mércores, 3 de novembro de 2010

Bolsas para estudantes da Universidade de A Coruña

A Universidade da Coruña fai pública a convocatoria de bolsas de colaboración para formación complementaria do estudantado da Universidade da Coruña.

Obxecto da axuda
O obxecto desta convocatoria é a adxudicación de 4 bolsas de colaboración que permitan a formación teórica e práctica do estudantado matriculado nun centro propio da Universidade da Coruña en estudos conducentes á obtención dun título oficial, mediante a realización de actividades de colaboración en diferentes áreas de interese formativo, como son, as áreas de cultura e comunicación, calidade e novas tecnoloxías, infraestrutura e xestión medioambiental,

A dotación total das bolsas será de dez mil oitenta euros (10080 €), a razón de 360 euros mensuais cada unha delas:
- 2 Bolsas de formación na área de cultura e comunicación
-1 Bolsa de formación na área de calidade e novas tecnoloxías
-1 Bolsa de formación na área de infraestrutura e xestión medioambiental

Requisitos xerais básicos
Todas as persoas solicitantes dunha bolsa deberán cumprir os seguintes requisitos:
1. Estar matriculado en estudos oficiais na Universidade da Coruña.

Non exceder de 28 anos de idade durante o período de aproveitamento da bolsa.

Non percibir ningunha axuda económica incompatible. Tampouco poderá realizarse ningunha actividade retribuída que supoña a obtención de ganancias superiores no seu importe ao trinta por cento do Salario Mínimo Interprofesional.

Existir conexión entre a actividade obxecto da bolsa e o perfil académico de quen presenta a solicitude. Alén dos requisitos anteditos, a persoa solicitante dunha bolsa, deberá cumprir en cada caso os requisitos específicos que figuran nos anexos 1, 2 e 3, correspondentes ás distintas áreas de formación, se os houber.

Non ter sido beneficiario dunha bolsa de colaboración por un período superior a 12 meses.

Non se poderán aproveitar da mesma bolsa aquelas persoas que xa a aproveitaran en cursos anteriores.

no obstante, se a bolsa foi inferior a 12 meses, sempre que se cumpra o suposto de rotación (véxase núm. 6) poderase optar a calquera outra bolsa ata cumprir os 12 meses. Chegado ese límite a bolsa será adxudicada automaticamente á persoa seguinte na listaxe de agarda. Esta circunstancia será comunicada á Vicerreitoría de Estudantes e Relacións Internacionais polo/a titor/a da persoa bolseira.

Contía e período
O importe bruto da axuda será de 360€ mensuais, ao cal se lle aplicará, de ser o caso, as retencións correspondentes.

A duración destas bolsas será de 7 meses comprendidos entre o día 1 de decembro de 2010 e o 30 de xuño de 2011, cunha dedicación de 10 horas semanais, sen que o tempo de dedicación diaria poida exceder de catro horas. O horario concertarse co/a titor/a tendo en conta a ocupación lectiva da persoa adxudicataria.
A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado pola persoa interesada, en que se compromete a cumprir todas as condicións recollidas nesta convocatoria.

Prazo e lugar de presentación das solicitudes
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Rúa Maestranza, 9, 15001 A Coruña) ou nos Rexistros Auxiliares da Coruña (Casa do Lagar, Campus de Elviña, 15192 A Coruña) ou de Ferrol (Rúa Vázquez Cabrera, s/n, Campus de Esteiro, 15403 Ferrol), antes das 14:00 h. do día 4 de novembro de 2010
Información: www.udc.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario