martes, 31 de marzo de 2015

Moi recomendable..intercambio xuvenil en Japón!

No marco do programa “A Xuventude no mundo”, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar convoca un intercambio á Prefectura de Wakayama (Xapón), ao abeiro das relacións bilaterais entre a Xunta de Galicia e a Prefectura de Wakayama.

Obxectivos:  facilitar o coñecemento doutras realidades sociocultural e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural e  favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal.
A cultura galega e a cultura xaponesa son dúas culturas moi distintas pero unidas por un vínculo: existen soamente dous camiños no mundo recoñecidos pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade: o Camiño de Santiago e o Camiño Kumano Kodo.
Datas de realización do intercambio:  do 17 ao 24 de agosto de 2015
Prazas: 15 ( acompañados/as dun monitor)
Destinatarios:  mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de celebrarse o intercambio.

Prazo de inscricióndo 30 de marzo ao 5 de abril de 2015.

Inscrición:  mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por participante.
Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da solicitude
Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para o intercambio. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos tres días seguintes, entenderase que non obtivo praza para o intercambio.
Confirmada a praza, nos 5 días (naturais) seguintes os/as seleccionadas deberán remitir a mobilidadexuvenil@xunta.es :
- unha copia do billete de transporte adquirido para desprazarse ata a cidade do país do intercambio. Non é documento válido a reserva de voo
- unha copia do seguro de viaxe, de accidentes e  de enfermidade
A non remisión destes documentos no prazo establecido supón a perda da praza no intercambio.
De darse baixas despois de ter sido adxudicadas as prazas, ofertaránselle  aos seguintes da lista de espera, tendo que presentar estes o billete e a documentación nos 4 días (naturais) seguintes da comunicación.
De ser o caso de que o billete de transporte adquirido fose anulado posteriormente a súa remisión á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a praza para o intercambio será anulada e considerada non adxudicada.
Recibidos correctamente as copias dos documentos requiridos, posteriormente aos seleccionados seralles facilitado o nome do coordinador que acompañará ao grupo, así como o lugar de encontro no lugar de celebración do intercambio
Realizaranse o intercambio se existe un mínimo da metade das prazas convocadas para cada intercambio.
Cobertura do intercambio
- Aloxamento  en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple
- Trasporte no ámbito do intercambio
- Actividades organizadas pola entidade de acollida
- 3 días de estancia con familias xaponesas
Será a cargo do/a participante:
- Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio
- Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e  de enfermidade

Estancias con familias xaponesas.- Os/as participantes neste intercambio adquiren o compromiso de acoller no seu domicilio particular en Galicia durante 3 días a 2 mozos ou mozas xaponeses/as, cando se realice o intercambio de acollida en Galicia durante o 2015.
Recomendación de aeroporto máis preto para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio:
Wakayama (Xapón):- Aeroporto de Kansai

Máis información:
subactividades-xuventude.ctb@xunta.es
981 544645 /981 544869

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario