venres, 18 de outubro de 2013

O Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía convoca 8 bolsas para o 2014:


1 bolsa de investigación no Departamento de Coleccións.
Requisitos, entre outros:
- titulación de licenciatura.
- titulación de posgrao, con especialización en Historia da Arte (Diploma de Estudos Avanzados ou Doutorado).

2 bolsas de investigación no Departamento de Exposicións.
Requisitos, entre outros:
- titulación de licenciatura en Xeografía e Historia ou en Historia da Arte.
- titulación de posgrao, con especialización en Historia da Arte.

1 bolsa de coordinación-formación no Departamento de Actividades Públicas.
Requisitos, entre outros:
- titulación de licenciatura en Historia da Arte, Humanidades ou Comunicación Audiovisual.
- ter finalizado a licenciatura en 2007 ou anos posteriores.

1 bolsa de coordinación-formación no Departamento de Exposicións.
Requisitos, entre outros:
- titulación de licenciatura en Historia da Arte ou Humanidades, con especialización de posgrao en ámbitos da Historia da Arte.
- ter finalizado a licenciatura en 2007 ou anos posteriores.

1 bolsa de formación museística no Departamento de Exposicións.
Requisitos, entre outros:
- titulación de licenciatura en Historia da Arte
- ter finalizado a licenciatura en 2008 ou anos posteriores.

1 bolsa de formación en conservación no Laboratorio de Química do Departamento de Conservación e Restauración.
- titulación de licenciatura ou grao en Ciencias Químicas.
- ter finalizado a licenciatura en 2008 ou anos posteriores.

1 bolsa de formación en biblioteconomía e documentación na Biblioteca e Centro de Documentación
- titulación de licenciatura en Biblioteconomía e Documentación ou dunha licenciatura cun título técnico de capacitación de cando menos un ano en Biblioteconomía e Documentación.
- ter finalizado a licenciatura en 2008 ou anos posteriores.

Consulta aquí as bases da convocatoria: http://bit.ly/19d1rPR
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 2 de novembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario