venres, 13 de marzo de 2015

Programas Europeos

Onte estivemos nunha xornada moi productiva no Ies Espiñeira, onde aprendimos un montón dos programas dos que podes desfrutar se tes entre 16 e 30 anos..Quérelo saber?

GARANTÍA XUVENIL
Programa de empleo xuvenil
de 16 a 20 anos
Programa de orientación en formación,  para o emprendemento, e para o emprego
a partir do 20 de marzo haberá no INEM orientadores do programa de garantía xuvenil que te axudarán.
Para inscribirse teste que anotar na páxina www.xuventude.net/garantía xuvenil

DESEÑANDO O TEU FUTURO
de 15 a 18 anos
Estadías prácticas en empresas para coñecer o mundo laboral antes de emprender uns estudios, para coñecer a realidade laboral dunha posible profesión a que queres adicarte

XUVENTUDE PROMETE
de 14 a 18 anos
Estadía nun albergue para fomentar ideas innovadoras

CAMPAÑA DE VERÁN
de 9 a 30 anos
Vacacións en albergues en Galicia e fóra dela

INICIATIVA XOVEN
de 18 a 30 anos
Axudas para que os mozos poidan realizar proxectos para asociacións, entidades legalmente constituídas e grupos informais de mozos/as(de 5 a 8 persoas)

GALEUROPA
de 18 a 30 anos
Programa para realizar prácticas formativas no estranxeiro para mozos/as con formación profesional ou licenciados/as

SVE
de 18 a 30 anos
Programa de mobilidade xuvenil na EU en estadías de 2  a 18 meses

IDA
prácticas formativas en empresas en Alemania
xestiona asociación PAIDEIA

Ningún comentario:

Publicar un comentario