mércores, 9 de outubro de 2013

Obradoiro de emprendemento rural sostible

Obradoiro de emprendemento rural sostible en Rianxo o 8 e 9 deste mes dentro do programa: "De aquí, xusto e ecolóxico. O rural como motor de cambio". O obxectivo de este proxecto é achegar á mocidade as diferentes oportunidades laborais que ofrece o noso rural, a partir de conceptos clave como agroecoloxía, sustentabilidade económica, social e medioambiental, cooperación e soberanía alimentaria.
O obradoiro celebrarase no Centro Sociocultural Auditorio sito na Rúa Autores da Rianxeira de Rianxo con horario de 16.00 a 21.00h. É unha actividade de balde, As prazas son limitadas e é necesaria inscrición previa. Poden encontrarse más detalles sobre o calendario de obradoiros e a forma de inscrición na dirección web: deaquixustoeecoloxico.blogspot.com.es/

Ningún comentario:

Publicar un comentario