domingo, 17 de outubro de 2010

Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior

Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior.

A matrícula, desprazamento, aloxamento e manutención dos participantes é gratuíta. Descarga aquí o Formulario de inscrición no Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior, a celebrar polo Centro Galego Nürnberg do 5 ao 7 de novembro de 2010.

  • Orde convocatoria: Resolución do 11 de xaneiro de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a realización de proxectos promovidos pola xuventude no exercicio 2010. (DOG 15 de xaneiro de 2010).
  • Denominación: Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior
  • FINANCIAMENTO: o Centro Galego de Nürnberg asume os gastos de desprazamento, aloxamento e manuteción dos participantes procedentes de toda Europa.
  • Lugar de celebración: Nürnberg.
  • Datas de celebración: 5, 6 e 7 de novembro de 2010
  • Data límite de inscrición: 21 de outubro de 2010
mais info...http://galiciaaberta.com/

OMIXBoiro: Bolsas formativas para a xuventude

OMIXBoiro: Bolsas formativas para a xuventude: "<..."

xoves, 14 de outubro de 2010

Bolsas formativas para a xuventude

BOLSAS AIRBUS (07-10-10)

Bolsa publicada en: www.funep.es

Entidade convocante: Fundación Sepi – Airbus

Localidade: España

Descrición: Convocatoria de bolsas correspondentes ao programa Airbus Operations do ano 2010 para titulados universitarios

Inscrición e prazo: Ata o 15 decembro

BOLSAS ROBERT SCHUMANN (07-10-10)

Bolsa publicada en: www.europarl.europa. eu/parliament

Entidade convocante: Parlamento Europeo

Localidade: Europa

Descrición: Períodos de prácticas remuneradas reservados a titulados de universidades ou centros de nivel equivalente. Existen 2 tipos: opción xeral e opción xornalismo. A duración das prácticas remuneradas é de cinco meses

Inscrición e prazo: Ata o 15 outubro

BOLSAS PARA TRADUCTORES (07-10-10)

Bolsa publicada en: www.europarl.europa. eu/parliament

Entidade convocante: Parlamento Europeo

Localidade: Europa

Descrición: Períodos de prácticas remunerados para tradutores reservadas a titulados universitarios ou de centros asimilados. A duración das prácticas é de tres meses, prorrogables excepcionalmente por un máximo de tres meses

Inscrición e prazo: Distintas datas de inscrición en función do período de inicio de prácticas que se solicite

BOLSAS DE COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL (09-10-10)

Bolsa publicada en: BOE nº 245 (páx. 85781)

Entidade convocante: Cortes Xerais

Localidade: Madrid

Descrición: O Congreso dos Deputados convoca 4 bolsas individuais para realizar traballos ou estudos sobre comunicación institucional relacionados coa actividade parlamentaria que encomende o Departamento de Prensa da Cámara

Inscrición e prazo: 10 días hábiles, contados a partires do seguinte ao da publicación no BOE

BOLSAS INSTITUTO CERVANTES (08-10-10)

Bolsa publicada en: BOE nº 244 (páx. 85255)

Entidade convocante: Instituto Cervantes

Localidade: España

Descrición: Bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de 13 bolsas individuais de formación e especialización, así como para constituir unha lista de reserva a fin de garantizar a provisión das bolsas ofertadas en caso de vacantes. Duración: 12 meses naturais. Relación de bolsas por áreas: 1 para patrocinio e xestión comercial, 1 para cultura, 1 para administración, 2 para planificación e control de xestión, 1 para RRHH, 1 para gabinete de dirección, 6 para o Centro Virtual Cervantes e sistemas de información

Inscrición e prazo: 10 días naturais, a prtires do día seguinte ao da publicación no BOE

OMIXBoiro: I Feira do Emprego

OMIXBoiro: I Feira do Emprego: "A vindeira fin de semana celebrarase en Santiago de Compostela a I feira do emprego, esta feira incluirá diversas actividades prácticas de b..."

luns, 4 de outubro de 2010

I Feira do Emprego

A vindeira fin de semana celebrarase en Santiago de Compostela a I feira do emprego, esta feira incluirá diversas actividades prácticas de búsqueda de emprego e conferencias de diversos ponentes relacionados ca búsqueda activa de emprego e o autoemprego.

Para máis información podedes consultar a web da feira de emprego: http://feiradoempregosantiago.org

Cando?

Os días 7 e 8 de outubro de 2010.

En qué horario?

O xoves 7 de 9.00 a 20.00 horas e o venres 8 de 9.00 a 15.00 horas.

Onde?

Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa (CERSIA)

OMIXBoiro: traballar fóra de España

OMIXBoiro: traballar fóra de España: "Traballo fóra de España, 2 Ofertas EURES que poden resultar de interese: 1. Profes@ r de linguas estranxeiras (español, francés ou alemá..."

xoves, 30 de setembro de 2010

traballar fóra de España

Traballo fóra de España, 2 Ofertas EURES que poden resultar de interese:

1. Profes@ r de linguas estranxeiras (español, francés ou alemán) para Reino Unido:

* Contrato temporal, xornada completa.
* O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de outubro de 2010.


1. Traduct@ r inglés-español para Holanda:

* Contrato temporal, xornada completa.
* O prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de outubro de 2010.

para mais información http://updbarbanzanoia.wordpress.com/