No Día Internacional da Poesía queremos lembrar á meirande intelectual española do século XX, a filósofa María Zambrano.
Co concepto da “razón poética”, Zambrano acuñou unha liña de pensamento
que buscaba transcender os estreitos límites do racionalismo para
abrirse ao enigmático, misterioso e sagrado da condición humana. Ao
longo dunha vida nómade, de exilio e compromiso, entre Europa e América,
trabou fonda amizade con algún dos nosos escritores máis sinalados,
como José Ángel Valente ou Rafael Dieste. En 1981 recibiu o Premio
Príncipe de Asturias en Comunicación e Humanidades (primeira edición) e
en 1988 o Premio Cervantes (primeira muller á que lle foi concedido).
12:00 | Relatorio: Ana Bundgaard. Hispanista e catedrática da Universidade de Aarhus (Dinamarca), é unha das maiores autoridades mundiais na vida e obra de María Zambrano, a quen lle dedicou dous libros: “Más allá de la filosofía. Sobre el pensamiento filosófico místico de María Zambrano” (Trotta, 2000) e “Un compromiso apasionado. María Zambrano: una intelectual al servicio del pueblo (1928-1939)” (Trotta, 2009).
13:00 | Concerto: Samuel Diz. Intérprete de guitarra clásica e director artístico do festival “Música no Claustro” da Catedral de Tui. Como concertista actuou en diferentes países de Europa, América e África e ten recibido o Premio Andrés Segovia – J.M. Ruíz Morales e o Premio da Crítica no Palau da Música Catalana. Desde hai anos realiza un intenso labor de investigación para a recuperación do patrimonio musical galego e da Xeración do 27.

Ningún comentario:
Publicar un comentario