martes, 29 de maio de 2012

O colectivo Boiroverde organiza una actividade de limpeza de praias o venres 1 de xuño

Moitos son os ámbitos onde se está a producir un grave problema de deterioro medioambiental. Así pois, non é de estrañar que xurdan iniciativas que, sen pretender ser a solución ao problema, xa que nin é a súa función nin dispoñen dos medios necesarios; si sirvan para concienciar á poboación da fraxilidade do medio ambiente en que vivimos, sometido a constantes agresións humanas; e no que temos todo o dereito a levar a cabo accións dirixidas a protexer a natureza. Esta é a razón pola que o colectivo de sensibilización ambiental que nace no Concello de Boiro, Boiroverde, organiza unha actividade de limpeza de praias este venres día 1 de xuño.

Os interesados/as en participar poden acudir á Praia Xardín (enfrente do bar Riazor) as 16:00h.

Unha vez realizada a recollida de residuos da praias, clasificarase o lixo recollido e analizarase. 
Na actividade participarán ademais dos integrantes do colectivo Boiroverde e alumnos dos centros de ensino de Boiro, profesionais adicados ao análise da fauna marina, que falarán do impacto que teñen os residuos nas especies e fondos mariños na actualidade.

Para mais información podedes contactar a través do correo electrónico: boiroverde2012@gmail.com, no Facebook, no Tuenti ou no Twitter (@boiroverde) 


ou acudir ao  Centro Social de Boiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario