venres, 9 de novembro de 2012

Campaña Comparte o teu coche



Boiroverde e o departamento de medio ambiente de Boiro promoven unha nova campaña de sensibilización ambiental

A situación económica actual  e o aumento da sensibilización polo coidado do medio ambiente provocaron no ultimo ano o xurdimento de iniciativas novidosas sobre cambios nos hábitos de consumo e uso dos recursos, feito que tamen afecta a forma de viaxar, nesta ocasión o colectivo de rapaces que forman o proxecto de sensibilización ambiental Boiroverde, propoñen unha iniciativa local para compartir medios de transporte nos desprazamentos. Esta iniciativa está apoiada polo departamento de medio ambiente do Concello de Boiro.

Con esta iniciativa pretenden ademais de crear unha rede de conexión entre persoas que deban desprazarse e dispoñan de horarios similares (estudiantes, traballadores..),  concenciar a cidadanía dos beneficios de compartir coche no Medio ambiente, ca reducción da  emisión de gases nocivos para o entorno e a reducción da contaminación acústica, na  Economía a través de compartir gastos no consumo de combustible e por ultimo no Tráfico e aparcamento ca reducción das conxestións do tráfico e evitando o problema de aparcamento.

Como funcionará esta iniciativa?
Para formar parte de este proxecto debes inscribirte na OMIX do Concello de Boiro, onde deberás cubrir unha ficha de inscrición indicando as tuas necesidades de destino(Boiro-Ribeira-A Coruña-Santiago) e horario, ademais poderás escoller entre inscribirte como pasaxeiro ou conductor do vehículo, posteriormente te pondrán en contacto cas persoas que compartan as túas necesidades á hora de desprazarte.

Para mais información  sobre esta campaña podes acudir ao Centro Social de Boiro(1º andar) ou contactar mediante teléfono(981842635) ou correo electrónico(omix@boiro.org)

Programacion cultural fin de semana

Este fin de semana; Teatro, música e algo mais


TEATRO
A folla máis alta
Venres 9 novembro
20h. Casa da Cultura de Boiro

MUSICA
The lakazans
Venres 9 novembro
23.30h Guilligans(Boiro)

Jazz con Marcos Pin, Iago Fernández e Paco Charlín
Venres 9 novembro
23:00h Pousada das Ánimas(Boiro)

Entrelíneas
Venres 9 novembro
23:00h Pub Manhatan(Rianxo)

Os Perucos
Sabado 10 novembro
23.30h Curral do Marqués(Taragoña)

Ruxe Ruxe 
 Sabado 10 novembro
22.00h Sala Aquarium(Xuño-Porto do Son)

E ALGO MAIS
Charla e Recollida de setas
Sabado 10 novembro
10.00 Centro de Interpretación Castro de Baroña 

Exposición de fotografía Ollaparo
20.00h Centro Social de Cabo de Cruz

xoves, 8 de novembro de 2012

Formación no Centro Social de Boiro

CURSO DE CREACIÓN DE BLOGS
Data e horario:
Do 10 ao 14 de decembro de 11 a 13h

Lugar:
Centro Social de Boiro. Aula Cemit
omix@boiro.org – 981842635
Inscrición e información:
CURSO DE BREAKDANCE E BAILE MODERNO
Dende o mes de novembro no Centro Social impartiránse obradoiros de Breakdance e de baile moderno.

Destinatarios: calquer persoa a partir de 12 anos
BREAKDANCE: MÉRCORES, DE 18:00 A 19:00 h
BAILE MODERNO: MÉRCORES, DE 19:30 A 20:30h

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓNS:
CENTROSOCIAL BOIRO: omix@boiro.org – 981842635
TREBELLO: info@trebello.com -- 679208853O  

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA: FOTO-NOITE
Obradoiro teórico-práctivo de fotografía nocturna pensado para resolver situacións de pouca luz. Luns de
20 a 21´30 h. Comezo o 12 de novembro MÁIS INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓNS: CENTROSOCIAL BOIRO: centrosocial@boiro.org – 981842635 ou m.casanova@telefonica.net
Curso de lightroom e procesado fotográfico

Obxectivo:
Dar formación en técnicas de lightroom e procesado de fotografías dixitais

Data e horario:
24 de novembro e 1 de decembro de 16:00h a 21:00h

Lugar:
Centro Social de Boiro

Inscrición e información:
881862429
  CURSO DE CREACIÓN DE COMPLEMENTOS E VESTIMENTA CREATIVA:2ª EDICIÓN
Despois do éxito da primeira edición, reedítase un novo curso de creación de complementos e vestimenta creativa.
Trátase dun obradoiro creativo de customización, rediseño e transformación de roupa.
No obradoiro tamén se realizarán broches e complementos de moda empregando diferentes técnicas e materiais: 
camafeos, lazos, feltro, pintura en tela, tachas, bordados.... e o que a imaxinación e as mans permitan! 
Neste enlace podedes ver algun dos traballos que se realizaron na primeira edición: 
http://agatamoscovita.blogspot.com.es/2012/11/curso-de-creacion-de-complementos-e.html
 
O horario é: luns de 20 a 22h
Datas: 19 e 26 de novembro e 3, 10, 17 e 24 de novembro.
Lugar: Centro Social de Boiro
Inscricións: Centro Social Boiro(OMIX)ou 
      agatamoscovita@gmail.com

mércores, 7 de novembro de 2012

Bolsas para aprender alemán

O Servizo Alemán de Intercambio Académico (DAAD), organización promotora do intercambio internacional de estudantes e científicos, convoca estas bolsas.
Teñen como obxectivo promover a asistencia a cursos intensivos de alemán ofrecidos por un instituto especializado na República Federal de Alemania.
Trátase dunha bolsa parcial de 1.300 euros e unha cantidade fixa de 1.000 euros para os dereitos do curso
. Por regra xeral, o aloxamento pódese contratar a través do organizador do curso.
Cunha duración de dous meses, poden ser gozadas no período comprendido entre xuño e decembro. As bolsas son improrrogables.

Poden solicitar estas bolsas estudantes de todas as facultades (con excepción de filoloxía alemá, alemán como lingua estranxeira e tradución e interpretación con alemán), que ao comezo da bolsa cursasen polo menos dous anos de estudos superiores, así como titulados que estean a traballar no ámbito universitario e doutorandos.
O prazo máximo de presentación de solicitudes no Centro de Información do DAAD en Madrid é o día 01.12.2012.

Información
Tel./Fax: (+34) 91 702 49 20
Email:info@daad.es
Web: www.daad.es

Ofertas de emprego

http://arousanortemprego.wordpress.com/2012/11/07/as-ofertas-de-emprego-do-mercores/ ou http://ow.ly/f5H2D

Exposición de fotografía

Este venres 9 de novembro as 20:00h, a asociación fotográfica Olláparo inaugura unha exposición no Centro Social de Cabo de Cruz, onde se amosa unha mostra dun diálogo de similitudes e diferenzas; relacionanse imaxes de duas series fotográficas con escenas de festas e situacións cotiáns en Boiro e Barbanza: Unha formada por fotos antigas en blanco e negro  con  máis de 50 anos (ONTE) e  outra actual, inspirada na primeira e realizada nos últimos cinco anos (HOXE) por fotógrafos do colectivo Olláparo.

Arranca a Comunidade Linguas Vivas


 
No Centro Social de Boiro este luns dia 19 comezamos ca comunidade linguas vivas, esta actividade está destinada para todos/as os/as que están a aprender unha lingua estranxeira e queren practicar con outras persoas que están na mesma situación ou aquelas persoas que desexen practicar a expresión oral en diferentes idiomas dun modo libre e informal.

 A actividade conta ca colaboración de persoas nativas en  inglés e francés, quenes se encargarán de dirixir a conversa en grupos reducidos. A lingua vehicular da actividade, ao igual que en todos os programas da aula de linguas vivas, é o galego.

 É un encontro libre e gratuíto entre xente cun interese común: practicar unha lingua estranxeira e que conta ca colaboración desinteresada de persoas nativas que residen na comarca.
 
A actividade desenvolverase dous luns ao mes en horario de 20h a 21h na cafetería do Centro Social, lugar onde haberá unhas mesas reservadas para esta actividade.

As persoas interesadas en participar deben enviar  un mail a omix@boiro.org ou chamar ao teléfono 981842635, indicando datos persoais, o idioma no que están interesados e  o nivel que posúen no idioma co fin de que os grupos sexan o mais homoxeneos posibles.