martes, 6 de novembro de 2018

Xornada de cultura tradicional

Destinatarios/as: mozos e mozas  galegos e portugueses con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, ambas inclusive.
Prazas: 20 prazas
Datas: 24 e 25 de novembro de 2018
Lugar de realización: 
Eurocidade Chaves-Verín
Avda. Portugal, Feces de Abaixo
32699 Verín – Ourense
Programa provisional
Sábado, 24 de novembro
10:00 h Recepción e apertura
10:30 h Panel: Tradición e pedagoxía: unha visión global. Imparte: Alexandre Sotelino Losada (profesor na USC)
11:15 h Pausa café
11:30 h Obradoiro de dinámicas relacionais. Imparte: Sandra González Sousa (Asociación cultural Rebulir).
12:30 h Obradoiro: “O xogo tradicional: trazando vínculos interxeneracionais”. Imparte: Centro de Cultura popular Xaquín Lorenzo.
14:30 h Xantar
17:00 h Obradoiro: “As regueifas: improvisación oral”. Imparte: Asociación oral Galicia
20:00 h Sesión de risoterapia musical. Imparte: Xurxemurxe
21:30 h Cea
22:30 h: demostración de regueifas
Domingo, 25 de novembro
10:00 h A cociña musical: desenvolver a creatividade co cotián. Imparte: Cristina Valle (profesora de baile e música tradicional)
11:30 h Pausa café
12:00 h Os instrumentos pobres: recursos para a educación musical. Imparte: Xavier Blanco (profesor e dinamizador)
14:30 h Xantar
16:30 h Traballar a psicomotrocidade dende o baile: os xogos bailados. Imparte: Luis Prego (profesor de baile e música tradicional)
19:00 h Conclusións e clausura
Inscrición: mediante formulario electrónico
Prazo de inscrición: do 2 ao 16 de novembro de 2018.
Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas . 
Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza.
Recibido o correo electrónico de selección, deberá remitir a ese mesmo correo unha copia do Documento Nacional de Identidade.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos  tres días seguintes, entenderase que non obtivo praza 
Pérdida da dereita á praza:
A non remisión da copia do Documento Nacional de Identidade no prazo dos dous días seguintes á recepción do correo electrónico de confirmación da praza.
Cobertura:
Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple*
Transporte no ámbito da actividade.
Será por conta da persoa participante: O desprazamento dende o seu domicilio ata as dependencias da Eurocidade Chaves-Verín.

Proxecto Eurocidade_2020
O proxecto Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sostible. Conta cun orzamento de 1.775.405,15 euros cunha cofinanciación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).
Socios do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa;Instituto Portugués do Desporto e da Juventud (IPDJ); Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.
Mais información: subactividades-xuventude.ctb@xunta.gal

Ningún comentario:

Publicar un comentario