luns, 15 de novembro de 2010

1º Edición do CONCURSO DE GRUPOS MUSICAIS ARTEFICIAL

1º Edición do CONCURSO DE GRUPOS MUSICAIS ARTEFICIAL

BASES :

1. O presente concurso levarase a cabo para posibilitar a grupos musicais non profesionais representar as súas propostas durante o “Festival Arteficial 2011”.
2. A participación no Concurso está aberta a tódol@s músicos tanto de forma individual coma colectiva.
3. O ámbito delimítase á Comunidade Autónoma Galega e abrangue a participación de formacións de calquera estilo musical.
4. Non poderán participar os grupos que formen parte dalgunha entidade que xestione os dereitos de autor (como a SGAE).
5. Tódolos interesados deberán enviar unha maqueta en formato Cd cun mínimo de 3 temas e un máximo de 6 (onde alomenos o 80% deberán ser temas propios e tendo en conta que na actuación en directo deberá ser o 100%) unicamente por correo postal á seguinte dirección:Concello de Ribadavia (Oficina Municipal de Información Xuvenil)Rúa/ Praza Maior nº132400 Ribadavia (Ourense)Para máis información sobre o concurso podedes facer as consultas pertinentes na dirección de correo electrónico araujomontero@hotmail.com ou consultar as webs do Festival: http://www.festivalarteficial.org/ http://www.myspace.com/festivalarteficial_org
6. Xunto ao CD débese cumprimentar a ficha de inscrición coa información sobre o grupo: nome, compoñentes, teléfono de contacto, dirección de correo electrónico,...
7. Os traballos poderanse presentar a partires do 15 de Novembro e ata o 15 de Xaneiro, como data límite.
8. Un xurado encargarase de seleccionar de entre tódalas propostas recibidas os grupos que participarán no concurso.
9. A selección das bandas premiadas comunicarase por teléfono e vía e-mail.
10. As noites de actuación serán como mínimo dúas e o lugar onde se desenvolverán será na Sala do Club Artístico de Ribadavia. Os días e as horas comunicaranse unha vez feita a preselección das maquetas. Cada día tocarán 4 grupos, como mínimo, dos cales se seleccionarán os gañadores. A actuación de cada grupo non durará máis de 45 minutos, aproximadamente.
11. Os grupos deberán levar os seus instrumentos e amplificadores. A organización encargarase de achegar o equipo de son adecuado ao recinto.

Equipo dispoñible:

* 3 Micros Sm 58.
* 3 Micros Sm 57.
* Micro AKG para bombo.
* 2 Monitores Behringer de 350w c/ud.
* 2 Monitores Laney de 150w c/ud.
* Cableado Canon.
* 6 pes de Micro máis un específico para batería.
* Caixa de inxección.
* 2 Makies SR 1522z 500w c/unidad.
* Mesa Yamaha (12 entradas a Jack e 6 a canon).
o Mesa Beringher para monitores (12 entradas a Jack e 6 a canon).
o Posibilidade de equipo complementario se a organización o considera oportuno.



12. Durante o concurso, o formato de selección dos gañadores realizarase de tres xeitos diferentes: mediante o voto popular do público asistente, por medio do criterio do xurado e, por último, segundo as preferencias dos membros da Asociación Arteficial.. O xurado concretarase no mes de xaneiro na páxina web do festival e estará formado por un músico, un produtor e un crítico.



13. Polo tanto, os premios serán os seguintes:



- Premio do Público

- Premio do Xurado

- Premio Arteficial



Todos eles consistirán na contratación para tocar na quinta edición do festival “Arteficial” con data de 19 e 20 de Agosto de 2011, onde se inclúen os gastos de aloxamento, dietas e o pagamento de ata 250€. A organización engadirá algún outro premio se o cree conveniente e, en caso de que algún destes premios coincida, a Asociación Arteficial terá a potestade de actuar no modo que crea máis oportuno.



14. A organización non asume ningunha responsabilidade polos danos ou desperfectos que poidan xurdir.

15. A participación dos grupos dentro do concurso, supón a aceptación destas bases, a decisión das bandas premiadas e de todas as resolucións que a organización teña que tomar por causas alleas dentro da súa competencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario