martes, 3 de febreiro de 2015

Obradoiro de improvisación con actores e directores en Carballo

Obradoiro dunha semana de duración no que, a partir de técnicas de improvisación e de traballo con texto, os directores poidan experimentar o traballo directo cos actores e romper esa barreira que, con tanta frecuencia, se establece entre estes dous mundos.
Traballar cos actores, participar do seu xogo, sentir o outro lado, entender cales son as claves nas que se manexan os actores e así poder abrir unha comunicación creativa entre director e actor.
Impartido por Jorge Coira

Duración: 20 horas
Nº de prazas: 12 directores y 6 actores
Data: 2-6 Marzo
Horario: 16-20 horas


PROGRAMA
Introdución ao mundo actoral (a esencia do actor).
Traballo con técnicas de improvisación.
Introdución no traballo con texto.
Posta en pe de escenas escritas.

Máis información neste enlace

Ningún comentario:

Publicar un comentario