xoves, 8 de novembro de 2018

Prácticas formativas en empresas de Portugal (Porto)

Os sectores nos que poderán desenvolver as súas prácticas serán:
- Moda
- Novas tecnoloxías: app’s, informática, internet das cousas
- Audiovisual
- Servizos á xuventude
- Atención á diversidade

COBERTURA
- Empresa adaptada ao perfil da persoa solicitante e segundo os criterios solicitados polas empresas colaboradoras no proxecto, no caso de que o/a mozo/a non conte con empresa na area metropolitana de O Porto.
- Actividades complementarias.
- Aloxamento e manutención.
- Transporte de ida e volta dende Santiago de Compostela ata a area metropolitana de O Porto.
- Transporte local.
- Titorización e seguimento individualizado.
- Seguro de accidentes e responsabilidade civil
- Diploma acreditativo da práctica realizada.
* Será por conta da persoa seleccionada o desprazamento dende o seu domicilio ata Santiago de Compostela.
PRAZO DE INSCRICIÓN: do 7 ao  20 de novembro de 2018.
INSCRICIÓN: mediante envío de formulario electrónico.
MÁIS INFORMACIÓN:  subactividades-xuventude.ctb@xunta.gal

Ningún comentario:

Publicar un comentario