mércores, 30 de setembro de 2015

Teatro este venres en Boiro





Este venres 2 de outubro ás 21h, na casa da cultura de Boiro, teatro GO ON!
Comedia destinada a público adulto

SINOPSE
Logo da chegada do home á lúa á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia. No ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso), dous intrépidos exploradores tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea.

“GO ON!” recompila esta experiencia límite que deixa aos do “Al filo de lo imposible” como simples boyscouts.
“GO ON!” é unha emocionante novela de aventuras na que os seus protagonistas viven situación extremas como o terrible ataque do despiadado can de palleiro ou a entrevista a un porco no corredor da morte.


Ningún comentario:

Publicar un comentario