazos virtuais na información xuvenil.
  3. Análise dos medios de comunicación e da súa utilización polos servizos de información xuvenil.
  4. Deseño e organización de campañas informativas para a mocidade.
Metodoloxía: O curso será impartido en modalidade a distancia con exame final presencial que terá lugar no Centro Coordinador de Información Xuvenil en Santiago.
Datas de realización: do 15 de novembro de 2013 ao 17 de xaneiro de 2014.
Exame final presencial: 17 de xaneiro de 2014, de 10.00 a 11.30 horas.
Prazo e lugar de inscrición: O prazo de presentación de solicitudes remata  ás 14 horas 6 de novembro de 2013.
A inscrición no curso realizarase mediante o seguinte formulario de solicitude:
FORMULARIO DE SOLICITUDE
Máis información:
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
Praza do matadoiro, s/n.
15703-Santiago de Compostela.
Telefono: 881 997 604 / 881 997 607

Correo electrónico: oixuventude.traballo@xunta.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario